jueves, 6 de marzo de 2014

Black Lips "Underneath the Rainbow"

A próxima semana sae á rúa o esperado novo álbum dos Black Lips, "Underneath the Rainbow" é xa oa seu 7º álbum de estudio e xa o podedes atopar por bastantes sitios... Nós tiñamos bastante curiosidade por escoitalo despois do anterior "Arabian Mountain" do 2011, e aínda que xa rebaixaron moito o seu característico lo-fi de hai anos, aquí fan un intento de recuperalo no formal, pero ademáis é moito máis variado e máis enérxico que o anterior, a pesar de momentos de pasotismo absoluto moi ben calculado que aínda fortalece ó resto. 'Drive by Buddy', 'Make you Mine', 'Donner Party', 'Boys in the Wood'... a cada escoita vos quedaredes con calqueira dos 12 temas do álbum, así que temos diante todo un discazo!! 

BLACK LIPS "Underneath the Rainbow"
(Vice Recs., 2014)



No hay comentarios: