lunes, 4 de marzo de 2013

Sáb 9: BREAKIN' BONES en concerto!!

Esta semana chega o prato forte da nosa programación de marzo. Será este Sábado 9 de marzo, sobre a medianoite, cando teremos en directo ós tremendos BREAKIN' BONES, sen dúbida a mellor banda de psychobilly do pais. Todo un luxo para nós que repitan no Rif-Rock!!

BREAKIN' BONES
Sábado 9 marzo
dende as 23:30h.

Os vigueses veñen a presentarnos o seu último "Breakin' Bones EP", un traballo gravado nos estudios Colorado Springs e producido por Producciones Pollos y Medios Pollos a finais do ano pasado, e que por suposto está cheo do seu rockabilly enfermo i extraño. Podedes comprobalo no seu bandcamp.

Moitos xa teñen esta data marcada na súa axenda. Despois do seu concerto no Rif-Rock do ano pasado, os que estiveron repiten seguro, e os que o perderon mellor que non deixen pasar esta nova oportunidade para desfrutar dun dos mellores shows que se poden contemplar hoxe en día neste estilo... 

Rockabilly from the other Side!! Non vo-lo perdades!!


No hay comentarios: