The Hammersmith Gorillas foron unha enorme banda británica de mediados dos 70 que coma outras moitas da mesma época pasaron desapercibidas entre o mainstream supervivinte da british invasion e a explosión punk que chearía despois. Pero entre ambos fenómenos houbo figuras tant relevantes coma Jesse Hector, un deses xenios precoces que dende a súa adolescencia estivo involucrado en bandas, formou The Rock'n'Roll Trio, logo pertenceu a The Clique e outras moitas ata finalmente crear The Crushed Butler en 1969, todo un avance ó seu tempo, unha das grandes referencias do que hoxe se considera proto-punk, pero de vida efímera. Sen embargo xa poñía as bases do que viría despois. O seu principal proxexto foron os impresionantes The Hammersmith Gorillas entre 1974 e 1981, demasiado macarra para a new-wave e demasiado r'n'r para o punk. A banda rematou coa morte do baixista Alan Butler. Jesse Hector continuou con máis proxectos, coma Helter Skelter, The Gatecrashers ou The Jesse Hector Sound. Todo iso o podedes atopar no recopilatorio "Gorilla Garage, The Jesse Hector Story", pero hoxe imos centrarnos nos anos dos Hammersmith Gorillas, en 1999 Big Beat recopilou o seu único lp, os seus 7'', e engadindo bastantes inéditos todo compilado neste "Gorilla Got Me", incluíndo os grabados somentes como The Gorillas. Un xenio extravagante de grandes patillas que nunca será suficientemente recoñecido.
THE HAMMERSMITH GORILLAS "Gorilla Got Me"
(Big Beat, 1999)
faite con Gorilla Got Me en Sons of the Dolls.
No hay comentarios:
Publicar un comentario