jueves, 7 de marzo de 2013

repasa o concerto dos Breakin' Bones do ano pasado

A estas alturas xa estades todos máis que enterados de que este sábado (9 de marzo, dende as 23:30h.) temos en directo no Rif-Rock ós BREAKIN' BONES!! e o seu enorme espectáculo. 
Moitos xa teñen a data marcada hai tempo nas súas axendas. Os que estiveron no seu concerto do ano pasado seguro que repiten, e outros morren coas gañas de velos por todo o que lles contaron. Este sábado tedes unha nova oportunidade para desfrutar da mellor banda de psychobilly do país, e un dos mellores espectáculos que veredes en moito tempo... Non faltedes!!!
Por se aínda non estades convencidos, aquí tedes 22 temas do seu concerto en maio do ano pasado, todo de corrido nunha lista de reproducción.
A ver quen se resiste!!!


No hay comentarios: