jueves, 6 de diciembre de 2012

Lord Sutch & Heavy Friends

Non podo parar de escoitalo. Screaming Lord Sutch é un deses valores seguros, dos meus artistas favoritos, xa non só pola súa música senón coma un dos grandes persoaxes do último medio século, botas tempo sen facerlle caso, e sempre volves a el. Moito temos publicado sobre Lord Sutch neste blog, pero é que o mes pasado caeume de agasallo de cumpreanos a nova edición deste mesmo ano do seu primeiro lp, o fantástico "Lord Sutch & Heavy Friends" e non podo parar de escoitalo... Un deses super-álbumes da historia do rock que nunca volverían repeterise, con Jimmy Page e o xigante Jeff Beck nas guitarras, Noel Redding no baixo, John Bonham na batería, e Nicky Hopkins nos teclados, e por suposto con Screaming Lord Sutch ó fronte.  Recoméndovos que vos fagades con esta nova edición en vinilo (180gr + cd e todo iso). 
Cantas máis voltas lle dou, aínda máis incrible me sigue a parecer... 

SCREAMING LORD SUTCH "Lord Sutch & Heavy Friends"
(Cotillon Recs, 1970 / Lilith Recs Dig-A-Log, 2012)



No hay comentarios: