martes, 16 de abril de 2019

The Flaming Lips, o making of do "King's Mouth"

Máis lanzamentos dos Flaming Lips. 
En medio dos numerosos lanzamentos da banda de Wayne Coyne, hai xa un par de anos que non entregaban novo material de estudio. A última ocasión foi en xaneiro do 2017, co "Oczy Mlody". Logo chegaron moitos máis experimentos e reedicións, pero non material propio de estudio.
Aproveitando o Record Store Day, a semana pasada lanzaron unha edición especial do seu novo álbum "King’s Mouth: Music and Songs" (Warner), polo momento limitada a 4.000 copias en vinilo, e non será ata xullo canda fagan o lanzamento xeral en diversos formatos e plataformas.

Xa polo título, e cos antecedentes do persoaxe, estaba claro que se trata de outro álbum conceptual no que as cancións son o de menos.
Trátase de música composta en torno a unha instalación artística montada por Coyne no 2015, que en realidade hai tempo que estamos convencidos de que é o que máis lle gusta, pero que parece que tivo un exitoso percorrido por diversos centros de arte contemporánea.

"King's Mouth" é o título da instalación, coa que narra unha historia fantástica, da que por suposto tamén hai libro. O álbum funciona como unha parte máis da obra: King's Mouth: Music and songs. Polo momento só compartiron o audio do tema 'All for the Life of the City', aínda que sabemos que conta coa voz de Mick Jones (The Clash) como narrador da historia ao longo do álbum. De feito, polo momento contamos cos videos do making of de cómo desenrolou a música e as ideas sobre aquela instalación, e cómo está a montar a escenografía para levala ao directo.
Seguro que todo isto é moito máis interesante que o propio álbum. Xa vos contaremos canto nos fagamos con él, porque xa sabedes que ao final sempre picamos con esta tipo...


No hay comentarios: