martes, 31 de enero de 2017

The Brian Jonestown Massacre "Peel Sessions"

Seguimos con The Brian Jonestown Massacre, pero agora imos bastantes anos atrás, para a nosa sección de Grabacións Perdidas.
Pola rede atoparedes con falicidade unha referencia da banda co título "Peel Sessions 1998", lanzada dixitalmente e datado en 1998. Nalgunha web incluso o presentan coma un directo titulado "Stillborn, The Peel Sessions", pero nada de nada. Evidentemente é moi dificil que se trate de un álbum dixital de hai case 20 anos. E por suposto, non o é. 

Trátase dun bootleg lanzado aproximadamente no 2011, e que efectivamente contén catro temas dunha sesión con John Peel na BBC do 25 de outubro de 1998, aquí tedes a info na web da BBC. Os temas son 'Jennifer', 'Who', 'Hide & Seek' e 'Feel It'. Este último é a verdadeira xoia da sesión, que non aparecería en versión de estudio ata o 2010, cando a incluíron no álbum "Who Killed Sgt. Pepper?" (A Records, 2010), co título 'Feel It (Of Course We Fucking Do)', máis orientada á música dance que como esa xoia de psychodelia que fora grabada en directo no 98.
Os outros 12 temas son directos, a maioría de estudio, gravados entre 2001 e 2003. A orde dos temas no bootleg non respecta ningunha orde cronolóxica, e ademáis, varios fans apuntaron diversas correccións sobre os títulos dos cortes. Nalgúns casos, os títulos orixinais das demos eran diferentes a como se publcaron finalmente, é o caso de 'Nailing Honey to the Bee', que nun principio se rexistrou sen rematar coma 'Did you see them', ou o décimo corte 'Up', que é unha versión do 'The Kids are Alright' dos Who en plan smash-up a lento ritmo dos Beatles. Polo demáis, son 16 temazos dos BJM para darlles mil voltas e cun sonido estupendo.

Aquí tedes o tracklist:
Who 
Hide and Seek 
Feel So Good 
Jennifer 
True Love
Stillborn
Nailing Honey to the Bee
Swallowtail
Sailor (Clip)
10 Free 
11 Somewhere 
12 Up 
13 Feel It
14 Nailing Honey to the Bee (Again) 
15 Tschuss
16 Good Morning Girl

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "Peel Sessions"
(asfdsdf, 1998)


Pero de video mellor deixámosvos coa grabación daquela Peel Session do tema 'Feel It', que nos gusta moito máis á que rexistraron posteriormente en estudio:


No hay comentarios: