lunes, 29 de julio de 2013

5ª FESTA DO BIGOTE: as bases do concurso

Bigotudos!!! frikis!! aspirantes a Super R!!! RifRocKerZ todos!!! 
e os que non teñades nada que facer o seguinte luns... 

Xa só queda unha semana. Este 4 de agosto, Domingo do Albariño, o RIF-ROCK e Cambados(tk) convócanvos a unha nova celebración da solemne
5ª FESTA DO BIGOTE 

Que comece o Albariño de barbudos!!!


E aquí están as bases do concurso para a 5ª Festa do Bigote:

A Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do domingo que clausuran as festas do Albariño (4 de agosto, ou sexa que para os tikismiquis, como é despois da medianoite pois na madrugada do dia 5). 

Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non, o que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade, a organización non se fai responsable dos accesorios que outros asistentes lle poñan na cara.

Este ano teremos novamente tres categorías a concurso: 
o Mostacho Absoluto, o Bigote Falso e mellor disfraz.

Categoría do MOSTACHO ABSOLUTO (campión dos mostachos): 
- todo pelo natural na cara do suxeito participante.
- valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.
- lembrade que se trata de bigotes, nin perillas nin barbas, Bigotes!!

Categoría de BIGOTE FALSO:
- inclúense nesta categoria os mostachos falsos: pintados ou postizos, de calquer tipo.
- coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.

Categoría de Mellor DISFRAZ:
- roupa, maquillaxe, interpretación... calqueira cousa pode suxestionar ó xurado.

A entrega de premios se celebrará aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa durará un par de horas máis) tra-la deliberación do XURADO, que estará formado polos responsables do Rif-Rock e Cambados(TK). 

Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación (e un pouco antes, para que os poidamos ver) así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.

* E por suposto: a organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou rectificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza algún tipo de circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.

** Para reclamacións, denuncias de complot e demáis percances, mellor que o traides todo de casa por escrito con antelación, que igual o día seguinte xa non nos lembramos...

***o xurado non admitirá sobornos en sobres pechados, por favor, os cartos á vista!!!

Se hai máis novas seguiremos informando neste blog dos RifRocKerZ ou no noso facebook.

No hay comentarios: