martes, 25 de diciembre de 2012

La 4 Pared 'Acepto la Crítica'

O pasado domingo La 4 Pared nos presentaban o terceiro videoclip extraido do seu último traballo "L4p2012 Cuatro", titúlase 'Acepto la Crítica' e sona así:


sábado, 22 de diciembre de 2012

Nadal

Nestas semanas de Nadal, abrimos coma sempre de Venres a Sábado, e temén os Domingos no horario habitual. 
E por suposto por Noiteboa e Fin de Ano un pouco máis tarde...
Boas festas, e portádevos ben eh???


viernes, 21 de diciembre de 2012

Guided by Voices. Singles & EPs do 2012

Ademáis dos tres lps que Guided by Voices publicaron este ano, incluíde estes 6 singles. Acabamos de encargalos todos en Fire Records!!







miércoles, 19 de diciembre de 2012

Noonday Underground "Self Assembly"

Pouco ou ningún caso se lles prestou nunca ó dúo Noonday Underground, e iso que está formado por dous pesos pesados: Simon Dine como dj (membro dos escoceses Adventures in Stereo) e Daisy Martey (que foi a segunda cantante de Morcheeba). Xuntos publicaron cinco álbumes de puro soul do s.XXI, de factura electrónica i elegante coma poucos. Este é o seu primeiro álbum, que incluía aquel enorme 'London' que recordamos hoxe.

NOONDAY UNDERGROUND "Self Assembly"
(M21/Setanta, 2000)




"Le Beat Bespoké Volume 5" por Rob Bailey

Hoxe por fin me puiden facer coa última compilación de Rob Bailey para o colectivo New Untouchables que cada ano publican os seus volumes de Le Beat Bespoké como extensión do seu festival... xa me tardaba!!!




martes, 18 de diciembre de 2012

The Brian Jonestown Massacre "Aufheben"

Cando vai rematando o ano, unha das principais cousas que se fan (eu polo menos o fago cada ano) é a de repasar cantos discos quedaron atrás, sobre todo cando se trata dunha destas bandas de cabeceira como para min son os The Brian Jonestown Massacre, pero menos mal que Marinocha está en todo... Este "Aufheben" recurre ó concepto orixinal de Hegel, cecais para indicarnos unha volta ás súas orixes tra-lo anterior "Who killed sgt. Pepper?" do 2010 e os dous eps anteriores do 2009. En efecto este novo traballo o devolve a esa psicodelia acústica tan particular de Anton Newcombe, e por suposto con un par de arrebatos dos que tanto me gustan...

The Brian Jonestown Massacre "Aufheben"
(A Records, 2012)


facédevos con el en Pintó un disco.


lunes, 17 de diciembre de 2012

Yo La Tengo "Fade"

Hai uns días eliminaron do noso blog a entrada na que vos adiantábamos o novo álbum de Yo La Tengo "Fade" (que sairá en xaneiro) recuperamos este tema de adianto para lembrarvos que o 4 de marzo estarán en directo na Sala Capitol de Santiago, e as entradas xa están á venda...



domingo, 16 de diciembre de 2012

Escuchando Elefantes no 1º spot do Albariño

Se o pasado xoves vos recomendábamos o concerto de Escuchando Elefantes no Ultramarinos, onte presentouse en Cambados o primeiro dos spots publicitarios que realizou Juan Ramón Galiñanes, dunha serie de catro que leva por título O Viño que sabe a Festa, que promociona tanto a vila de Cambados como a propia Festa do Albariño. Nesta primeira entrega os protagonistas son precisamente o dúo Escuchando Elefantes, que ademáis estiveron na presentación e ofreceron un pequeno concerto. Aquí téde-lo video:

sesión sorpresa o venres...

estivérades alí... grande H(punto).


jueves, 13 de diciembre de 2012

The Jesse Hector Story: Gorilla Garage!



The Hammersmith Gorillas "Gorilla Got Me"

The Hammersmith Gorillas foron unha enorme banda británica de mediados dos 70 que coma outras moitas da mesma época pasaron desapercibidas entre o mainstream supervivinte da british invasion e a explosión punk que chearía despois. Pero entre ambos fenómenos houbo figuras tant relevantes coma Jesse Hector, un deses xenios precoces que dende a súa adolescencia estivo involucrado en bandas, formou The Rock'n'Roll Trio, logo pertenceu a The Clique e outras moitas ata finalmente crear The Crushed Butler en 1969, todo un avance ó seu tempo, unha das grandes referencias do que hoxe se considera proto-punk, pero de vida efímera. Sen embargo xa poñía as bases do que viría despois. O seu principal proxexto foron os impresionantes The Hammersmith Gorillas  entre 1974 e 1981, demasiado macarra para a new-wave e demasiado r'n'r para o punk. A banda rematou coa morte do baixista Alan Butler. Jesse Hector continuou con máis proxectos, coma Helter Skelter, The Gatecrashers ou The Jesse Hector Sound. Todo iso o podedes atopar no recopilatorio "Gorilla Garage, The Jesse Hector Story", pero hoxe imos centrarnos nos anos dos Hammersmith Gorillas, en 1999 Big Beat recopilou o seu único lp, os seus 7'', e engadindo bastantes inéditos todo compilado neste "Gorilla Got Me", incluíndo os grabados somentes como The Gorillas. Un xenio extravagante de grandes patillas que nunca será suficientemente recoñecido.

THE HAMMERSMITH GORILLAS "Gorilla Got Me"
(Big Beat, 1999)


faite con Gorilla Got Me en Sons of the Dolls.


Presentación de Eduardo Baamonde: "Cambados"

Dende Cambados(tk):

No Auditorio da Xuventude terá lugar a presentación do libro “Cambados” de Eduardo Baamonde. Baamonde é profesor pero ademais ten unhas dotes sobresaíntes para as artes, el mesmo confésase na súa web persoal un “amante do deseño gráfico e da pintura”. Entre as obras de Baamonde destacaría “Polo Salnés con Ramón Cabanillas” editado por CANDEA precisamente no 2009, ano adicado ao “poeta da raza”.
Neste “Cambados” editado por Faktoría K de Libros, o autor repasa a través das súas láminas o mellor da nosa vila. Pode ser un regalo excelente para calquera cambadés ou cambadesa, e especialmente para amigos doutros lugares para amosarlles dun xeito orixinal o noso Concello. Vén acompañado por un mapa co roteiro que o autor vai facendo graficamente pola vila. A presentación será este xoves 13 de Nadal a partires das 20 horas no auditorio. Organizan as librarías Contos e Cabanillas, onde podes atopar o libro se desexas adquirilo xa. Colaboran Concello de Cambados e Faktoría K, e presentará a Eduardo Baamonde un representante desta editorial: Chema Heras.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

martes, 11 de diciembre de 2012

"Punk, an Aesthetic" de Johan Kugelberg e Jon Savage

Hoxe preséntovos un marabilloso volume sobre que saiu hai moi pouco tempo. Os autores son Johan Kugelberg e Jon Savage, este último de sobra coñecido como gran estudioso do fenómenos punk e demáis movimentos do undergound, dende creador de fanzines a mediados dos 70, xornalista musical e autor de importantes ensaios sobre punk e contracultura, ademáis de guionista e documentalista (o máis famoso é o "England's Dreaming", tamén a biografía oficial dos Kinks, ou o documental Joy Division). Por outra banda Johan Kugelberg é outro estudioso do mesmo calibre, máis centrado na imaxe ou no deseño, de feito foi este último quen comezou o proxecto editorial ó que se lle sumou Savage co seu ensaio como referente, e posteriormente incluíron tamén as colaboracións do escritor de referencia do cyberpunk William Gibson, e do polifacético Linder Sterlin. 

O resultado é un libro de gran formato no que expoñen como a arte do movimento punk revolucionou o deseño das formas e da estética ata os nosos días. Kugelberg recopila portadas, folletos e carteles de bandas punk, de cine e creadores independentes, de fanzines, e máis artistas relacionados, ademáis de moito material fotográfico da época, todo contextualizado polos textos de Savage e Gibson. Sen dúbida un tomo espectacular. 

Agora a ver canto tarda en chegar por aquí. Nós igual non  esperamos tanto...

Johan Kugelberg and Jon Savage "Punk. An Aesthetic"
(Rizzoli, 2012)




Sáb.5 xaneiro: Marinocha!!

Aínda faltan varias semanas para o 2013, pero xa temos data para a primeira sesión do ano, na que como xa ven sendo tradición será Marinocha a encargada de toma-lo control da cabina do Rif-Rock. 
Será o sábado 5 de xaneiro, na mesma noite de Reis.