martes, 11 de diciembre de 2012

"Punk, an Aesthetic" de Johan Kugelberg e Jon Savage

Hoxe preséntovos un marabilloso volume sobre que saiu hai moi pouco tempo. Os autores son Johan Kugelberg e Jon Savage, este último de sobra coñecido como gran estudioso do fenómenos punk e demáis movimentos do undergound, dende creador de fanzines a mediados dos 70, xornalista musical e autor de importantes ensaios sobre punk e contracultura, ademáis de guionista e documentalista (o máis famoso é o "England's Dreaming", tamén a biografía oficial dos Kinks, ou o documental Joy Division). Por outra banda Johan Kugelberg é outro estudioso do mesmo calibre, máis centrado na imaxe ou no deseño, de feito foi este último quen comezou o proxecto editorial ó que se lle sumou Savage co seu ensaio como referente, e posteriormente incluíron tamén as colaboracións do escritor de referencia do cyberpunk William Gibson, e do polifacético Linder Sterlin. 

O resultado é un libro de gran formato no que expoñen como a arte do movimento punk revolucionou o deseño das formas e da estética ata os nosos días. Kugelberg recopila portadas, folletos e carteles de bandas punk, de cine e creadores independentes, de fanzines, e máis artistas relacionados, ademáis de moito material fotográfico da época, todo contextualizado polos textos de Savage e Gibson. Sen dúbida un tomo espectacular. 

Agora a ver canto tarda en chegar por aquí. Nós igual non  esperamos tanto...

Johan Kugelberg and Jon Savage "Punk. An Aesthetic"
(Rizzoli, 2012)




No hay comentarios: