viernes, 1 de noviembre de 2013

[Revival Rif-Rock] The Even Underground, cando celebramos o 40º aniversario do Velvet Underground & Nico

Hoxe mesmo faremos no Rif-Rock o noso homenaxe a Lou Reed tra-la súa morte: Murder Mystery Session!! con Munstaphà e JRTK nas seleccións dende a cabina...
Pero como nos 15 anos que levamos co Rif-Rock deu tempo para moito, tiramos de memoria e nos puxemos a buscar outras ocasións nos que conmemoramos algunha data significativa relacionada con Lou Reed, e vaia se atopamos... ademáis unha moi boa, e xa montamos outra entrega de Revival Rif-Rock.

Temos que remontamos a marzo do 2007, un par de meses antes de que comezáramos con este blog, así que non creo que poidades atopar nada de todo isto pola rede.


Foi o 23 marzo de 2007, un venres, na semana que se cumprían 40 anos do lanzamento do primeiro álbum da Velvet Underground. Aquel "Velvet Underground & Nico" que cambiou a historia. 

Naquela época (seguimos falando do 2007 eh?) Victor Karallada e Manolo Serantes eran o dúo THE EVEN FLOW EXPERIENCE e foron durante moito tempo algo así como a banda residente do Rif-Rock, cada mes nos ofrecían un novo repertorio de covers. Menuda época!! e vaia cracks!!. Cando se achegou a data do 40 aniversario daquel álbum non dudaron en meter no seu repertorio moitos dos temas da Velvet Underground que máis lles gustaban (non só do álbum do 67) e convertíronse por un día en THE EVEN UNDERGROUND

Enriba tedes o cartel do concerto, a mágoa é que non hai videos daquela noite, aínda que si algunhas fotos, tamén deberíamos ter o recorte de xornal coa nova de aquel concerto pero agora mesmo non o atopamos, pero xa aparecerá...

O máis especial que lembro daquel concerto foi cando convidaron a cantar a Isidro Dozo (a.k.a. Incomodo) e interpreteron o tema The Gift en galego, con Isidro convertido no mesmo Lou Reed recitando toda aquela disparatada historia de máis de 10 minutos!!. 
Moitas veces lles dixen que aquela versión tiñan que gravala como se merecía, para publicala, ou para compartila cos amigos... aínda que só fose para min!! Pero ata donde eu sei, ahí se quedou aquela noite no Rif-Rock... 
Como se di nestas ocasións: estivérades ali!!

No hay comentarios: