Non podíamos facer un repaso á vida e obra de Dizzy sen recomendarvos este fantástico "To BE or not to BOP", con tóda-las súas memorias, relatadas polo propio Gillespie e recopiladas por Al Fraser xunto con ducias de entrevistas de familiares, compañeiros músicos e estudiosos do jazz. Un volume imprescindible de máis de 500 páxinas para comprende-la súa vida, a súa carreira en todo o seu contexto, a Charlie Parker, e as súas etapas máis eclécticas.
Xunto con Parker mudou o rumbo da música nos anos 40, transformando o swing e o jazz clásico en bebop, e dando paso ó jazz moderno e todo o que veu despois, e cóntao todo entre caralladas, cheo de anécdotas e cun sentido do humor pouco habitual nunha figura tan fundamental, pero é certo que sempre foi un showman, sempre disposto a botar unhas risas en medio do formalismo e da seriedade que a maioría pretenden darlle ó jazz.
A edición orixinal das memorias é de 1979, pero non se publicou en España ata o 2010 (30 anos despois, isto debería ser delito!!), o bó é que a día de hoxe podedes atopala edición de Global Rhythm Press con moita facilidade en calqueira libraria un pouco grande. Máis que recomendable!!
Dizzy Gillespie & Al Fraser "To BE or not to BOP (memorias de Dizzy Gillespie)"
(Doubleday, 1979 / Global Rhythm, 2010)
No hay comentarios:
Publicar un comentario