miércoles, 13 de marzo de 2013
martes, 12 de marzo de 2013
13 abril: Odio Comic Sans djSet
E xa que vos estamos adiantando programación, esta é unha das historias xa pechadas para o mes de abril: o equipo completo do blog Odio Comic Sans pasará pola cabina do Rif-Rock para facernos pasar unha noite de auténtico terror tipográfico. Unha nova colaboración coa xente de Comomepos Producións coa que sempre é un pracer traballar, e que desta vez nos trae ós catro responsables dun dos nosos blogs de cabeceira convertidos en djSet para que nos amosen unha parte do seu curioso universo. Será o sábado 13 de abril.
Venres 22: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!
E despois desas merecidas vacacións desta semana estaremos de volta o Venres 22 de marzo cunha nova entrega da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!
lunes, 11 de marzo de 2013
Uns días de vacacións...
AVISO: esta semana, os funcionarios do Rif-Rock colleremos uns días de vacacións, de xeito que a próxima fin de semana (que comprende o Venres 15 e Sábado 16 de Marzo) non abriremos.
Uns días de descanso para estar xa de volta o Venres 22 de marzo, coas pilas ben cargadas, e preparados para a Semana Santa.
Disculpen as molestias.
*seguiremos avisando para que non se vos esqueza...
Uns días de descanso para estar xa de volta o Venres 22 de marzo, coas pilas ben cargadas, e preparados para a Semana Santa.
Disculpen as molestias.
*seguiremos avisando para que non se vos esqueza...
Gracias Breakin' Bones!!
Cando pensábamos que o seu show do ano pasado era insuperable... volven os BREAKIN' BONES ó Rif-Rock con este extrano formato acústico e aínda se marcaron un espectáculo moito mellor... definitivamente son a miña banda favorita!!! Gracias Breakin' Bones!!! e por suposto tamén a todos por vir desafiando a tempestade...
Nos próximos días algunha foto o tódo-los videos do concerto!
viernes, 8 de marzo de 2013
BREAKIN' BONES en concerto!! (Sábado 9)
Xa non sei de cantas formas máis vos podemos avisar... si quedades sen velos, seguro que logo vos arrepentiredes! Un deses concertos imprescindibles, BREAKIN' BONES en directo, presentando o seu novo EP. A mellor banda de psychobilly do país na nosa vila, espectáculo garantizado. Todo un luxo que repitan un ano máis no Rif-Rock, Non vo-lo perdades!!
*apertura de portas 23:30h. Entrada libre ata completar aforo
jueves, 7 de marzo de 2013
repasa o concerto dos Breakin' Bones do ano pasado
A estas alturas xa estades todos máis que enterados de que este sábado (9 de marzo, dende as 23:30h.) temos en directo no Rif-Rock ós BREAKIN' BONES!! e o seu enorme espectáculo.
Moitos xa teñen a data marcada hai tempo nas súas axendas. Os que estiveron no seu concerto do ano pasado seguro que repiten, e outros morren coas gañas de velos por todo o que lles contaron. Este sábado tedes unha nova oportunidade para desfrutar da mellor banda de psychobilly do país, e un dos mellores espectáculos que veredes en moito tempo... Non faltedes!!!
Por se aínda non estades convencidos, aquí tedes 22 temas do seu concerto en maio do ano pasado, todo de corrido nunha lista de reproducción.
A ver quen se resiste!!!
Breakin' Bones "Breakin' Bones EP"
Este sábado voltaremos a ter no Rif-Rock ós fenomenais BREAKIN' BONES en directo!! en medio desta interminable xira de presentación do seu último traballo "Breakin' Bones EP" que publicaron en setembro. Se queredes darlle un repaso, visitade o seu bandcamp, donde tamén o podedes descargar de balde.
Así que xa sabedes, facédevos co ep dos Breakin' Bones, 100% recomendado!!
E sobre todo non vos perdades o seu concerto deste Sábado 9 de marzo, dende as 23:30h. Non vo-lo deberiades perder!!
BREAKIN' BONES "Breakin' Bones EP"
(Producciones Pollos y Medios Pollos, 2012)
miércoles, 6 de marzo de 2013
"Do it again, please", últimos exemplares!
Aínda quedan no Rif-Rock un par de exemplares do "Do it again, please", dos tremendos The Allnight Workers, en riguroso vinilo. Se non o tedes reservado teredes que darvos prisa...
15 e 16 marzo: unha fin de semana de vacacións
AVISO: a mediados do mes de marzo, os funcionarios do Rif-Rock colleremos unha semana de vacacións, de xeito que a fin de semana que comprende o Venres 15 e Sábado 16 de Marzo non abriremos.
Uns días de descanso para estar xa de volta o Venres 22 de marzo, coas pilas ben cargadas, e preparados para a Semana Santa.
Disculpen as molestias.
Uns días de descanso para estar xa de volta o Venres 22 de marzo, coas pilas ben cargadas, e preparados para a Semana Santa.
Disculpen as molestias.
martes, 5 de marzo de 2013
adianto do novo de Mudhoney!!
Aquí está o adianto do novo álbum de Mudhoney!! chámase "Vanishing Point" e sairá a comezos do próximo mes de abril editado novamente por Sub Pop, mentres tanto regálannos dende o seu soundcloud este 'I like it Small' para descargar e para facernos as gañas de máis...
lunes, 4 de marzo de 2013
Sáb 9: BREAKIN' BONES en concerto!!
Esta semana chega o prato forte da nosa programación de marzo. Será este Sábado 9 de marzo, sobre a medianoite, cando teremos en directo ós tremendos BREAKIN' BONES, sen dúbida a mellor banda de psychobilly do pais. Todo un luxo para nós que repitan no Rif-Rock!!
BREAKIN' BONES
Sábado 9 marzo
dende as 23:30h.
Os vigueses veñen a presentarnos o seu último "Breakin' Bones EP", un traballo gravado nos estudios Colorado Springs e producido por Producciones Pollos y Medios Pollos a finais do ano pasado, e que por suposto está cheo do seu rockabilly enfermo i extraño. Podedes comprobalo no seu bandcamp.
Moitos xa teñen esta data marcada na súa axenda. Despois do seu concerto no Rif-Rock do ano pasado, os que estiveron repiten seguro, e os que o perderon mellor que non deixen pasar esta nova oportunidade para desfrutar dun dos mellores shows que se poden contemplar hoxe en día neste estilo...
Rockabilly from the other Side!! Non vo-lo perdades!!
La 4 Pared 'Zapatos Gastados'
Onte mesmo La 4 Pared nos presentaban o seu novo video clip, o último extraído do seu "L4p2012 Cuatro". O tema é 'Zapatos Gastados' e sona así:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









