jueves, 6 de marzo de 2014

Sonic Youth + Mudhoney split 1988


O título da sesión da Kurco xa o di todo, pero para despistados, trátase dunha das caras do split compartido por Sonic Youth e Mudhoney en 1988 no que se versionaban mutuamente. Sonic Youth facía na cara A o 'Touch me I'm Sick' dos Mudhoney, e na cara B Mudhoney facía o 'Halloween' dos Sonic Youth. O split foi unha proposta dos SY tras escoitar unha maqueta dos de Seattle, e foi publicado en decembro de 1988 por Sub Pop. Sen dúbida foi un dos splits maís importantes do momento, do que tamén atoparedes reedicións inglesas de 1989 e a de Glitterhouse de 1990. [descarga 'Touch me I'm Sick' dos Sonic Youth en.ogg]


No hay comentarios: