[ver 40 anos de Nuggets]
E despois de conmemora-lo 40º aniversario do Nuggets, fagamos un rapaso a tóda-las edicións que viñeron despois para completa-la franquicia, ata as novidades deste mesmo 2012...
Anos despois da integración de Elektra en Warner Records, o proxecto Nuggets retomouse xa no século XXI baixo a etiqueta de Rhino Recs. E así no 2001 editouse unha continuación, desta vez centrada na explosión do mesmo momento das Illas Británicas e incluíndo máis temas de outras partes do mundo, seguindo a mesma estructura que a reedición dos Nuggets de 1988. Así se titulou "Nuggets II: Original Artyfacts from the British Empire and Beyond 1964-1969" (Rhino/Warner, 2001 box). No mesmo blog Como te Caigo (Nuggets british) podedes atopar a caixa completa.

"Come to the Sunshine" |
No ano 2004 publicaronse dúas nova referencias, máis modestas e sobre todo moito menos ambiciosas, posto que seleccionaban vellos singles do arquivo de WEA Records (a fusión de Warner, Elektra e Atlantic, que non é pouco) pero ambas edicións se reducían a un só disco, coa selección e producción a cargo de Andrew Sandoval. Este volumes son "Hallucinations, Psychedelic Pop Nuggets from the WEA vaults 1966-69" e "Come to the Sunshine, Soft Pop Nuggets from the WEA vaults" (Rhino, 2004)
Podedes atopar Hallucinations no blog Comiquitos (por Doquier).
e Come to the Sunshine no blog Rot Faster.
Un ano despois Rhino publicou un novo box recuperando o espíritu das grandes edicións, era o "Children of Nuggets: Original Artyfacts from the Second Psychedelic Era, 1976–1995" (Rhino, 2005) que recopila toda a herdanza dunha xeración que crecera ó ritmo da colección orixinal dos Nuggets de 1972 e de todo o movemento de revival de finais dos 70, e os 80 e meténdose ata o boom do alternativo, unha vez máis nun box set de 4 cds. En realidade trátase de un volume fabuloso como recopilación ó uso, pero demasiado disperso, por abarcar 20 anos, demasiados estilos e a miudo incluíndo temas de dibudosa relevancia de bandas que si a tiveron.
Aquí tedes o enlace via torrent para Children of Nuggets.
As seguintes edición estiveron moito máis centradas, iso é que acotar xeográficamente o asunto para documentar unha escea concreta axuda bastante. "Love is the Song we Sing. San Francisco Nuggets 1965-70" (Rhino 2007) documenta dun xeito exhaustivo en catro columes tódo-los sons da cidade clave para comprender o Summer of Love e como se converteu en punto de encontro de moitos rebeldes dunha época. Nesta edición ademáis do espectacular do box en relieve inclúe un libro con 120 páxinas con toda a contextualización, a información da bandas e moitas fotos bastante curiosas. Sen dúbida o máis completo de todos.
E dous anos despois fixeron o mesmo coa cidade de Los Ángeles e arredores, do que xa vos temos falado neste blog: "Where the Action is! Los Angeles Nuggets 1965-68" (Rhino 2009), novamente compilado por Andrew Sandoval, e que novamente en 4 volumes recolle dun xeito minucioso os sons máis underground da segunda metade da década aínda que máis acotada no tempo, algunhas das experimentacións máis arriscadas no estudio e a aparición do country rock. Para min esta é sen dúbida a mellor de todas estas tentativas de continuación da serie. Faite con Los Angeles Nuggets no blog Como te Caigo.
E agora, 40 anos despois toca celebralo cun novo lanzamento.
"Antipodean Interpolations" |
Polo momento xa podemos escoitar vía soundcloud Nuggets Antipodean Interpolations aquí completo
No hay comentarios:
Publicar un comentario