miércoles, 31 de julio de 2013

The Deviants "Ptooff!"

Mick Farren deixounos esta fin de semana ós 70 anos. Periodista, escritor e revolucionario artístico imprescindible para comprender todo o que veu despois. Farto de ver como a industria fagocitaba tódo-los movimentos culturais, decidiu crear The Deviants como azote contracultural a todo o establishment da época. Pero a súa revolución non foi só conceptual, senón tamén sonora, deso que despois se chamou proto-punk.

O seu debut foi "Ptooff!", moito máis que un disco. Foi o primeiro do seu estilo, unha peza de arte en forma de álbum, un manifesto sonoro de 35 minutos. Un puñetazo na cara do movimento hippie, a primeira gran obra da contracultura, disparando a toda orde establecida na onda de The Fugs, pero coa experimentación psychodelica convertida en punk. Continúan os postulados dos Mothers of the Invention de Zappa pero adiantando a actitude dos Stooges. Garage-psych-avanggarde, algo case inclasificable na súa época. Ademáis foi unha edición moi cara de tirada corta que sen embargo arrasou entre o underground londinense. "Ptooff!" son 8 temas de furia que non deixan títere con cabeza, cun par de pausas reflexivas, calmadas e melódicas aínda que con pasaxes pretendidamente desquiciantes. Pero ahí están 'I'm Coming Home', 'Garbage' ou 'Deviation Street' que mudaron para sempre a forma de transmiti-lo mensaxe, iso que máis tarde se convertiu en actitude. Un imprescindible.

THE DEVIANTS "Ptooff!"
(Underground Impresarios/Decca, 1967)


faite con Ptooff en DrinkingMuddyWater.



No hay comentarios: