Recomendación das boas que non deberiades deixar pasar, ademáis de que tedes case catro meses para pasarvos... unha exposición no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo de Compostela) con portadas da música pop censuradas durante o franquismo: "Vibracións Prohibidas".
Só co exemplo de Birkin & Gainsbourg co que no-lo ilustran na web xa é máis que sinxelo de comprender non?
Só co exemplo de Birkin & Gainsbourg co que no-lo ilustran na web xa é máis que sinxelo de comprender non?
Vibracións Prohibidas - CGAC, do 16 de novembro ó 10 de marzo.
Igual que o cine ou a prensa, a música pop e a rock tampouco non deron escapado da acción da censura. Pero, a diferenza destes, a represión intensificouse xusto cando a ditadura estaba a iniciar unha tímida apertura. O franquismo foi consciente do papel que a música xogara nas revoltas internacionais dos sesenta e tentou limitar o seu alcance nunha España cada vez máis desenvolvida e cosmopolita. A censura obrigou a producir novas portadas —convertidas hoxe en prezadas pezas de coleccionista— para refacer as máis escandalosas ou eliminar referencias incómodas nos textos das cancións. Vibracións prohibidas revisa os mecanismos de control aplicados durante a ditadura e a súa incidencia no mundo do pop e do rock, a través das portadas de discos da época e dos partes dos censores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario