jueves, 24 de octubre de 2013

"Coffy" de Jack Hill, 1973

Este venres adicamos no Rif-Rock a entrega mensual de música negra Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! ó filme Coffy. Coma outras moitas ocasión á música creada para as cintas de blaxploitation será o fío conductor da sesión. 



E desta vez escollimos Coffy por que en xuño se cumprían 40 anos da súa estrea, logo nos metimos nunhas cousas e outras, e finalmente se nos pasou a data, pero aquí está.

Coffy está dirixida por Jack Hill, un dos grandes mestres do cine exploitation en calqueira dos seus subxéneros, un auténtico todoterreo, que nunca será recoñecido na súa valía, precisamente pola súa adicación a filmes de baixo presuposto este. E como noutras moitas ocasións, un dos grandes filmes blaxpoitation dirixido por un blanco. 

Tras dirixir máis dunha ducia de películas de terror e acción comeza abertamente co xénero con The Big Doll House (1971) e The Bird Big Cage (1972) nas que xa contaba no reparto con Pam Grier como unha das súas protagonistas.
Un ano despois lánzase abertamente ó blaxploitation con dous títulos seguidos, escritos e dirixidos por el mesmo: Coffy de 1973 e Foxy Brown en 1974, ambas xa con Pam Grier como protagonista indiscutible, e que a convertiron definitivamente na maior estrela do xénero.

Pam Grier na escena inicial
Coffy é unha enfermeira, noiva dun destacado empresario de clubes, asesor do goberno municipal, e aspirante ó congreso. A historia arranca con Coffy facéndose pasar por unha prostituta toxicómana que se vai cun camello e o co mafioso para o que traballa á súa casa para practicar sexo a cambio de unha dose, pero realmente os asesina os dous como vinganza por que a súa irmán pequena de só 12 anos está enganchada á droga coma o resto dos seus irmáns, e decide toma-la venganza pola súa man.

Pero hai outros persoaxes importantes ós que Coffy tentará vingar: un é o policía Carter, amigo e exmozo de Coffy que comeza investigando o caso, e co que mantén conversas sobre os poucos policias honrados que quedan na cidade, unha noite é asaltado na súa casa, quedando con importantes danos cerebrais. A outra unha prostitua toxicómana á que Coffy axudou en varias ocasións no hospital, e amezada polo seu chulo. Todo o remata por conducir hacia King George, un xefe mafioso que controla a rede de drogas e protitución da cidade, e de novo Coffy se tomará a xustiza da súa man… pero mentres vai infiltrándose nas redes mafiosas descubre que case toda a policía, e incluso o seu mozo (prometedor político) están metidos no asunto… pero creo que será mellor que non vos conte máis!.

Coffy e King George

Unha peli de acción en toda regla, con tódo-los ingredentes imprescindibles e moitos máis aportados por Hill de manual blaxploitation, sexo, drogas, violencia… e un par de mensaxes transversais en toda cinta deste tipo que se preste: o orguioso sentimento de pretenza á comunidade afroamericana, e a discurso sobre o perigoso de meterse nas drogas e todo iso… todo ben dirixido para o seu público. E todo elo cun ritmo trepidante, persecucións, tiros, auténticos antros dos baixos fondos e tamén numerosas escenas en festas luxosas, sexo, apostas sobre pelexas entre mulleres desnudas… e todo coa exuberante presencia de Pam Grier no seu mellor momento. Jack Hill en estado puro.


Unha das mayores curiosidades é que a xénese desta película tamén reside nas ansias de venganza de Jack Hill, aínda que de outro modo,claro… Segundo o propio autor, esta película naceu cando se veu enganado, tiña apalabrada a dirección de Cleopatra Jones, que ía ser a aposta estrela para o xénero dende a Warner, un dos filmes míticos do xénero, pero finalmente os productores encargaron a cinta a Jack Starrett con Tamara Dobson como protagonista. Hill tomouno como algo persoal, e propúxose realizar a súa propia historia de vinganza protagonizada por unha muller para superar en éxito e recadación a Cleopatra Jones. Escibiu o guión de Coffy en un par de semanas e convenceu a Pam Grier para protagonizala. E o resultado foi que efectivamente gañou a partida. Ademáis do filme como en moitas das pezas do blaxploitation, moito tiña que ver a música como canle de reivindicación racial, e ahí tamén gañou por goleada Coffy. Jack Hill e American International apostaron polo gran vibrafonista Roy Ayers para encargarlle a banda sonora, e tamén isto foi todo un acerto. O álbum “Coffy” foi tamén un éxito rotundo e hoxe en día segue a ser considerada unha das mellores bandas sonoras de tódo-los tempos, pero a iso xa lle adicaremos outra entrada…

Coffy.
USA 1973, American International Pictures.
Dir: Jack Hill.
(ver ficha en IMDb)





No hay comentarios: