lunes, 30 de enero de 2017

The Brian Jonestown Massacre "Open Minds Now Closed EP"

O venres pasado lanzouse un novo EP dos Brian Jonestown Massacre. 
Trátase do seundo dos tres lanzamentos previos ao seu novo LP, que levará por título "Don't Get Lost" e do que xa nos están a adiantar temas, un dos primeiros en italiano con Asia Argento nas voces. 
A comezos de ano lanzouse "Groove Is In The Heart" un 10'' con dous temas, e agora chega o turno de "Open Minds Now Close EP", con tres temas en formato 12''. O propio 'Open Minds...' que volve á súa rítmica máis contundente, 'Melody's Actual Echo Chamber' unha peza máis ambiental en plan banda sonora, con caixa de ritmos, e para rematar 'Öppna Sinnen Stängs Nu', que ven sendo outra volta da primeira co título en noruego, aparentemente...
Moito material novo seguirán lanzando nestas semanas. Atentos!!

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "Open Minds Now Close EP"
(A Records, 2017)



No hay comentarios: