martes, 28 de octubre de 2008

Esta semana: LOS YORK'S, tódo-los seus albumes

Para continuar co artigo dos
Ventrílocuos Impostores
sobre Los Yorks, e posto que non hai videos nin nada diso, e o recopilatorio aínda non o teño en dixital, déixovos os catro álbumes da banda, a discografía completa, que sempre é mellor!!! e así vos compenso polas últimas semanas que vos deixei sen album da semana...

lunes, 27 de octubre de 2008

LOS YORK'S en Libro de Notas.

O pasado venres, como tódo-los 24 de cada mes, unha nova entrega da columna
'DE VENTRÍLOCUOS IMPOSTORES'
en Libro de Notas.

Desta vez adicado ó fantásticos Los York's daquela mítica e nunca suficientemente coñecida anomalía sixtie do Perú:


"...Como muchas veces ocurre, todo aquel movimiento fue casual, espontáneo y efímero, de comienzos poco claros y por motivos que aún nadie puede comprender. [...] ...pero fueron tres las bandas insuperables en actitud, versatilidad en sus adaptaciones y en la creatividad de sus propias composiciones: Los Shain's, Los Saicos y Los York’s. Los primeros se mantuvieron durante muchos años en la memoria debido a la duradera carrera de sus miembros, mientras que los segundos, Los Saicos han sido recuperados hace años como pioneros desubicados del proto-punk debido a lo pesado de su rítmica y a su denso y oscuro sonido, una auténtica anomalía histórica. Sin embargo fueron Los York’s la banda más popular y exitosa de todo el movimiento rock del Perú [...] mucho más beat y psicodélico y mucho más influenciado por el garage de la costa este de los USA. Entonces Pablo Luna se hizo llamar Paul Moon y todo comenzó a funcionar. Sus espectaculares directos, con Luna al frente, hicieron correr la etiqueta de ritmo enfermedad para referirse a su música, para terminar conociéndolos como El Conjunto Enfermedad a modo de apellido de la banda..."

Para ver o artigo completo:
Los York’s, de aquellos locos del Perú (volumen 1)

e lembra: visita a diario Libro de Notas.
e mentras aquí tedes algún dos seus mellores temas:

LOS YORK'S - El Loco:


LOS YORK'S - No me dejes:

LOS YORK'S - El Psicodelico:



LOS YORK'S - Vete al infierno:



LOS YORK'S - Cielo:

jueves, 23 de octubre de 2008

mañan... HARDCORE, con BITO e MUNSTAPHA!!!

este venres 24 de Out.
unha terrorífica noite de
HARDCORE
auténtico
Do it Yourself!!!

con BITO e MUNSTAPHA

Este venres HARDCORE (D.I.Y.) con BITO e MUNSTAPHA!!!

e para ir introducindo a noite ahí van uns cantos clásicos do xénero, e por suposto a primeira banda de Hardcore, como de todo, foi unha banda de negros, sí señores, eles tamén foron pioneiros nisto da velocidade, a violencia e o antisocial, foron os BAD BRAINS:

BAD BRAINS: Attitude:


BLACK FLAG - TV Party:


MINOR THREAT - In My Eyes:


DEAD KENNEDYS - Holydays en Cambodia (Live):


TEEN IDLES - Live 1980:


YOUTH BRIGADE - I Hate my Life:

jueves, 16 de octubre de 2008

Este sábado 18... MADchester Vol4: RIFROCKERZ.DjSet.

este sábado 18 de outubro,
unha nova sesión adicada á escena de
MADCHESTER
o Volumen 4:
ACIDROCK-RETROPOP-ELECTRICWIVES


a cargo dos
RIFROCKERZ.DjSet
Munstapha Vs. Kurco



Unha noite de repaso a unha das escenas máis espectaculares
e influíntes dos últimos tempos:

Manchester 1980-1995

MADchester Vol4: documental "Madchester, the Sound of the North".

E para terminar o repaso, aínda que se quedaron atrás moitas bandas coma BLACK GRAPE (outro proxectos dos irmáns Ryder de Happy Mondays), os grandísimos JAMES, A GUY CALLED GERALD e moitos máis innovadores da electrónica, ou incluso THE SMITHS ou THE STRANGLERS, ademáis de recomendarvos a tremenda peli (en plan falso documental) de Winterbottom sobre Tony Wilson e Factory Records 24 HOUR PARTY PEOPLE, tampouco vos podedes perder o tremendo documental de Granada Television (a televisión local donde comezou toda esta movida da man de Tony Wilson)
MADCHESTER. THE SOUND OF THE NORTH

con todas as imaxes da época, entrevistas, concertos, deseños e deseñadores, os clubes, os álbumes, as bandas, e por suposto a auténtica historia, o punk, o rock, o post-punk, a electrónica e o acid-house, o pop, de como comezou todo, de como a cidade de Manchester se convertíu no centro do mundo, na maior festa continua do planeta, e de como foi a tremenda resaca cando todo terminou ...
TODO MADCHESTER ESTÁ AQUÍ!!!

en youtube está en dividido en oito partes, aquí vai todo:

MADCHESTER. THE SOUND OF THE NORTH:







MADchester Vol4: INSPIRAL CARPETS

Pero si nos metemos en bandas de fondo calado sixtie, eses foron os grandísimos INSPIRAL CARPETS. A rebufo dos Stone Roses e dos Charlatans, en 1990 o seu álbum de debut entrou directamente o número dous de ventas en UK donde estivo moitas semanas, e moitos dos seus singles chegaron ó número 1. A diferencia desta banda radicaba na carga das súas guitarras, pero sobre todo era a potencia do seu órgano o que os facía destacar, dándolles moita forza e un toque de evolución sixtie moi peculiar:

Generations:


Find out Why:


Unha xoia: Inspiral Carpets + Mark E. Smith de The Fall facendo 'I Want You':


Joe:

MADchester Vol4: THE STONE ROSES vs THE CHARLATANS.

Mentres ós Happy Mondays se lles iba totalmente o control da súa vida, surxiron a finais dos 80 dúas bandas que marcaron un punto de inflexión, non renegaban da electrónica nin do acid nin da idea xa extendida de Rave On! polos anteriores, pero introducian as influencias da xeración beat, a psycodelia ó máis puro estilo sixtie en toda esta historia. Ó pouco tempo The Stone Roses morreron de éxito, como buque insignia dun novo movimento que eles non propuxeran... The Charlatans triunfaron doutro xeito, ainda hoxe en activo (ainda que xa moi mediocres) a súa ampla discografía esta chea de números#1 e temas que xamais esqueceremos, pero tra-la disolución dos Stone quedaron novamente solapados por unha terceira oleada deslocalizada do que foi o britpop dos 90, pero ahí seguen...

The Stone Roses - Fools Gold:


The Stone Roses - Begging You


The Charlatans - How High:


The Charlatans - The Only One I Know:

MADchester Vol4: HAPPY MONDAYS

Happy Mondays, unha da bandas máis disparatadas e tolas da historia da música, pero das máis serias á hora de facer POP con maiúsculas:

Tart, Tart:


24 Hour Party People:


Rave On (Live 1990):


Hallelujah:

MADchester Vol4: ritmo e máquinas con...

Seguimos con outras tres bandas importantes:
Primeiro a que foi a banda favorita (nun principio) do defunto Tony Wilson:

A CERTAIN RATIO "Shack Up":


a experimentación pura de
808 STATE "Olympic":


Os incomprendidos DURRUTI COLUMN:


e os multimillonarios suxidos das cinzas de Joy Division, NEW ORDER, con "Blue Monday",
o video orixinal de 1983:

e a nova versión de 1988 (a máis coñecida) na reedición do maxi-singles máis vendido da historia, que contaba coa versión longa de 9 minutos:

MADchester Vol4: THE FALL

Agora os máis grandes de todos, ou mellor dito, o máis grande de tódo-los tempos, MARK E. SMITH, o xenio que creou o post punk como hoxe se entende, quen superou o arty no punk, quen introduxo a maquinaria electrónica no garage e o fusionou co kraut-rock, un visionario, un tolo, un imprescindible, o músico e a banda favorita do inesquecible John Peel, o máis grande, ou o que é o mesmo:
THE FALL:

Dead beat descendent


Mr. Pharmacist:


The Classical (audio):



O imprescindible documental "The Wonderful and Frightening World of Mark E. Smith
", do que vos deixo só a primeira parte (de nove cortes nos que está dividido en youtube, outro día vo-los poño todos!!!)

MADchester Vol4: THE BUZZCOCKS

Para comezar a introducir a sesión vaiamos presentando videos das bandas que máis soarán este sábado. Para comezar:
The Buzzcocks, como sempre se dí, primeiro foron eles, logo todo o demáis, polo menos na deprimida Inglaterra dos 70:

"What do I get"


"Ever Fallen in Love":


Orgasm Addict (Live 2007):

miércoles, 15 de octubre de 2008

Este sábado 18... MADCHESTER vol. 4!!! cos RIFROCKERZ.djSet


Este sábado 18 de outubro unha nova sesión dos
RIFROCKERZ.djSet
adicada á apaixoante escena que conquistou o mundo:
MADCHESTER
nunha nova entrega, o
Volumen 4:

ACID ROCK - RETROPOP - ELECTRIC WIVES
unha mestura explosiva na que desfrutaredes das mellores
bandas
de Manchester entre os 70 e os 90.

lunes, 6 de octubre de 2008

RifRocKerZ Series Vol. 100 (ed. 9º aniversario)

Ben e para os que non puidéchedes vir estos días, ou non vou dou a real gana, aínda que non o merecedes, aquí tedes o volume recopilatorio RIFROCKERZ SERIES VOL.100
unha edición especial para celebrar os 9 anos do local, de regalo para tódo-los clientes,
ahí o tedes:
http://www.megaupload.com/es/?d=RM45G3XB


jueves, 2 de octubre de 2008

Nova tempada RIFROCKERZ!!!

Rematou setembro e tóda-la parafernalia de festexos dos 9 anos do Rif-Rock, a falta de que aínda quedan pendentes algunha cousa que subir (videos do concerto da RifRocKerZ BluesBand) o volume 100 das RifRockerZ Series (que foi o cd de regalo deste ano, coincideu así, número redondo, e de seguro que esta semana estreamos o 101!!!) e de seguro que algunha cousa máis...
Pois iso, que comeza outubro, e como cada ano estreamos tempada, a que terminará coa celebración dos 10 anos do Rif-Rock, que xa e bastante, e porsuposto contaremos con novos djs coloboradores, novas propostas en directo e moitas máis sorpresas!!!
mantédevos infromados aquí!!!
e que queredes que vos diga???
esta claro na postal do inverno 2008-2009 non?
a desfrutar da boa música, coma sempre!!!
partiallnite!!!