viernes, 30 de julio de 2010

Este Domingo: FESTA DO BIGOTE!

Este Domingo 1 de Agosto, Domingo do Albariño, despois dos fogos (a partires da 1 da mañán máis ou menos...) comenza a
FESTA DO BIGOTE
para rematar de escalla-lo corpo tras toda a semana de festa.
*obrigatorio traer mostacho incorporado!!!

miércoles, 28 de julio de 2010

Albariño 2010

 empezamos!!!!

The Stags "Do the Ton"

E hoxe para comenza-las festas, un disco dos que non poderás deixar de bailar. The Stags son de Wigan (UK), e recrean á perfección o garage-beat (case pseudo ye-yé) dos 60. Tras varios eps e 7'' publicados dende o 2004 este é o seu debut en largo no que nos mostran todo o potencial do seu 'sex-fuzz'. Unha das bandas máis divertidas do momento!!!

THE STAGS
"Do the Ton"
(Soundflat Recs, 2009)




Feira do Disco

Hoxe e mañán unha nova edición da Feira do Disco que organizan os pubs O VINILO (Ogrobe) e EL AGENTE NARANJA (Portonovo)

Volve a Feira do Disco a Vinilo (Ogrobe) e a El Agente Naranja (Portonovo). Outro ano máis os amantes do vinilo volven ter unha cita en Ogrobe o mércores 28 e en Portonovo o xoves 29. Diferentes postos de venda de discos estarán dispostos a modo de mercadillo dentro destes locais entre as 19:00 horas e as 21:30. Da man de tendas especializadas como Honky Tonk (Vigo) e de particulares como Manolo Dorrón, dedicado toda a vida a esta actividade, a sexta edición desta feira voltará encher de melómanos e coleccionistas "Vinilo" e "El Agente Naranja" durante os seráns de mércores e xoves respectivamente.

viernes, 23 de julio de 2010

este fin de semana sesión e concerto

Este fin de semana poñemos fin a todo o programa do noso
XIº Aniversario.

para ir quentando, o Venres 23 sesión que enfrontará a 
BITO vs COMOMEPOS

e o Sábado 24 dende as 23:30h. teremos en concerto a
PARTiCULAS INESTABLES
o álter-ego de Dakota Building en formato trío e 
presentado o seu exclusivo show "***der!!!"

Non vo-los perdades.

Max & The Tatraplan "You Cause this Fire EP"

Max & The Tatraplan son un trio sueco, que acaban de vir a España para grabar o seu novo ep. En realidade contén 4 temas xa incluídos no seu álbum homónimo do 2007, pero que agora regravaron nos estudios Circo Perroti e coa colaboración de Jorge Explosión ós dous lados dos controles. Da súa mestura de tódo-los derivados posibles dos 60, garage, beat, nothernsoul, power pop, punk ou trash... aquí atopamos 4 temas da súa cara máis beat e power pop, q non poderedes deixar de escoitar unha e outra vez...


MAX & THE TATRAPLAN
"You Cause this Fire EP"
(Butterfly records, 2010)


jueves, 22 de julio de 2010

"Plan 9 from the Outer Space"

Vale, e aquí tedes o filme completo con subtitulos en castelán:
PLAN 9 FROM THE OUTER SPACE.
(USA 1959, Ed D. Wood Jr.)
Direción, guión e produción: Ed D. Wood Jr.
Reparto: Gregory Walcott, Mona McKinnon, Duke Moore, Tom Keene, Tor Johnson, Bela Lugosi, Maila Nurmi (Vampira), Dudley Manlove, Joanna Lee, etc...








miércoles, 21 de julio de 2010

"Plan 9 from the Outer Space. A Nightmare Rhapsody" a BSO de 1959

Hai un par de semanas preguntáronme cal era o disco máis 'friki' que tiña na casa, e din varias posibilidades, todas auténticas barbaridades que teñen a súa propia historia e a súa razón de ser, e sempre boas anécdotas detrás. Pero onte dinme de conta de que en realidade teño algunha cousa aínda máis friki no sentido máis clásico do termo. Nada máis nin nada menos que a banda sonora orixinal do filme Plan 9 from the Outer Space, que Retrosonic reeditara en 1996, un ano ou así despois do filme Ed Wood de Tim Burton, e aínda mellor, non o teño en cd, senón en cassette, con todo o libreto rigurosamente fotocopiado. E mira por donde, semellante documento apareceu o outro día subido en Digital Meltdown.
Pero presentemos a obra: nos créditos oficiais aparece composta por Frank Worth, que evidentemente é un nome falso. Numerosos artigos afirman que en realidade Ed Wood encargou a selección musical Gordon Zahler, que se adicou a coller composicións descartadas para outros filmes, e outras pezas sen firmar. Evidentemente eso explica que a calidade destas composicións sexa moi superior á do filme, e sen embargo foi algo no que apenas gastaron un duro. Pero a lenda continúa, posto que a discográfica que fixo o descomunal traballo de recuperar esta gran obra con tanta calidade de son, RETROSONIC non publicou nin unha soa referencia máis, nin tan sequera hai información sobre o selo en toda a rede... jajajaaaa inquietante!!!

"Plan 9 from the Outer Space.
A Nightmare Rhapsody (The Original Music Underscore)"
(orix 1959, reed Retrosonic 1996)


descargádeo en Digital Meltdown:

Come on Pelegrín

Este xoves 23 preséntase o recopilatorio 
"Come On Pelegrin" 
que reúne a 24 bandas de Compostela. 
Unha iniciativa estupenda. E coa malvada portada de Zé Pequeno reivindicando á mascota da nosa infancia.
Tedes toda a info en Pista Oculta.

martes, 20 de julio de 2010

2ª Festa do Bigote

E por 2º ano, ídevos preparando para a FESTA DO BIGOTE
o día 1 de agosto, o domingo do Albariño...

Sábado 24 PARTÍCULAS INESTABLES en concerto!!!

Este fin de semana poñemos fin a todo o programa do noso
XIº Aniversario.

para ir quentando, o Venres 23 sesión que enfrontará a 
BITO vs COMOMEPOS

e o Sábado 24 dende as 23:30h. teremos en concerto a
PARTiCULAS INESTABLES
presentado o seu exclusivo show "***der!!!"

Non vo-los perdades.

lunes, 19 de julio de 2010

Sesión de Mia Wallas a.k.a. Marinocha!!!

E aquí tedes de regalo unha selección feita por Marinocha de todo o que sonou o pasado Venres, 
na sesión que enfrontou a Mia Wallas contra Jomitallas.

Mia Wallas a.k.a. MARINOCHA
[Sesión Rif-Rock 16 Xullo 2010]

viernes, 16 de julio de 2010

jueves, 15 de julio de 2010

Golden Triangle "Double Jointer" álbum da semana

O álbum desta semana chega dende NYC. Golden Triangle son un sexteto (tres rapazas e tres tipos frikis) que conseguiron unha extraña mestura de postpunk, pop indie, e ritmos garageiros de desconcertan dende a primeira escoita. Temas moi densos nos que continuamente cres estar escoitando outra cousa, ou multitude de cousas en cada pista, cando en realidade todo é moito máis sinxelo do que parece. O seu éxito é ese, bos temas, boas melodías, e ben enmascaradas entre todo tipos de instrumentacións, atmósferas irrespirables, ritmos contundentes e acelerados, e tormentas de ruído e máis ruído. Dende o revivalismo da inicial 'Cinco de Mayo' ata o último exercicio ruidista da parodia 'Arson Wells'.
GOLDEN TRIANGLE
"Double Jointer"
(Hardly Art/Sub Pop, 2010)

descargádeo en SoundWeave:


Cultura Quente 2010

miércoles, 14 de julio de 2010

"KrautRock, the Rebirth of Germany" documental da BBC

Aquí tedes un tremendo documental realizado pola BBC sobre o KrautRock e a Kosmische Musik da RFA entre finais dos 60 e finais dos 70. Con todos aqueles hippies e pseudo científicos que pretendían crear unha nova sociedade através dunha nova música... Aquí os tedes a todos, dende Amon Düül ata Harmonia ou La Düsseldorf, e por suposto pasando por Kraftwerk, CAN, Neu!, Cluster, Guru Guru, Faust ou Tangerine Dream... 
"KRAUTROCK, The Rebirth of Germany"





NEU! "Neu! 2" O clásico da semana.

Para o clásico desta semana voltamos unha vez máis á tola República Federal Alemana dos anos 70, e novamente a Düsseldorf. Non vos presentarei de novo a NEU!, tedes unha breve intro á banda no artigo de Libro de Notas "Kraut Rock (1ª parte): De Improvisación y Metronomía" da columna 'De Ventrílocuos Impostores', e tamén o seu primeiro álbum neste mesmo blog. Por iso hoxe xa tocaba o segundo. Se o seu primeiro álbum revolucionou o sonido, as texturas e a forma de entendela música, no segundo álbum remataron por cambiar para sempre o xeito de facer música e o xeito de gravar e mesturar os temas. Seguindo coa austeridade das súas cubertas, o álbum titulouse sinxelamente "Neu! 2" co número superposto ó mesmo deseño anterior. Pero ahí rematan as similitudes.O álbum representaba os extremos das posibilidades da banda: unha cara A elaborada e moito máis melódica que o seu disco anterior, e unha cara B de auténtico ruido. O q realmente aconteceu foi que se lles rematara a financiación para continua-la gravación, así que os nosos xenios Rother e Dingen decidiron remezcla-los temas xa gravados, a distintas velocidades e a través de distintos mezcladores. Nas súas propias palabras, foi "unha solución pop a un problema pop" que revolucionou as posibilidades da industria e, por suposto, dos artistas. Outra das revolucións deste NEU! 2 foi o emprego do silencio como un instrumento máis, co seu propio tempo e o seu propio ritmo, é certo que seguían as teorías de xenios teóricos coma Stockhausen e Pierre Henry, pero ninguén ata ese momento empregara todos aqueles recursos nun álbum que pretendera ser accesible ó público, e menos tratándose de rock, ou pop... Evidentemente tiña que ser Kraut!!! e a única banda motorik...
NEU!
"Neu! 2"
(Brain Recs/Astralwerks/EMI, 1973)


descargádeo no blog Hijos de Saturno:


*pena q por cousas dos dereiros non podemos insertar nin sequera audios do álbum

Este Venres: Marinocha Vs Jomitallas

Este Venres 16 nova sesión no Rif-Rock:
Mia Wallas a.k.a. MARINOCHA
vs. JOMITALLAS
non vo-lo perdades!!!

martes, 13 de julio de 2010

e mañan... Ben Harper na Quintana!!!




Xº Obradoiro Internacional das Artes Plásticas

Esta semana esta a celebrarse o Xº Obradoiro Internacional das Artes Plásticas de Piloño (Vila de Cruces) organizado bianualmente pola fundación A Solaina, (que se alterna coa bienal das Letras da Fundación Neira Vilas), e cun prestixio internacional que fan q cada ano acodan alí moitos extranxeiros consagrados. Nesta ocasión participan 22 artistas de 12 paises distintos... e alí temos ó gran Rubén Arenaz (non está no programa inicial, por entrar en sustitución de outro compoñente). Aproveita a semana!!!!


*esta é a nova de onte en La Voz de Galicia:

aquí tedes toda a info no seu blog.