jueves, 3 de noviembre de 2016

Crystalized Movements "Mind Disaster"

E imos cunha rareza. Crystalized Movements foi unha desas bandas que nunca tiveron o recoñecimento que se merecía, ou directamente ningún.
Formáronse nun instituto de Connecticut (USA) en 1980 entorno a Wayne Rogers e Ed Boyden, influenciados pola no wave e a psychodelia máis escura dos anos 60s. Tras varios anos grabando numerosas maquetas con versións diferentes do 'Gloria' dos Them unha e outra vez, en 1983 debutan con este "Mind Disaster", autoeditado por eles mesmos baixo o seu selo Twisted Village, cuns poucos exemplares en vinilo e outros tantos en cassette.
Son oito temas nas que desenrolan todas esas inquietudes, con moito menos no-wave do que sempre se menciona (prácticamente só presente na intro de 'Overture') e con moito revisionismo punk da psychodelia máis densa dos 60s, cheo de fuzz e ritmos garageros. Os temas breves teñen toques abertamente ramonianos como 'Hymn', e sobre todo 'Sandy Roy' e 'Orange Acid Orange'. Pero sobre todo destacan 'Communal Storybook', e as finales 'Close your Eyes' e 'Psychotical Delusions', coa mesma velocidade desenfadadas dos anteriores pero con numerosas variacións, densidade das guitarras, cambios de ritmo, tormentas eléctricas e distorsión sen control. 
Crystalized Movements continuaron publicando traballos ata comezos dos anos 90s, pero este "Mind Disaster" esgotouse rápidamente nos dous formatos. Ao ano seguinte, o selo británico Psycho Records recuperou o álbum con esta nova portada, e dende entón converteuse nunha peza de puro coleccionismo.

CRYSTALIZED MOVEMENTS "Mind Disaster"
(Twisted Village / Psycho Records, 1984)



No hay comentarios: