viernes, 25 de mayo de 2007
26 de Maio - Rifrockerz!!!!
Levamos xa tempo sen ofrecernos novas, pero desta vez sí que vai... quedaron atrás algunhas sesións propias sen comentar... máis que nada por ofrecervos tracklists e demáis, pero nesta ociasión era imprescindible retomar a actualidade. Aproveitaremos a Free Session dos RIFROCERZ.DjSet (isto é unha sesión libre na que cada un –cando lle apeteza- irá á súa puta bola sen guión previo...) para presentarvos ó últimos volume das series xenérios dos Rifrockerz Series, o nº 85, e tamén será a presentación oficial do anterior 84, que tivo tal honor, pero en fin... de seguro que soará... o Vol.85 é un compendio sen moita lóxica, coma sempre, pero de resultados excelentes (se intenta...): dende a nova psicodelia dos Deerhunter, Pop Levi ou The Ponys, a retornos ó rego coma o de BRMC, ou sinxelamente a presentación da volta dos Smashing Pumpkins (¿tarántula de qué? Ufffffff). Outras novidades coma o sorprendente novo traballo de Cake, os novos singles dos The Men, CSS, The View, ou o xenial Jay Reatard (punk en plan Warsaw, sónanvos?...). Tamén acabaredes por saber dunha vez por todas (esta sí) quénes son realmente os putos Arctic Monkeys... clásicos contemporáneos coma Paul Weller, The Fall e dinosaurios do garage coma Billy Chilldish ou os Fuzztones... Queredes algo máis cercano? Los Imposibles, os portugueses Plástica, os brasileiros (outros máis) Os Autoramas, un Iggy ‘spanish’ Pop... e... qué máis queredes a cambio de nada?
Inauguramos o blog coa programación de maio, este mes non ai concerto algún, pero coma sempre, será variado abondo para que non teñades tempo de aburrirvos:
Venres 11
Unha sesión adicada a toda esa música británica deste século que non está a ter a repercusión mediática de outras bandas que chegan a cansar... esta noite adicámola a unha mestura de powerpop, pub rock, psicodelia, revival garagero e punk...
Sábado 12
O turno habitual de Kurco, que el saberá o que vai a poñér...
Sábado 19
GROOVENIGHT: Juan XXXII vs RIFROCKERZ
Unha noite de ritmos negros (e semellantes)... por suposto soará funk, soul, rhythm'n'blues, boogaloo, latinjazz, bebop e moito máis
Sábado 26
Sesión libre de RifRockerz... sorpresa, sorpresa...!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)