martes, 29 de enero de 2013

Record Store Day Galicia 2013

Hoxe traémosvos unha boa recomendación para invertir uns cantos euros. O Record Store Day Galicia 2013. Unha iniciativa financiada por crowfonding que consiste na edición de un vinilo 10'' con cinco temas inéditos de cinco bandas galegas por iniciativa do colectivo Desconcierto Cultural. Polo momento a única banda confirmada son os compostelanos Grampoder (tamén membros dos The Homens) e a conta para a financiación do proxecto xa está marcha en verkami

Embaixo tedes toda unha introducción do proxecto, pero mellor que visitédes a web (Record Store Day Galicia) para ver toda a información e colaborar coa vosa aportación... Dende 3€ tedes a opción da descarga dixital do álbum, e por solo 6€ vos levades a edición do vinilo de 10'', coma sempre, apartires de ahí as opcións se multiplican. Faltan 26 días, e nós xa nos fixemos cuns cantos exemplares... se vos interesa non agardedes ata o último día!!


Descrición do proxecto


O "QUE"
O Record Store Day é un día de celebración a nivel internacional, que ten lugar o terceiro sábado do mes de abril de cada ano, co propósito de celebrar a arte da música unindo aos fans, artistas e miles de tendas de discos independentes ao longo e ancho do planeta. Ese día, multitude de selos e artistas publican discos, singles e EP’s en edición limitada que son vendidos nas tendas participantes, onde tamén se adoitan organizar concertos deses mesmos artistas para conseguir así unha verdadeira festa da música.

Con esta premisa, Desconcierto Cultural pretende levar a cabo un ambicioso proxecto para celebrar o Record Store Day en Galicia ao grande: a edición dun vinilo en 10” con cinco cancións inéditas por parte doutras tantas bandas do panorama independente galego. Este EP distribuirase nas cinco tendas de discos participantes no proxecto, e en cada unha delas celebrarase un concerto dunha das bandas participantes.


O "CANTO"
O proxecto presupostouse en 1.800 €, necesarios para pagar a gravación e masterización dixital, a prensaxe dunha tirada mínima de 300 vinilos, o deseño, e as comisións de Verkamie Paypal. Si conseguísemos un financiamento máis elevado, ampliaríase a tirada ata un máximo de 555 unidades, e melloraríase a edición tanto do vinilo como do cartafol, con mellores acabados e materiais (cartafol con lombo, vinilo de cor, engraving, filme protector...).
Todos os que adquiran o vinilo (ou un Tote Bag) poderano recoller nunha das cinco tendas de discos participantes, durante o Record Store Day Galicia, onde ademais poderán gozar dun concerto que esa mesma mañá dará algún dos grupos seleccionados (tamén será posible recoller o disco calquera outro día despois do Record Store Day).

[para seguir informandote visita o proxecto en verkami]


No hay comentarios: