jueves, 21 de noviembre de 2013

Shirley Ellis "The Name Game"

Imos quentando un pouco para a sesión de mañán coa nova entrega das Black Grooves!. Hoxe imos con Shirley Ellis, cantante e compositora de soul e rhythm'n'blues... tamén coñecida como The Nitty Gritty Girl, porque ese tema foi o seu primeiro gran éxito en 1963 e o alcume xa a acompañou para sempre. Sen embargo aínda tivo éxitos maiores, coma este 'The Name Game' de 1964, composta por ela mesma, con un audaz xogo de palabras que se podería alongar ata o infinito e rematou por converterse case que nun xogo tradicional. Nos últimos meses aínda tivo máis difusión coa inclusión da peza nun dos últimos capítulos da segunda tempada de American Horror Story: Asylum con Jessica Lange e tódo-los internos participando.
Diversión garantizada, e puro ritmo!!

SHIRLEY ELLIS "The Name Game"
(Congress, 1964)



No hay comentarios: