domingo, 31 de julio de 2011

Festa do Bigote!!! (falta 1 semana...)

Amigos RifRocKerZ!!! Xa só falta unha semana para a 
3ª FESTA DO BIGOTE
7 de Agosto, Domingo do Albariño.


CTK renovada.

Cambados.tk (CTK) é a pioneira e o emblema das webs cambadesas, dende o 2005 informando e axitando conciencias, e a quen non lles guste q se foda... Agora Óscar volve a mudar de aloxamento e deseño. Se ben mantén o dominio Cambados.tk, cambia de aloxamento dende blogaliza a wordpress, así que a súa dirección real agora será cambadostk.wordpress.com xa con novo deseño e anunciando novas seccións, sobre todo de opinión con novos colaboradores (entre as que eu agardo unha que sexa un cambadés no país dos mormóns, ou algo así...). 

jueves, 28 de julio de 2011

Venres 29: LOS PIES MOJADOS en concerto

Venres 29 Xullo (despois da medianoite)
LOS PIES MOJADOS
A.K.A. Nestor R. Pardo & Los Hermanos Lorre
(membros dos ALLNIGHT WORKERS)


THE ALLNIGHT WORKERS é unha superbanda galega formada por membros dos Phantom Keys, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Loveless Cousins e Trashtornados. Obsesionados polos vellos sonidos do R&B e o swing, os seus temas son primitivos e aínda máis coidados, como amosan o seu álbum de debut "This Only Happens Once" (Grabaciones de Impacto, 2010) que foi grabado co prestixioso Cherry Casino no seu estudio de Berlín Lightning Recorders e seguindo un proceso 100% analóxico para a edición de luxo en vinilo, que foi aclamado polo público e a prensa (locutores de Radio:3 de Rne como Diego R.J. son incondicionales) como un dos mellores álbumes e proposta en directo do que vai de ano (reseñas en El Sótano de Radio 3La Fonoteca e no Ruta66). Agora cun parón estival nos seus concertos despois de tanto festival, temos a oportunidade de desfrutar da metade da banda no Rif-Rock, transformados en LOS PIES MOJADOS con Nestor R. Pardo (ex.Loveless Cousins) e os Irmáns Lorre (Jorge e Martín López, ex-Hijos Bastardos de Peter Lorre) cun formato semi-acústico que non vos deberiades perder!. 


Venres 29 de Xullo despois da medianoite...

miércoles, 27 de julio de 2011

plan-b para o xoves 28... Swinging London.

Os habituais dos xoves polo Rif-Rock xa sabedes das ausencias do dj dese día, así que alomenos para esta semana (xoves 28) temos preparado un plan-B, sen moita complicación, unha sesión de Munstaphà sobre o Swinging London, centrándonos sobre todo nos álbumes de 1968, en principio ía ser só con álbumes en directo e BBC sessions, pero por si non había tempo a montalo todo decidimos deixalo así...


Ten Years After "Undead"

A fin de semana pasada comentábamos no local sobre os nosos álbumes de directo favoritos, sen ningunha dúbida este é o meu, "Undead" dos Ten Years After, dende que chegou ás miñas mans hai xa moitos anos nunca me canso de escoitalo. Supoño que moitos os coñecedes ou a maioría vos soarán non? ben, pois contextualizamos: co revival británico do rhythm'n'blues na segunda década dos 60, a efervescencia da era Mod foi derivando cara o Swinging London, rhythm'n'blues moito máis sofisticado e psychodélico, con Cream e The Jimi Hendrix Experience á cabeza, surxiron moitas bandas do xénero, entre elas Ten Years After chegaron a disputarlles o número un en ventas e popularidade, se ben as anteriores foron breves e se convertiron en eternas, TYA probaron demasiado a súa sorte e a súa fórmula terminou por esgotarse. A súa primeira etapa coa formación orixinal abarca os anos dende o 67 ó 74, período no que publicaron 12 álbumes tanto de estudio, coma directos, para eles non había diferencia algunha. Sobre todo foron os seus primeiros catro álbumes os que os convertiron nunha banda de primeiro nivel, "Ten Years After" de 1967, "Undead" e "Stonedhenge" de 1968, e "Ssssh" de 1969, que unidos á súa crecente fama en directo (os seus concertos nos festivais de Woodstock ou na illa de Wigh, ou o directo do Fillore East do 70 foron dos máis recoñecidos na súa época). Logo a fama de Alvin Lee como virtuoso guitarrista foi derivando TYA cara unha banda de lucimento do seu front-man e rematando nunha especie de orquesta que se versionaba a sí mesma. En 1974 se separaron para voltar en varias ocasións para xirar durante os 80, e na última ocasión ata a actualidade. Aquí vos deixo o álbum "Undead" o seu segundo álbum, grabado íntegramente en directo, de calidade incuestionable, e que por moitos motivos para mín é o mellor álbum en directo da historia... "Undead" recolle unha actuación de TYA no pequeno clube de jazz londinense Klook's Kleek en maio de 1968, na súa edición orixinal contiña 5 cortes, que na edición dixitalizada do 2002 creceu con 9 temas máis. 
Blues ácido que non podedes deixar pasar!!!

TEN YEARS AFTER "Undead"
(Decca Recs, 1968)


faite con el no blog Complete Album Download:
*na entrada podedes descarga-la edición orixinal de 1968 ripeada do lp, ou a edición en cd do 2002 ampliada.


martes, 26 de julio de 2011

Isi Vaamonde en Disco Grande de Radio3.

Hoxe estivo Isi Vaamonde coa súa banda no programa Disco Grande de Radio3 xunto con Julio Ruíz, presentando o que será o seu novo traballo "Live in Heartland" (será o seu primeiro LP) mentres busca selo que o publique ou se decide pola autoedición. Esperemos que o programa de hoxe sexa un bó empurrón para que canto antes poidamos telo nas máns. Aquí vos deixo o enlace para escoitar online ou para descargar directamente esta edición cambadesa de Disco Grande:
La Brisa Americana de Isi Vaamonde Band.





Hoodoo Gurus "Purity of Essence"

O ano pasado volveron The Hoodoo Gurus e aínda que só falamos deste álbum pola estupenda portada de Doug Bartlett xa era hora de protagoniza-lo noso álbum da semana. Seis anos despois do "Mach Schau" no que volvían con máis potencia ca nunca, os australianos retomaron no 2010 a súa habitual fórmula que os convirteu na mellor banda de power pop do planeta, con doses de garage e soul. Son 16 temas, que igual son demasiados, pero para unha destas bandas si tes temas montados... para qué esperar máis??? en España editado nas Solid Gold Series en tirada limitada en doble vinilo con 500 copias. Eu a semana pasada por fin me fixen cunha delas. 16 temas que igual son moitos, sí, pero entre elas auténticas xoias da súa marca como 'Crackin' Up' (que xa publicaron como single a finais do 2009) e os seguintes singles 'I Hope you're Happy' ou 'What's in it for me?', pero outras moitas coma o cañonazo habitual de 'Burnt Orange' ou 'Only in America', cara o final xa hai moitos medios tempos, pero xa que están tamén se poden escoitar... 

HOODOO GURUS "Purity of Essence"
(Hoodoo Gurus Recs./ Sony / Solid Gold Series 2010)


faite con Purity of Essence no blog I Love Pop Music:
*no enlace de descarga Sharebee escollede a opción de Deposit Files.


lunes, 25 de julio de 2011

Festa do Bigote!! (quedan 2 semanas...)

En dúas semanas... 3ª Festa do Bigote!!!
7 de Agosto, Domingo do Albariño. Ide preparando complementos...


domingo, 24 de julio de 2011

'Del Apropiacionismo (traduciendo por el Sur)' en LdN.

Hoxe en Libro de Notas unha nova entrega da columna De Ventrílocuos Impostores. Seguimos coa serie ambulante que nos acompañará o resto do verán, adicado ó apropiacionismo, ás copias e ás versións. Desta vez cuns cantos exemplos da máis sinxela das adaptacións para traspara-las barreiras culturais, a traducción das letras dos temas de éxito. Hoxe de paseo por sudamérica, México e Perú:




Hoy continuamos con las entregas sobre el apropiacionismo, sin teorías ni más historias sobre debates de autoría ni otras complicaciones. Hoy nos vamos directamente a las refrescantes versiones que muchas veces se limitan a la traducción de los grandes éxitos anglosajones. En Europa las hordas yeyé capitalizaron el fenómeno de las versiones traducidas, el fenómeno fue enimentemente francés, con importante repercusión en Italia y España, y en menor medida en Alemania y los Paises Bajos, con aquellas versiones orquestales, normalmente con arreglos soul y sus letras traducidas como mejor les parecía (muchas veces nada que ver con el original), en las que lo importante era la música y la melodía, ya de éxito, y luego traducir su mensaje para todo un nuevo mercado. Pero la importancia del fenómeno en la España de los 60 no tuvo solamente la influencia del país vecino. Sudamérica fue una fuente inagotable de transmisión de todas aquellas canciones, que en muchas ocasiones triunfaban aquí sin ni siquiera tener noticia de las originales, y que aún así todavía sufrían versiones cañí. Así que hoy toca un paseo por la inmediatez de las traducciones sudamericanas.

En la entrega del mes pasado: introducimos el tema con la versión de 'Hey Joe': de Los Locos del Ritmo, de modo que seguiremos con otras bandas mexicanas, para terminar en Perú con Los Shain’s.

‘Poison Ivy’ fue un clásico de las matinées y los guateques durante años. El tema es original de los estadounidenses The Coasters. Fue uno de sus mayores éxitos, sobre todo con el paso de los años. Compuesta y grabada en 1958, no fue publicada hasta el año siguiente (‘Poison Ivy’ Atco, 1959) compartiendo la cara b con ‘I'm A Hog For You’. Aquí teneis a The Coasters interpretando ‘Poison Ivy’ en 1960 (el tema comienza en el minuto 2:30’).


También les podéis ver aquí haciendolo en directo 50 años después, la energía ya es otra, un auto-homenaje en toda regla, como versionarse a sí mismos. Con ‘Poison Ivy’ The Coasters se colocaron en el número 1 de muchas de esas decenas de listas de ventas temáticas de los USA, y alcanzando el top ten de ventas absolutas tanto en USA como en el Reino Unido. Tan inmediato como su éxito, aparecieron las versiones, en el mundo anglosajón las más directa fue la que realizaron los británicos The Hollies en 1963: (y como 20 años después, ya en la 2ª oleada Mod, The Lambrettas facturaron la versión más famosa durante muchos años y todavía más festiva a ritmo de ska), Pero como hemos dicho, las versiones latinas eran casí inmediatas. Con los inicios del rock’n’roll, en México DF se formaron en 1958 Los Rebeldes del Rock y desde el primer momento recurrieron a esa fórmula de éxito. En su primer álbum de 1960 incluían esta fantástica versión, titulada ‘Hiedra Venenosa’ todo un super éxito:


La fórmula se convirtió en filón instantáneo en México, y así surgieron conjuntos dedicados casi en exclusiva a este tipo de versiones, Los Rockin’ Devil, Los Apson, Los Johnny Jets, Los Belmont o Los Yaki solo por citar a algunos de los más populares:

Los Rockin’ Devils fueron uno de los más irreverentes a la hora de versionar y traducir, formados en Tijuana en 1961 dieron lugar a adaptaciones tan delirantes como la del 'Woolly Bully' de Sam The Sham & The Pharaohs, convirtiéndola sin contemplación en este ‘Bule Bule’:


O esta mucho más amable ‘Es Lupe’ que versionaba el 'Hang on Sloopy' de The McCoys:

Los Yaki son ya de la segunda mitad de los 60, y aunque dedicaron sus esfuerzos a triunfar con sus propias composiciones, con el paso del tiempo serán siempre recordados por este fantástico ‘Nadie como yo’ que versiona (como nadie) el 'Nobody but me' de los Isley Brothers:


Los Johnny Jets fueron quizás quienes menos escrúpulos tuvieron a la hora de versionar, todo les valía, desde The Turtles, The Rolling Stones, o el mismísimo James Brown con su 'I feel Good' que los mexicanos convirtieron en este disparate de ‘Bule Bu’:


Aunque también facturaron otras muchas de mayor fortuna como “Susie Q” de la Creedence Clearwater Revival:


Pero sobre todo, la adaptación que más me gusta de los Johnny Jets es ‘Fiebre’ una versión tremenda de la sensual 'Fever'  de Little Willie John, sin duda las más acertada:


Por último Los Apson fueron otros francotiradores de las versiones, aunque quizás con más criterio y mucha más calidad técnica. De todas yo me quedo con el “For your Love”:http://www.youtube.com/watch?v=HU5zqidlxMQ de los Yardbyrds:


Pero hagamos una siguiente parada más al sur, en Perú, las versiones ya no eran tan inmediatas como en le caso mexicano, y en algunas ocasiones recurrían a auténticas rarezas del underground.

Como contrapunto a los ejemplos anteriores, centrémonos en Los Shain’s, que afrontaban las versiones quizás no tanto como fórmula de éxito si no como pura mitomanía, pero recurriendo también a la traducción. Volvamos a The Yardbyrds, aunque 'Train Keept a-Rolling'  era original de Kity Bradshaw de 1951, fueron los Yardbyrds quienes la convirtieron en el poderoso rhythm’n’blues que todos conocemos, para que luego los Shain’s la convirtiesen en este ‘El Tren pasa esta noche’ ya en su último álbum (‘Docena tres’ de 1968):


Paul Revere con sus Raiders tuvo cierto éxito en USA con varios singles, pero el tiempo le ha sentado normalmente bastante mal. Uno de sus hits más comerciales fue 'Kicks' en 1966, que Los Shain’s convirtieron en ‘Pesadillas’ en su “Segundo Volumen”, de 1967:


Pero el cúlmen de Los Shain’s en este campo se había producido en su primer álbum (como veis vamos hacia atrás), al tomar una canción del más absoluto underground del garagepsych de una banda de Dallas, el tema era The Crusher, de los efímeros The Novas, algo totalmente primitivo:


... al que los Shain’s añadieron la introducción del ‘Out of Limits’ con una letra de surrealismo espacial que la convierte en única en su categoría para convertirse en ‘El Mounstruo’:


Y así terminamos la entrega en lo más alto, creo yo, no?
En agosto un poco de yeyé...
  




Mon Falcón
Ver artigo orixinal en LdN con enlaces, discografía, comentarios, etc...
[Publicado en Libro de Notas o 24-07-2011]

Hoxe no Continental...

sábado, 23 de julio de 2011

Descarga o recopilatorio do "12º Aniversario do Rif-Rock"

Aquí téde-lo clásico de tódo-los anos, o recopilatorio do
12º Aniversario do Rif-Rock.


*[tedes a portada e a galleta no rar en tamaño orixinal].



viernes, 22 de julio de 2011

descarga "Cacatone Vs Comomepos"

Aquí tedes a selección que nos quedaba pendente de subir do sábado 9, 
da sesión que enfrentou a Cacatone Vs Comomepos!


CACATONE Vs COMOMEPOS "Sesión 12º Aniversario"
(sesión Rif-Rock 9 de Xullo 2011)


descarga Cacatone Vs Comomepos!

jueves, 21 de julio de 2011

Venres 29: LOS PIES MOJADOS en directo

Xa rematamos todo o programa do noso o aniversario, pero aínda tiñamos unha bala na recámara para remata-lo mes de xullo por todo a alto cun concerto de moito nivel...

Venres 29 Xullo (despois da medianoite)
LOS PIES MOJADOS
A.K.A. Nestor R. Pardo & Los Hermanos Lorre
(membros dos ALLNIGHT WORKERS)


Feira do Disco 2011 no Vinilo



Xoves 21 de Xullo
unha nova edición da
FEIRA DO DISCO  


Pub Vinilo de Ogrobe. 
Rúa da Praza, 38.
Será entre as 19:00 e as 21:30h.


Nota do seu evento no facebook:
"Xa sabes que se tes algo que ensinar/vender (colección persoal, maquetas da túa banda, comics, fanzines,....) ponte en contacto con nós vía facebook".

E sobre todo a ver que se pode mercar...

miércoles, 20 de julio de 2011

martes, 19 de julio de 2011

concerto de Partículas Inestables (pt1)

Ahí tedes o concerto completo de Partículas Inestables Vs. El Engendro Mecánico que poñía fin ó programa do 12º Aniversario do Rif-Rock. Gracias ós tres, Isidro, Alipio e Piti, e a Kurco pola grabación e a sesión posterior, e a Jorge e Sandra polo proxector para o enxendro!
Neste primeiro tramo que se correspondía coa proxección do Enxendro non vou a poñelo por orde, (aínda que só varían dous temas) pero nesta primeira entrada vou engadír só os temas compostos por Partículas Inestables para a ocasión.
*Pero sí podedes ve-lo todo na orde orixinal na lista de reproducción.

concerto de Partículas Inestables (pt2)

Aquí van tóda-las versións incluídas no primeiro set co Enxendro Mecánico:


concerto de Partículas Inestables (pt3)

E para rematar, nos bises, Partículas Inestables presentáronnos un dos novos temas da súa banda principal, LOVE AS MENTAL DISORDER "The Longest Way", para rematar con clásicos de punk español Vulpess, Parálisis Permanente e Kaka de Luxe:

Fotos dos concertos

Ahí van unhas cantas fotos, que fixemos moi poucas dos dous concertos do aniversario:



lunes, 18 de julio de 2011

descarga sesión de Kurco SoundSystem

Aquí téde-la selección que nos envía Kurco da súa sesión SoundSystem, entrega especial 12º Aniversario tra-lo concerto deste sábado.

KURCO SOUNDSYSTEM "Sesión 12º aniversario"
(sesión Rif-Rock 16-07-2011)


descarga SoundSystem!!


Festa do Bigote!! (quedan 3 semanas...)

En tres semanas... 3ª Festa do Bigote!!!
7 de Agosto, Domingo do Albariño. Para despistados de última hora, ou polo menos para que busquedes postizos testos...


viernes, 15 de julio de 2011

Este Sábado: Partículas Inestables

Este fin de semana rematamos coa programación do noso 
12ºAniversario.

Hoxe venres outra ob-sesión de Munstaphà

e mañán, Sábado 16, 
concerto de PARTÍCULAS INESTABLES 
+ sesión de KURCO SoundSystem.

Para pechar o programa do aniversario, chega ó Rif-Rock novamente a banda paralela dos Love As Mental Disorder, desta vez co show PARTÍCULAS INESTABLES VS El ENGENDRO MECÁNICO, nunha nova transformación que coma sempre virá con máis de unha sorpresa ... e despois, sesión a cargo de KURCO SoundSystem!!!


Non vo-lo deberiades perder!!!

jueves, 14 de julio de 2011

Poster Children "New World Record"

O álbum desta semana é dunha das bandas que máis inxustamente foron esquecidas da década dos 90. Poster Children eran dos arredores de Chicago, e influenciados por toda a súa escena de post-rock evolucionada dende o hardcore, foron aplicándolle ó seu son unhas particularidades que os convertiron en únicos, nos seus primeiros álbumes cecais pecaban de empregar recursos electrónicos, programacións e sintetizadores cando non viña a conto, pero en 1999 lanzaron este "New World Record" o cumio da súa carreira, un álbum case perfecto de rítmica envolvente e guitarras afiadas que te engancha de principio a fin... xa non lembro como chegou naquel momento este disco orixinal ás miñas mans, pero ahí estivo, ata que este ano apareceu en medio de ese paquete que orixinou as sesións da Vinganza de Charles Bronson... (algún día vos contarei de certo de qué vai o asunto...). E como vos decía ó comezo, pasaron tan desapercibidos no tempo, que nin tan siquera atopei outro blog que o compartira. Eso sí, o das portadas e o deseño, nunca foi o deles... Non deixedes pasar este discazo!!!!


POSTER CHILDREN "New World Record"
(SpinArt Recs, 1999)


faite con NewWorldRecord!!!


miércoles, 13 de julio de 2011

descarga sesión de Marinocha!

Aquí téde-la selección que nos fixo Marinocha (Mia Wallas) 
da súa sesión do pasado venres en 15 cortes...

MARINOCHA (sesión Rif-Rock 8-07-2011)


descarga sesión de Marinocha!!

lunes, 11 de julio de 2011

Festa do Bigote!! (quedan 4 semanas...)

En catro semanas... 3ª Festa do Bigote!!!
7 de Agosto, Domingo do Albariño. Para quen teña q irse preparando xa...


viernes, 8 de julio de 2011

Este finde: Marinocha, e Cacatone Vs Comomepos

Este fin de semana continuamos co programa de aniversario, 
desta vez tocan sesións
Hoxe, Venres 8: MARINOCHA.
e o Sábado 9, combate de selectores entre CACATONE e COMOMEPOS!!!

Ademáis este finde comezamos coa tempada de verán abrindo o domingo, 
e xa dende a próxima semana de xoves a domingo.

jueves, 7 de julio de 2011

"Psych-Out" BSO (1968)

E agora imos cunha das máis míticas e simbólicos bandas sonoras de tódo-los tempos. O filme Psych-Out é un dos cumios do cinema dos 60, en canto ó xénero contracultural de época, como retrato xeracional e como intento dunha nova linguaxe experimental. Dirixida por Richard Rush en 1968, contaba no seu reparto cun xovencísimo Jack Nicholson, Susan Strasberg e Dean Stockwell como trio principal. A historia é a de Jenny Davis, unha xorda fuxitiva da xustiza que vai a San Francisco, ó barrio de Haight-Ashbury na busca do seu irmán desaparecido, un activista hippie comprometido con toda clase de protesta vinculada á busca da paz a través de cristo... e atopa en primeiro lugar a SToney (Jack Nicholson) que é o guitarrista dunha banda psichodélica da cidade: Mumblin' Jim. Comezan a busca, e o resto xa tedes que averigualo vós. Só vos engado que aquí os lumbreras encargados dos títulos a traduciron por 'Pasaporte a la Locura'...

O filme e moito máis que aceptable, pero o que catapultou a esta cinta foi a sua sobresaínte banda sonora, na que participan The Seeds, Strawberry Alarm Clock, e os esquecidos Böenzee Cryque (unha das mellores bandas de hard-psych que pasaron totalmente inadvertidas co tempo), ademáis están as composicións de Ronald Stein, que son interpretadas aquí por The Storybook. Así atopamos grandes clásicos dos Strawberry Alarm Clock, como a inicial 'Inciense and Peppermints' que sen embargo, logo non foi incluída na edicion da BSO, e outros dos seus grandes temas como 'Rainy Day, Mushroom Pillow' ou 'The World's on Fire'. Tamén está o 'Two fingers pointing on you' de The Seeds, e o contundente 'Ashbury Wednesday' dos Böenzee Cryque. Un filme único deses que marcan época, e unha bso que todos quixeron emular...

"Psych-Out" BSO
(AIPC, 1968)


faite con Psych-Out! no blog Hippy-Djkit:




Paul Giovanni "The Wicker Man" BSO

Xa que últimamente anda bastante persoal revolto coas bandas sonoras, agora xa non orixinais, por iso deixei o asunto (eh???), imos poñer un par das miñas favoritas que caín na conta que nunca comentara no blog. A primeira é unha desas rara-avis que ademáis de acompañar a unha peli fenomenal, ten unha boa historia ó marxe. The Wicker Man de 1973 é un dos mellores filmes de terror dos anos 70, dun pequeno estudio británico (British Lion Fims) que se atreveu a competir con Hammer Films, incluso contando cun dos seus totems no reparto (Christopher Lee). Foi dirixida por Robert Hardy e co guión de Anthony Shaffer. Non vos contarei a pelí, pero sí vos esixo que a vexades, eu nunca me canso, auténtico paganismo a-go-gó!!! Cultos ancestrais, seducción e sacrificio, nunha pequena illa inglesa... e por suposto tamén vos recomendo que nunca, pero nunca vexade-lo insultante remake que no 2006 se atreveu a facer o patético Nicolas Cage. 
A banda sonora de The Wicker Man foi composta e arranxada na súa totalidade polo compositor neoiorquino Paul Giovanni, moi pouco prolífico, de feito traballaba normalmente para outros e apenas hai un par de obras da súa firmam, pero esta The Wicker Man é de un nivel superior. De feito está considerada unha das mellores bso da historia. Giovanni fixo un excelente traballo recollendo cánticos tradicionais que se remontasen a épocas precristianas para face-los arranxos pertinentes, e engadille numerosas pezas de folk psychodélico, que na maior parte están cantadas polos propios actores, e interpretadas por Magnet, unha banda composta por seis músicos pertencentes a Hocket, e algunha promesa recén saida do Royal College of Music (entre eles Gary Carpenter, Peter Brewis e Ian Cutler)... O filme The Wicker Man tivo un enorme éxito, e as composicións de Giovanni foron aclamadas na época coma renovadoras da nova corrente de psychodelica folk británica que estaba a triunfar, pero sen embargo nunca se editou a bso, nada máis e nada menos que ata 1998, cando Trunk Records se fixo cos dereitos e publicou unha edición en mono, tal cual estaba tomada do filme, se separa-los efectos sonoros das composicións, e deixándose atrás unha das máis importantes pezas de Giovanni para o filme, 'Gently Johnny'. Uns anos despois, en 2002, Silva Records conseguiu a cintas orixinais de Carpenter da grabación, e conseguiu editar a bso xa en estéreo, limpa de efectos e xa incluíndo o 'Gently Johnny' perdido ata entón, e a censurada 'Willos's Song' (que dende youtube non deixan insertar, pero podedes vela aquí. Unha auténtica xoia que co paso dos anos segue gañando aínda moito máis peso.

Paul Giovanni & Magnet "The Wicker Man OST"
(1973, reed. Trunk/Silva 1998)


descárgao no blog Orexis of Death:


miércoles, 6 de julio de 2011

descarga o concerto da RifRocKerZ BluesBand!!!

Hoxe inauguramos sección nova, polo momento é a modo de experimento, pero si gusta seguiremos con ela. Sabedes que grabamos case tódo-los concertos en video, como poidan saír, e logo os subimos a nosa canle de RifRocKerZ en youtube. Ben, xa sabedes da nosa teima por compartir o maior número de cousas que facemos e que as poidades descargar e facer con elas o que vos de gana, e como subilos videos e logo descargalos leva demasiado tempo nesta esquina do mundo, optamos desta vez por convertilo en audio para que tódo-los que queirades o poidades gardar para a vosa colección, en disco duro, pasalos a cd, o que queirades... Evidentemente non o poderemos facer con tódo-los concertos, pero sí con bastantes. O audio non sempre será moi decente, pero nalgúns coma este pode pasar.
Así que polo momento esto vai como proba, preséntovos o primeiro volume das Rif-Rock Live Series, por suposto co concerto da RifRocKerZ BluesBand do pasado sábado (2 de xullo do 2011) coa que celebrámo-lo 12º aniversario do local (podedes velo completo na nosa canle de youtube, en lista de reproducción, ou por partes neste blog: 1ª parte, 2ª parte e 3ª parte). Ós músicos aínda non lles pedín permiso, pero unha vez que xa están subidos os videos supoño que non haberá problema, ademáis tamén é unha sorpresa para eles. 

RifRocKerZ BluesBand "Live Rif-Rock 2 xullo 2011"
(Rif-Rock Live Series#1, 2011)


descarga o concerto da RifRocKerZ BluesBand!

E o dito, si gusta, seguiremos subindo en audio moitos dos concertos que temos gardados... Xa me contaredes que vos parece.


descarga sesión "SpockSystem!" de Kurco

Aquí téde-la última sesión do mes pasado, de Kurco o sábado 25 de xuño.

KURCO SOUNDSYSTEM "SpockSystem!"
[sesión Rif-Rock 25-06-2011]


descarga SpockSystem!.

martes, 5 de julio de 2011

Concerto da RifRocKerZ BluesBand (1ª parte)

Aquí téde-lo concerto completo deste sábado, o día grande do noso aniversario, coa RifRocKerZ BluesBand pasando totalmente de Jim Morrison, como debe ser!!! 
Tremendos cracks que viñeron a monta-la festa, Paco, Piti e Karlos, moitas gracias!!! e menuda jam session!!! aquí o tedes todo en 3 entradas...
pero, si preferides todo seguido tamén o tedes nunha lista de reproducción.



Concerto da RifRocKerZ BluesBand (2ª parte)

Concerto da RifRocKerZ BluesBand (3ª parte)

Bueno e este xa é o final do concerto, os tres últimos temas, seguro que aínda quedaban unha ou dúas pezas, pero xa sabedes, chegou a policia e tal... 
un final mítico para unha boa jam!

lunes, 4 de julio de 2011

Gracias!!!




Que animalada de sábado! Gracias a todos por vir, á RifRocKerZ BluesBand (Piti, Paco e Karlos) e a Bibliotecario Yeyé, polo concerto e a sesión, nin a policia quixo perdelo!!! 

E tamén os mestres pasteleros polas tartas!!! (da 1ª de Javieriño de Prol non hai foto, a ver si aparecen!!¡) Ben, de feito nós case non temos fotos, así que se algún no-las pode ir mandando sería estupendo. O que sí temos son os videos do concerto, que nestes días iremos subindo.

GRACIAS A TODOS. Este venres máis...