jueves, 31 de enero de 2013

Ben Harper with Charlie Musselwhite "Get Up!"

Ben Harper está de volta neste 2013, e despois de uns últimos traballos bastante irregulares, desta vez publica un álbum que é un auténtico luxo. Todo un discazo de blues xunto cun dos bluesman máis míticos, o xenio da armónica Charlie Musselwhite, e co mítico selo Stax... recén saído esta semana, buscádeo e facédevos con el, impresionante!!

BEN HARPER with CHARLIE MUSSELWHITE "Get Up!
(Stax Records, 2013)


martes, 29 de enero de 2013

Record Store Day Galicia 2013

Hoxe traémosvos unha boa recomendación para invertir uns cantos euros. O Record Store Day Galicia 2013. Unha iniciativa financiada por crowfonding que consiste na edición de un vinilo 10'' con cinco temas inéditos de cinco bandas galegas por iniciativa do colectivo Desconcierto Cultural. Polo momento a única banda confirmada son os compostelanos Grampoder (tamén membros dos The Homens) e a conta para a financiación do proxecto xa está marcha en verkami

Embaixo tedes toda unha introducción do proxecto, pero mellor que visitédes a web (Record Store Day Galicia) para ver toda a información e colaborar coa vosa aportación... Dende 3€ tedes a opción da descarga dixital do álbum, e por solo 6€ vos levades a edición do vinilo de 10'', coma sempre, apartires de ahí as opcións se multiplican. Faltan 26 días, e nós xa nos fixemos cuns cantos exemplares... se vos interesa non agardedes ata o último día!!


Descrición do proxecto


O "QUE"
O Record Store Day é un día de celebración a nivel internacional, que ten lugar o terceiro sábado do mes de abril de cada ano, co propósito de celebrar a arte da música unindo aos fans, artistas e miles de tendas de discos independentes ao longo e ancho do planeta. Ese día, multitude de selos e artistas publican discos, singles e EP’s en edición limitada que son vendidos nas tendas participantes, onde tamén se adoitan organizar concertos deses mesmos artistas para conseguir así unha verdadeira festa da música.

Con esta premisa, Desconcierto Cultural pretende levar a cabo un ambicioso proxecto para celebrar o Record Store Day en Galicia ao grande: a edición dun vinilo en 10” con cinco cancións inéditas por parte doutras tantas bandas do panorama independente galego. Este EP distribuirase nas cinco tendas de discos participantes no proxecto, e en cada unha delas celebrarase un concerto dunha das bandas participantes.


O "CANTO"
O proxecto presupostouse en 1.800 €, necesarios para pagar a gravación e masterización dixital, a prensaxe dunha tirada mínima de 300 vinilos, o deseño, e as comisións de Verkamie Paypal. Si conseguísemos un financiamento máis elevado, ampliaríase a tirada ata un máximo de 555 unidades, e melloraríase a edición tanto do vinilo como do cartafol, con mellores acabados e materiais (cartafol con lombo, vinilo de cor, engraving, filme protector...).
Todos os que adquiran o vinilo (ou un Tote Bag) poderano recoller nunha das cinco tendas de discos participantes, durante o Record Store Day Galicia, onde ademais poderán gozar dun concerto que esa mesma mañá dará algún dos grupos seleccionados (tamén será posible recoller o disco calquera outro día despois do Record Store Day).

[para seguir informandote visita o proxecto en verkami]


lunes, 28 de enero de 2013

"Retromanía" de Simon Reynolds

Xa hai tempo que falamos de outros traballo do crítico Simon Reynolds neste blog (foi coa ocasión do seu volume Después del Rock) así que nin o vou a presentar. Nesta ocasión recomendámosvos o seu último traballo editado en castelán: "Retromanía, la adicción del Pop a su propio pasado", no que analiza profundamente sobre a cultura pop actual e a súa obsesión polo que xa foi: reedicións, reunión, mash-ups, biopics, documentais... e toda unha reflexión sobre estes excesos e a súa  incidencia na perda de orixinalidade das novas propostas, ou nos movementos revival que aínda están por chegar...

SIMON REYNOLDS "Retromanía. La Adicción del Pop a su propio pasado"
(La Caja Negra Editora, 2012)


Podedes seguir a Reynolds en BlissBlog, ou no blog adicado a este Retromania.



domingo, 27 de enero de 2013

Undertown 'Light Cord'

Esta noite tivemos novidades de Undertown. Presentáronnos online un tema de adianto do que será o seu novo álbum para este 2013: "Shelter". 
O tema é Light Cord e está recén saído dos estudio KSF. Ademáis tamén nos presentaron a súa nova web: http://www.undertownband.com/


martes, 22 de enero de 2013

Hendrix "People, Hell and Angels" en marzo


E si falábamos de mitos, agora imos co máis grande de todos. Neste 2013 Jimi Hendrix cumpriría 70 anos, e a súa familia aproveita a ocasión, como calqueira outra tódo-los anos para sacar novo material inédito. Este "People, Hell and Angels" sairá en marzo deste ano, e segundo a folla promocional contén os temas gravados entre 1968 e o 69 xunto con Stephen Stills, Lonnie Youngblood e xa cos membros da Band of Gypsys Billy Cox e Buddy Miles, e que estaban destinados o que sería o seu seguinte álbum "The New Rising Sun", aínda que precisamente xa publicaran aquel álbum póstumo "The First Rays of the New Rising Sun" de 1997 ou en numerosos directos no que atopábamos pezas coma o 'Earth Blues', 'Isabella' ou 'Easy Rider' que aparecen neste novo traballo. Así que igual non hai tantas novidades coma nos anuncian, pero ¿qué queredes que vos diga? eu cada vez que sae algo máis de Hendrix sempre pico...

Aquí tedes o adianto que nos ofrecen, 'Somewhere':



lunes, 21 de enero de 2013

descarga Dizzy!! (sesión intermitente bebop)

Aquí tedes unha hora e pouco da sesión intermitente do pasado venres polo 20 anviersario da morte do gran Dizzy Gillespie, Bebop e algo máis... son nove pezas de Dizzy, McCoy Tyner, Coltrane, Keith Jarrett, Art Blackey e os seus Jazz Messengers, Dave Brubeck, Herbie Hancock e o enorme quinteto formado por Gillespie, Charlie Parker, Powell, Roach e Mingus!!

Psychedelic Munstphá "Jazzerz Sessions: Dizzy! (bebop int.ses.)"
(sesión 18 xaneiro 2013)


jueves, 17 de enero de 2013

Dizzy Gillespie "Groovin' High 1945-46"

E para rematar temos que recomendarvos un bó álbum dos moitos de Gillespie. Así que por se hai moito non-iniciado, imos a escoller este "Groovin' High" que en realidade é unha compilación de gravacións entre 1945 e 1946, no momento clave da ruptura co jazz clásico e a consolidación do bebop como a corrente máis viable do xénero. "Groovin' High" foi publicado en 1992 e recolle gravacións de Dizzy con pequenos combos e big bands, e acompañado por numerosos musicos incluíndo a Sonny Stitt, Dexter Gordon e por suposto Charlie Parker.

DIZZY GILLESPIE "Groovin' High"
(Savoy Records, 1992)


faite con Groovin'High en Música de las Antípodas
no que ademáis atoparedes tódo-los créditos das gravacións.


"To BE or not to BOP" as memorias de Dizzy Gillespie

Non podíamos facer un repaso á vida e obra de Dizzy sen recomendarvos este fantástico "To BE or not to BOP", con tóda-las súas memorias, relatadas polo propio Gillespie e recopiladas por Al Fraser xunto con ducias de entrevistas de familiares, compañeiros músicos e estudiosos do jazz. Un volume imprescindible de máis de 500 páxinas para comprende-la súa vida, a súa carreira en todo o seu contexto, a Charlie Parker, e as súas etapas máis eclécticas. 
Xunto con Parker mudou o rumbo da música nos anos 40, transformando o swing e o jazz clásico en bebop, e dando paso ó jazz moderno e todo o que veu despois, e cóntao todo entre caralladas, cheo de anécdotas e cun sentido do humor pouco habitual nunha figura tan fundamental, pero é certo que sempre foi un showman, sempre disposto a botar unhas risas en medio do formalismo e da seriedade que a maioría pretenden darlle ó jazz.
A edición orixinal das memorias é de 1979, pero non se publicou en España ata o 2010 (30 anos despois, isto debería ser delito!!), o bó é que a día de hoxe podedes atopala edición de Global Rhythm Press con moita facilidade en calqueira libraria un pouco grande. Máis que recomendable!!

Dizzy Gillespie & Al Fraser "To BE or not to BOP (memorias de Dizzy Gillespie)"
(Doubleday, 1979 / Global Rhythm, 2010)


Dizzy Gillespie & Charlie Parker 'Hot House'

Aquí tedes un momento histórico. Non só por ser unha das poucas grabacións de Dizzy Gillespie e Charlie Parker xuntos na tv que hoxe podemos ver, senón tamén porque xusto antes da actuación os dous subnormales dos presentadores se adican a facer bromas chamándolles delincuentes na súa propia cara só por negros. Eran os anos 50... o tema 'Hot House'.


Dizzy Gillespie: Jivin' in Be Bop 1947

Dizzy Gillespie Quintet na BBC

Comezamos a repasar uns cantos momentos de Dizzy Gillespie para ir ambientando a sesión do venres. Deixando ó marxe outros grandes concertos demasiado longos que podedes atopar pola rede, ou por suposto as fantásticas aparicións con Charlie Parker, recoméndovos esta intervención de Dizzy Gillespie co seu Quinteto a comezos da década dos 60, nunha etapa moito máis ecléctica, no programa Jazz 625 da BBC-4, que foi reeditado para emitilo novamente en marzo do 2009. A banda está composta por Dizzy Gillespie, Rudy Collins, Christopher White, Kenny Barren e James Moody.



miércoles, 16 de enero de 2013

descarga GZ Canibal 2012!!

E aquí está unha vez máis a nosa selección do GZ Canibal de cada ano!! 
Escollida e mesturada a golpes por Kurco e Munstaphá. A ver se vos gusta...

Munstaphá Vs.Kurco "GZ Canibal (singles2012)"
[sesión Rif-Rock 12 xaneiro 2013]
faite con GZ Canibal 2012!!


* [Atoparedes os anteriores volumes de Singles2012 nesta entrada, e todo o material, listas e demáis paridas de resumo do ano na etiqueta Singles2012].


descarga Singles2012 (por Kurco e Munstapha)

Aquí tedes a nosa gran selección do 2012, todo saído da sesión do sábado pasado, toda unha noite pelexando coas nosas listas. Neste ano non nos imos complicar subindo unha chea de seleccións distintas, senón que vai todo mesturado conxuntamente por Kurco e Munstaphá (iso sí, o especial GZ Canibal vai aparte). Aquí tedes dous volumes de 20 temas cada un, o primeiro máis rock, garage, blues, folk, etc, e o segundo moito máis pop, pero tampouco vos confiedes moito. A ver se vos gustan...

KURCO VS. MUNSTAPHA "Singles2012"
[sesión Rif-Rock 12 xaneiro 2013]
faite con Singles2012: Volumen#1 e Volumen#2.



martes, 15 de enero de 2013

16 febr: Muerte por Cowbell en concerto!!

Aínda que moitos seguro que xa o tiñades por imposible... por fin temos data para o concerto dos MUERTE POR COWBELL!!! e o seu tributo a Frank Zappa. Será o sábado 16 de febreiro deste 2013. Xa vos daremos máis información nas próximas semanas... pero xa estades avisados.


Los Thyssen

Los Thyssen son de O Grobe e moitos seguro que xa os coñecedes pola súa participación no Galician Bizarre II do 2012. Agora anunciannos a inminente saída do seu primeiro traballo Los Thyssen EP nun 7'' autoeditado, e que xa está dispoñible no seu bandcamp para descargar de balde. 
Difundídeo, e ide pensando en reserva-lo voso exemplar.