jueves, 17 de noviembre de 2016

The Men "Devil Music"

E agora un dos pelotazos da tampada.
Os neoiorquinos The Men levan cinco anos cun ritmo de publicacións envexable. Dende aquela sorprendente mestura de post-punk, garage, hardcore e pop que entregaron nos seus primeiros álbumes para Sacred Bone Records ("Leave Home" no 2011, e "Open Your Heart" no 2012), ata as seguintes entregas, nas que pasaron á autoedición ("New Moon" do 2013 e "Tomorrow's Hits" do 2014) e foron eliminando abrasión na súa música, traballando moito as harmonías e dando peso ás melodías de rock clásico e pop indie máis noventero que funcionaban igual de ben que os primeiros traballos. O evolución natural sería que seguisen o camiño aberto cara uns sons máis limpos e comerciais, pero sen embargo, con este quinto traballo pegan media volta e fan todo o contrario.
"Devil Music" son 10 temas de punk psychodélico, con MC5 e os Stooges como principais referentes, coa velocidade propia do xénero e cun son de directo de estudio que soa coma se os estiveses escoitando nun pequeno local. Abrasión, lo-fi, sudor e ruidismo, incluso din que as letras foron improvisadas sobre a marcha. 'Dreamer', 'Crime', 'Ridin On', 'Lion's Den' (o audio aquí)... ata 'Gun' e 'Fire' unha sucesión de brasa e máis brasa, coa única pausa do tema 'Devil Music', un breve instrumental acústico que pon orde en todo esto.
Unha rareza moi necesaria nestes tempos.

THE MEN "Devil Music"
(We are The Men Records, 2016)



No hay comentarios: