miércoles, 5 de diciembre de 2012

40 anos de Nuggets

Es semana celébranse os 40 anos da saída no mítico volume "Nuggets: Original artyfacts from the first psychedelic era 1965-1968" (Elektra, 1972) compilado por Jac Holzman e Lenny Kaye, nun álbum dobre escollían os  27 singles máis representativos daqueles catro anos apaixoantes da explosión do garage-rock dos USA, en tóda-las súas vertentes, e donde non só establecían os parámetros definitivos do xénero, senón tamén de cómo debería facerse unha gran compilación, e donde no seu texto xa se incluía o concepto de punk-rock alá por 1972. O éxito foi inmediato e cos anos convertiuse nunha obra de culto e na gran referencia do xénero, ademáis das súas continuacións.


Box-set de 1988
En 1988, xa na era do cd, para unha nova reedición a colección viuse ampliada. Donde o volumen orixinal se convertía no Volume 1, foi completada ata a catro volumes nun box-set baixo o mesmo título, pero ampliando con moito máis material que ó longo dos anos Holzman e Kaye consideraron que merecían estar ó mesmo nivel.

"Nuggets: Original Artyfacts from the first Psychedelic Era 1965-1968" (Elektra, 1972 / reed. box 1988).
Podedes atopar esta edición por moitos lugares, eu recoméndovos a do blog Como te Caigo, no que atoparedes os catro volumes na mesma entrada picando nas portadas.

[na seguinte entrada: as continuacións do Nuggets]

No hay comentarios: