jueves, 29 de marzo de 2012

Xoves 5: The Cra$h Converters en concerto.

Dende decembro do 2011 tiñamos pendente a continuación dos directos das Jazzerz Live Series, co seu peculiar formato intimo e reducido. E nesta ocasión imos coa vertente máis heterodoxa. Se en tódo-los festivais de jazz que se precien sempre aparece unha boa dose de blues, esta é a nosa primeira ración. THE CRA$H CONVERTERS son un trio formado por tres clásicos dos directos do Rif-Rock, Isidro, Sito e Piti que dan vida a unha nova cara do universo paralelo de 'Incomodo', e transfórmanse desta vez nunha retorcida trituradora de vellos clásicos do blues, pero tamén de algunha peza non tan lonxana. Será o Xoves 5 de abril, así que xa sabedes, en Semana Santa toca un pouco de blues!!!

THE CRA$H CONVERTERS
en concerto!!
Xoves 5 de abril 2012. 23:30h.


descarga "Kim Jong Un... of course!"

E con un pouco máis de retraso aquí téde-la sesión que nos envía Kurco Sound System seleccionada do material do sábado 10 de marzo, toda unha declaración de amor ó seu novo lider... Kim Jong Un, of course!!


KURCO SOUND SYSTEM "Kim Jon Un... Of course!!"
(sesión Rif-Rock 10 marzo 2012)
faite con Of Course!.


miércoles, 28 de marzo de 2012

Descarga "100% Pure Cacatone Sounds" Vol.1

Aquí tedes o primeiro volume de todo o material que nos deixou Michi Cacatone da súa sesión do pasado sábado 100% Pure Cacatone Sound!!!. Son tres en total, os seguintes xa os iremos subindo a próxima semana con máis calma. 


MICHI CACATONE "100% Pure Cacatone Sounds Vol.1"
(sesión Rif-Rock 24 marzo 2012)



martes, 27 de marzo de 2012

"American Hardcore" por Steven Blush

Xa había tempo que quería compartir no blog o documental "American Hardcore. The History of American Punk Rock 1980-1986", que é unha especie de adaptación do libro de Steven Blush "American Hardcore, a Tribal History" do 2001, pero non foi ata esta semana que dende Birmingham me enviaron un exemplar fabuloso da súa segunda edición, revisada e ampliada, e publicada en novembro do 2010, xa pasou tempo da primeira e dende logo nin pistas de previsión dunha edición nas españas. Así que encantado estou co agasallo!!. 

Steven Blush 
"American Hardcore, a tribal History"
(Feral House, 2001)

Na súa versión orixinal trata fondamente o movimento hardcore dos USA, tódo-los seus estilos, as diferencias entre os dous extremos do pais, e as súa principais derivas, por suposto con amplas entrevistas cos seus principais protagonistas, ademáis dunha guía minuciosa de bandas, álbumes e demáis prublicacións. Esta segunda edición de case unha década despois, é unha revisión ampliada, de case 100 páxinas máis, que conta con novo material antes descatalogado, ou que non tivera o seu debido recoñecimento, con 25 entrevistas máis, e un novo capítulo titulado Destroy Babylon que afonda na deriva espiritual do movimento. Unha auténtica marabilla. 

Pero sobre todo esta obra de Blush tivo o seu éxito polo documental do mesmo nome que se estrou no Festival de Sundance do 2006, titulado "American Hardcore. The History of American Punk Rock 1980-1986" dirixido por Paul Rachman coa producción de Sony Pictures Classics e a supervisión do propio Blush. Ahí atoparedes a Henry Rolins, Ian MacKaye, Jimmy Gestapo, os Bad Brain... afondando nas raíces do seu movimento, nas cuestións polícas, sociais i económicas, no seu desenvolvemento, a violencia e o caos... Ademáis vos recomendo a web oficial do documental, que a  productora todavía mantén, a modo de guía do documental, bastante interesante, ainda que non moi actualizada coma a segunda edición do libro.

Aquí volo deixo en versión orixinal subtitulada:

AMERICAN HARDCORE. The History of American Punk Rock 1980-1986.
2006. USA. Dir: Paul Rachman. Guión: Steven Blush.
documental

*está en 11 cortes, aquí vos deixo o primeiro:

Merc 28: Mark Lanegan Band


Por fin nos decidimos, e xa nos fixemos coas entradas para o show de mañan mércores na Sala Capitol de Compostela: Mark Lanegan coa súa banda. Imos a ver que pasa por que con personaxes coma este nunca sabes se poderá ser un dos concertos da túa vida, ou unha desas ocasións nas que saias da sala botando mil pestes... esperemos que sexa o primeiro... e coa curiosidade de ver como se desenvolven Creature with the Atom Brain en directo. 

Lanegan ven a presentar o seu novo álbum "Blues Funeral" (4AD, 2012), aínda que iso é garante de bastante pouco. [por certo, podedes facervos con el no Blog del Bam]. O seu último traballo floxea bastante, pero non nos imos enganar, por que Lanegan aínda segue na busca do seu gran álbum que deixar para a historia, se ben polo camiño sexa como solista, con banda ou cos numerosos proxectos nos que colabora xa deixou unha boa mostra do seu enorme talento, e non de destacar só pola súa voz, ningún dos seus traballos chegou ó nivel do "Bubblegum" (Beggars Banquet, 2004) e incluso ahí resultaba demasiado irregular... Pero o certo é que ten algo que sempre fai que teñas interese polos seus novos traballos. E algo parecido en directo, nós que xa o puidemos ver, e non saímos nada contentos, imos darlle outra oportunidade, a ver que pasa...


viernes, 23 de marzo de 2012

Sáb 24: MICHI CACATONE!!

Xa estades mais que avisados, pero ahí vai unha última vez...

Este Sábado (24 de marzo) volve á cabina do Rif-Rock o máis asombroso selector de discos que teñades coñecido, mentres nos aguantamos coas ganas de velo de novo en concerto, aquí tedes unha oportunidade para escoitar as súas mesturas de 100% Pure Cacatone Sounds, cheo de rhythm'n'blues elegante e calambrazos trogloditas... este sábado MICHI CACATONE!! non vo-lo perdades!!! e preparade as vosas mellores galas para o baile...



Dr.John, the Night Tripper "The Sun, Moon and Herbs"

Xa había tempo que non tíñamos un clásico da semana, pero desta vez tocaba recuperalo. Levo tempo buscando este álbum en vinilo e onte por fin me fixen con él. Dr.John (Mac Rabennack) é un dos grandes xenios de New Orleans, herdeiro confeso do Proffesor Longhair, e renovador de toda a tradición musical da Louisiana. Comezou  a súa carreira en varias bandas locales, e logo durante moito tempo coma músico de acompañamento ou de estudio de artistas tan populares na época coma Phil Spector, Sonny & Cher, Canned Heat ou Iron Butterfly. A finais dos 60 decide tomar as rendas da súa carreira e baixo o nome de Dr. John Creaux comezará a grabar as súas propias composicións. O seu debut prodúcese en 1968, xa convertido no sonámbulo eterno Dr. John, the Night Tripper, co famoso álbum "Gris-Gris" (Atlantic, 1968) no que mesturaba a tradición da música popular de New Orleans co rock psicodélico no que estaba tan curtido e de moita experimentación sonora que praticara en California. O álbum foi todo un éxito, ademáis da popularidade dos seus concertos, que máis ben parecían rituais de santería vudú, na que Rabennack  era ademáis o frontman dunha banda espectacular. Nos seguintes álbumes "Babylon" de 1969 comezou a introducir bases de jazz e avantgarde, e "Remedies" de 1970 que resulta moito máis irregular que os anteriores, semellas meros ensaios para o álbum que hoxe vos recomendamos. Esa primeira etapa péchase con este inmenso "The Sun, Moon and Herbs" de 1971, ó que logo seguirá un dos seus álbumes máis exitosos "Gumbo" de 1972, moito máis orientado o funk e ó rhythm'n'blues.

The Sun, Moon and Herbs contén tódo-los ingredentes da súa primeira etapa elevados ó máximo. Por aquél entón o LSD era unha canle máis de gravación nas sesións de Rabennack, que xa era a tempo completo un mestre de ceremonias vudú. Inmerso no seu personaxe profundiza aínda maís nos música tradiacional criolla da cidade, nos cánticos indíxenas e auménta a carga psicodélica do seu traballo, que se volve moito máis ecléctico e denso, pero tamén consegue unha fórmula única basada no rhythm'n'blues. Curiosamente nesta ocasión tan centrada na tradición conta con numerosas colaboracións que nada tiñan que ver coas súas raíces, a cantante soul P.P.Arnold e logo media ducia de estrelas británicas do novo r'nb que estaba a invadir os USA, ahí estiveron Mick Jagger, Eric Clapton e Graham Bond. En total foron máis de 30 músicos que participaron nas sesións de grabación, con numerosos metais, e co impresionante traballo de de Jim Gordon e John Boudreaux encargándose de todo o peso das percusións de todo tipo, que son fundamentáis no desenrolo de todo o material. O resultado son sete temas sobrecolledores, máis propio de un Mardi Gras macabro que de un álbum de rock, dende a inicial 'Black John the Conqueror' inspirada en Muddy Waters, a tremenda 'Craney Crow', 'Familiar Reality Opening' (a única que Rabennack comparte composición con Jesse Hill) e a tremenda 'Zu Zu Mamou' que se converterá para sempre nun dos seus temás perturbadores desta época, pero demasiado escuro para o que o público agardaba do relumbrón de estrelas colaboradoras, pero certamente un dos mellores traballos de Dr.John, seguramente o máis rompedor e arriscado, e tamén os de mellor resultado, aínda que tiveron que pasar unhas cantas décadas para poñer este álbum no seu lugar, sempre á sombra do seu debut "Gris-Gris" e sobre todo do seu seguinte álbum, e fenomenal "Gumbo", cunha especial mestura de r'n'b, jazz e funk pero que certamente está en débeda coas sesións desenroladas para este The Sun, Moon and Herbs... veña a flipar todos...

 DR. JOHN, THE NIGHT TRIPPER "The Sun, Moon and Herbs"
(Atlantic, 1971)


aquí tedes un par de performances desta época:


The Plastic Traps "Find a home"

Aquí tedes unha boa recomendación que compartimos dende Música Cuántica. O debut do dúa The Plastic Traps, son dous irmáns de Philadelphia, que publicaron este "Find a Home" (Monster Entertainment, 2011) en xuño do ano pasado. Grabado integramente na súa casa cun catro pistas, déixannos nove temas cacharrada lo-fi da que máis nos gusta. Guitarra e bateria se bastan para argallar estes temas que fluctúan entre os guitarrazos sen contemplacións e unhas melodías pop moito máis coidadas do que poida parecer. Podedes descargalo de balde no seu bandcamp.

THE PLASTIC TRAPS "Find a Home"
(Monster Entertainment, 2011)





jueves, 22 de marzo de 2012

Paint Fumes 'Waste of Time'

Paint Fumes son de Charlotte (North Carolina) e este "Waste of Time" é o seu single de presentación, nun 7'' que acompaña na cara-b con 'Panic Attack', editado por Slovenly Recs. Temazo divertido, e o vídeo aínda máis. En un par de meses o seu primeiro lp, que promete bastante...


descarga "PantherPower"

Aquí tedes unha selección dunha hora da sesión do pasado venres, doutra entrega das series NiggerSoulFunk, nesta ocasión titulada PantherPower!!! chea de clasicazos combativos...


PSYCH.MUNSTAPHÀ "Panther Power"
(sesión Rif-Rock 16 marzo2012)
faite con PantherPower.


miércoles, 21 de marzo de 2012

Mondo RifPOP: Black Caesar, o padriño de Harlem.

A semana pasada cumpríanse 40 anos da estrea do clásico de Francis Ford Coppola O Padriño (The Godfather, 1972) pero coma sempre nós estivemos a falar na fin de semana do seu equivalente no universo paralelo que foi o blaxploitation: The Black Caesar, The Godfather of Harlem. Así que tocaba recuperar o Mondo RifPOP...


Así que nos remontamos 40 anos atrás, co enorme éxito da cinta de Coppola, o blaxploitation fixo a súa versión. Unha das características do xénero, aínda que non sempre, era o de facer as súas particulares versións dos éxitos do cinema recentes, transformando convintemente as súas tramas, temáticas e situacións, pero sobre todo o tratamento dos seus personaxes. 


Aquí sempre domina a violencia e a vinganza como principal forma de xustiza. Así como resposta ó Padriño, o resultado foi este Black Caesar, de Larry Cohen. Sen embargo para non caer na copia demasiado evidente, tiraron deste título coma homenaxe á cinta de Mervyn LeRoy Little Caesar de 1931 (protagonizada polo enorme Edward G. Robinson), aínda que subtitulada con máis fortuna The Godfather of Harlem. Tratábase de segui-lo ronsel comercial do Padriño de Coppola, pero na realidade inspírase moito máis en Little Caesar ou mesmo en Scarface (por suposto na cinta orixinal de Howard Hawks de 1932). Como vedes moito máis ligada co cinema clásico dos anos 30 que co seu contemporáneo do que pretende segui-lo tirón, pero ahí estaba o posible negocio. Nas diferentes exportacións traducido sempre polo seu subtítulo de padriño..





Gibbs e a súa banda en acción.
A historia de Black Caesar está chea de tópicos pero que funcionan. Era o segundo filme de Larry Cohen, curiosamente un director blanco neste mundo de revolución cultural afroamericana, pero apesares da súa pouca experiencia resolve con mestría esta producción de baixo presuposto, supoñemos que inspirado nas maneiras e no ritmo do gran mestre do xénero Gordon Parks.
O filme conta a historia de Tommy Gibbs, un neno de Harlem que se gana a vida coma limpiabotas mentres fai algún pequeno trapicheo con pouca fortuna, todos o tratan coma un inútil ata que un día nun desafortunado incidente a patrulla dun policia corrupto e racista o atrapa e tras darlle unha paliza que o deixa medio inválido, as autoridades o encerran nun reformatorio/cárcere. Durante os últimos anos prepara un plan minucioso para vengarse de tódo-los que o maltrataron. Volve ó barrio en 1965 con ánimo de converterse nalguén importante, e de liberar ós seus veciños do control da mafia que se estaba a impoñer. Nun comezo á súa loita ten un importante compromiso social e racial, de liberación da súa xente da extorsión dos italianos, pero segundo comeza controlando pequenos negocios ilegais vaise cargando a tódo-los pequenos xefes ata controla-los baixos fondos de Harlem e o seu control se extende por máis barrios de NYC, primeiro vengándose dos que lle fixeron a vida imposible na súa infancia e finalmente impoñéndose á mafia italianamentres por suposto os seus enimigos se multiplican por todas partes... o que comeza aparentemente coma unha loita solidaria, convértese nunha suxa e codiciosa loita polo poder e o diñeiro, na que todos lle darán a espalda, incluso a súa nai e a súa dona... unha boa historia de violencia unha  que remata en traxedia total. 

Como é habitual no xénero, o traballo de interpretación dos protagonistas nunca destaca pero tampouco deixan de cumprir, e neste caso está moi descompensada, ahí está Fred Williamson, que sempre cumple, aínda que bastante encasillado nos seus papeis, sempre o fixo con solvencia, pero o resto do reparto xa é máis esquecible e mera comparsa do protagonista. 
Pero se a liña argumental do filme se sostén con solvencia e mantén o ritmo durante toda a cinta, tamén contén unhas cantas escenas destacables, coma o asasinato na barbería ou os encontros cos capos italianos da mafia.

Unha das mellores imaxes dos retos de Gibbs cos mafia italiana de New York.
Pero se por algo pasou realmente á historia popular este filme é pola súa banda sonora. Co paso do tempo é habitual que estas produccións se lembren máis pola súa música, xa que case sempre era cine de serie-b con presuposto limitado que ía acompañado con bandas sonoras que se convertiron en obras mestras da música negra, e iso é moito dicir. E neste caso estamos a falar dunha das de maior calibre, xunto co Superfly de Curtis Mayfield, ou as de Isaac Hayes e Roy Ayers, sen dúbida. 

A banda sonora de Black Caesar (1973 Polydor/UMGD) está composta integramente por James Brown e o seu colaborador Fred Wesley. Contén algúns dos mellores temas que todos recordaredes do padriño do soul, e incluso reutilizados en moitas máis ocasións noutros filmes, coma 'The Boss', ou sobre todo 'Make it Good to yourself', pero o tema do filme é sen dúbida este sobrecolledor 'Down and Out in New York City', o dito, para moitos a mellor bso do xénero e unha das mellores da historia do cinema.


Co éxito do filme Cohen tivo o atrevimento de facer unha secuela chamada Hell up in Harlem (1973, aquí traducida como Harlem Sangriento), que pasou á historia coma un auténtico desastre aínda que serviu coma un novo lucimento de Williamson. Cohen certo éxito de taquilla con It's Alive en 1974 (que logo convertiu nunha saga e ata da que fixo un remake), para facer seguramente o seu mellor traballo en 1977 con The Private files of J. Edgar Hoover, e ata a actualidade na que segue a traballar tanto como director e como guinista, pero xa alonxado do movimento afroamericano, aínda que en poucas ocasións puido escapar da serie-b.

E para rematar aquí o Padriño de Harlem, completa en versión orixinal:

Black Caesar. The Godfather of Harlem.
USA 1973. dir: Larry Cohen
reparto: Fred Williamson, Gloria Hendry, Art Lund, D'Urville Martin.


martes, 20 de marzo de 2012

Maribel Iglesias, premio Ramón Cabanillas

Nova directamente roubada de Cambados(tk):
As librarías Contos e Ramón Cabanillas veñen de anunciar o nome da persoa que recollerá en Maio o noveno Premio Ramón Cabanillas. Será a profesora Maribel Iglesias Baldonedo, docente no IES Francisco Asorey e historiadora. Maribel ten traballado arreo desde o ámbito do ensino arredor de figuras como o propio Cabanillas (lembrar que en 2009 adicóuselle o Ano) ou Francisco Asorey. Dirixiu en 2005  a publicación de “Cambados, cen anos de historia a través da fotografía”, un traballo en equipo con alumnos e profesores do Asorey, e en 2009 grazas a CANDEA veu a luz o seu “Ramón Cabanillas Enriquez – Biografía en Imaxes”.
Respecto ao escultor, a profesora traballou catalogando a obra, participando no Ano Asorey en diferentes actividades e na Comisión -tivo moito que ver na exposición do Pazo Torrado, para a que escribiu o interesante libro que nela se ofrecía- e en internet a través do blog Paco Asorey,  que ofrece datos biográficos, fotografías, análises e mesmo crítica. Haberá tempo de aquí a Maio a repasar pormenorizadamente a contribución de Maribel á cultura galega, xa adiantamos que non é pouca.
Maribel Iglesias ademais é unha persoa comprometida cas súas ideas, non se corta á hora de expresalas con claridade e ás veces cun interesante punto irónico. Para sorte deste medio publica artigos de opinión en CTK desde o pasado verán.
O acto de entrega do Premio será o día 19 de Maio ás 21 horas no Auditorio.


Dende o Rif-Rock só nos queda engadir: Noraboa Maribel!!! e por suposto tamén á agrupación de libreiros que seguen con esta marabillosa iniciativa.



Sáb 24: MICHI CACATONE!!

Este Sábado (24 de marzo) volve á cabina do Rif-Rock o máis asombroso selector de discos que teñades coñecido, mentres nos aguantamos coas ganas de velo de novo en concerto, aquí tedes unha oportunidade para escoitar as súas mesturas de 100% Pure Cacatone Sounds, cheo de rhythm'n'blues elegante e calambrazos trogloditas... este sábado MICHI CACATONE!! non vo-lo perdades!!! e preparade as vosas mellores galas para o baile...

miércoles, 14 de marzo de 2012

Los Hijos más parvos de Michi Cacatone, hoxe no Soul&Sombra

Este mércores (14 de marzo), farémoslle a competencia ó concerto de Thurston Moore... no Soul&Sombra de Santiago, sesión de LOS HIJOS MÁS PARVOS DE MICHI CACATONE (a.k.a. Munstapha & Sr.Lores). Comezaremos a iso das 22:00h. máis ou menos, pero do que soará xa non podemos dar máis pistas...
Soul&Sombra. R/Rosendo Salvado, 30 - Santiago de Compostela.

martes, 13 de marzo de 2012

Luther Russell "The Invisible Audience"

O pasado venres falando dos discos que máis estabamos a escoitar últimamente, nin o tiven que pensar, este é sen dúbida o disco que máis levo escoitado do que vai de ano, e cecais a única falta que hai na nosa lista cos mellores álbumes do 2011, pero é que me chegou despois de Reis no paquete especial de Grabaciones de Impacto, así que teño disculpa... pero é certo que dende entón poucas veces sai do plato de vinilo para escoitar outras cousas. Estou a falarvos do último traballo de LUTHER RUSSELL "The Ivisible Audience" (Grabaciones de Impacto, 2011), que ademáis nesta esquina do mundo temos a sorte de que a discográfica encargada somentes fai traballo de auténtico artesano, e así se converte nun dobre vinilo de 180gr encarpetado en auténtico luxo en edición limitada a 500 copias. Este é o seu quinto traballo en solitario logo de abandonar The Freewheelers, e se xa levaba tempo apuntándose como sucesor de Elliott Smith, é posible que con este traballo xa o pasara de largo. The Invisible Audience é un traballo moi ambicioso, son 25 temas, moitos deles sinxelas pontes instrumentais entre outros, pero que van enlazando auténticas xoias de pop luminoso con outras de blues furioso, con pinceladas de glam, coa esencia do pop indie dos 80, coas mellores melodías dos 60, con toques de auténtico folk norteamericano, e pouso do mellor powerpop dos 70s como Big Star... en definitiva do mellor que teño escoitado en moito tempo. Déixovos insertado os audios, pero mellor que apuredes a facervos cos poucas copias que queden... 
Especialmente recomendado!!

LUTHER RUSSELL "The Invisible Audience"
(Ungawa L./Grabaciones de Impacto, 2011)


Guided by Voices "Let's Go Eat the Factory"

Por fin me puiden facer co álbum de retorno dunha das miñas bandas de cabeceira, Guided by Voices, e agora acabo de comprobar de que nunca lle adicamos unha entrada no blog, aínda que os podedes atopar en moitas das nosas sesións. GbV son un dos grandes pilares do indie norteamericano,  e sempre esquivos ó éxito. Cada vez asomaron a súa cabeza a escalóns cercanos ó mains stream ou a súa popularidade se disparaba por que outros hypes os citaban coma influencia sempre fixeron o posible por alonxarse de ahí. Por exemplo cando publicaron os seus mellores álbumes que seguramente son os catro que discorren entre o 'Alien Lanes' do 95 e o 'Mag Earwhig' do 97, semella coma se fixeran un enorme esforzo por non repetir certas fórmulas que lles funcionaron máis alá dos seus incondicionais, a aínda así o boca-ourella xa estaba feito, e os seus seguintes discos, moi inferiores en calidade obtiveron moitas máis ventas. Finalmente separáronse en 2004, tras 20 anos de existencia, aínda que cos anos rematou por convertirse no proxecto de Robert Pollard, que dende entón lanzou a súa carreira en solitario, e multiplicándose ata o infinito en incontables proxectos paralelos e colaboracións.
No pasado 2011 Robert Pollard anunciou o retorno de Guided by Voices con 3 ilustres membros da súa fundación na primeira metade dos 80, así volvían Mitch Mitchell, Tobin Sprout e Kevin Fenell, e a súa primeira edición foi o single "Doughnut For A Snowman" (Fire Recs.) un 7'' con catro temas novos, entre eles o que da título ó single 'Doughnut For A Snowman' que tamén podedes descargar no seu soundcloud:
'

E logo chegou o verdadeiro adianto deste álbum, o single "We Won't Apologize for the Human Race/The Unsinkable Fats Domino" (Fire Recs, 2011) que tamén podedes descargar no soundcloud:

E a comezos de xaneiro do 2012 por fin chegou este "Let's Go Eat the Factory" que coma sempre contén de todo ó longo dos seus 21 tamas, rock de baixa intensidade, pop luminoso, algún que outro arrebato de furia, sempre directos tirando adiante coa primeira toma, e sobre todo moito sentido do humor... iso sí, co fantásticas que son tóda-las súas portadas sempre, esta deixa moito que desexar. E o mellor de todo é que volven coa súa habitual hiperactividade, por que xa nos anuncian que a mediados de ano volverán cun novo lp que se chamará "Class Clown Spots a UFO", a ver si é certo...

GUIDED BY VOICES "Let's Go Eat the Factory"
(GbV/ Fire Records, 2012)

facédevos co novo de GbV en Indiecaciones.

Black Power mentolado...

Hoxe traémosvos outra desas burradas das compañías tabaqueiras, a finais dos 60, empregando a estética funk para dirixir a súa publicidade ós cidadáns negros. Newport non foron os primeiros, pero si os que maís empregaron a estética Black Power e panafricanista nos seus anuncios, eso sí neste casó mentolados, que eran moito máis cool.


viernes, 9 de marzo de 2012

Sáb 10: (Kurco a.k.a.) Kim Jong Un... of course!!

Mañan Sábado (10 de marzo) non vos perdades a nova sesión de KURCO Sound-System, adicada ó 100% ó seu novo mini-lider Kim Jong Un... of course!!.

Jon Spencer Vs. Thurston Moore

En medio da avalancha de bós concertos que temos últimamente nesta esquina do mundo, a próxima semana teremos dúas grandes citas dentro do ciclo Galicia Importa, o martes 13 en Santiago JON SPENCER BLUES EXPLOSION, (Sala Capitol, dende as 20:30h.), e ó día seguinte (mércores 14 de marzo, 21:00h.) e con pouco marxe de aviso se presenta THURSTON MOORE no Centro Ágora da Coruña. Como non se pode ir a todo, aqui tedes unhas pistas para que poidades escoller con máis criterio polo que podedes esperar:

Da JSBX non hai novidade discográfica, trátase dunha xira de retorno do trío orixinal, con Jon Spencer, Judah Bauer e Russell Simins. Eu puiden velos hai xa uns 15 anos e non sabia que agardar, pero vendo esto seguro que acabades por convencervos. É unha sesión en directo para Radio KEXP de Seattle, gravada en agosto do ano pasado, así que podedes facervos unha boa idea do que vos podedes atopar o próximo martes: 


E de Thurston Moore igual non coñecedes tanto a súa carreira en solitario ó marxe de Sonic Youth, pero chega co seu último álbum "Demolished Thoughts" (Matador, 2011 -e producido por Beck-), así que xa podemos intuir algo do que podemos agardar deste concerto, supoñemos que formato acústico con moitos instrumentos de corda... igual algo así como este concerto do pasado 31 de xaneiro en Boston... 


jueves, 8 de marzo de 2012

David Cronenberg's Wife "Bluebeard's Rooms"

Cando segues un blog dende hai anos é por que sempre atopas o que podes esperar del, e por que ademáis cando te sorprende sempre se reafirma a túa fidelidade. Era o caso do desaparecido Los Mundos de Fede, do que tantos discos temos compartido aquí. Con todo o barullo mediático dos últimos tempos o incansable Federico mudou cara o actual Música Cuántica, e ahí segue a sorprenderme de vez en cando, coma o que vos recomendo hoxe, do 2008, dunha banda da que a pesar do seu nome tan familiar non coñecía de nada.

David Cronenberg's Wife é unha banda británica con letras tan faltonas coma o propio nome, historias desquiciadas sobre asasinatos, suicidios ou anorexia, terrores nocturnos e moita carga paranormal como resulta evidente ó inspirarse en  Cronenberg. Este "Bluebeard's Rooms" é o seu primeiro álbum e partindo dunha certa intención antifolk, pasan polo pop máis escuro, con rítmica post-punk por veces bastante contundente, pinceladas psych ('Runaway Pram' abre o disco e sería algo así coma se Bauhaus colaboraran con Billy Childish, si eso puidera ser...), e continuos toques folk (esencia por suposto do anti-folk, que vai gañando presencia no discurrir do álbum) e unha socarronería punk (case en plan Mark E. Smith por momentos, por exemplo 'I Couldn't Get off' pasaría tranquilamente por un tema de The Fall) que o converten nun delicioso e variado ritual de non sabes moi ben qué... pero vai todo seguido de un tirón!!!

DAVID CRONENBERG'S WIFE "Bluebeard's Rooms"
(Blang Records, 2008)


facédevos con Bluebeard's Rooms no blog Música Cuántica.
E de paso tamén vos recomendo a propia web da banda, donde tamén podedes descargar de balde uns cantos temas máis: http://www.davidcronenbergswife.com/


miércoles, 7 de marzo de 2012

Qvek "Satan EP"

E rematamos as recomendacións do GZ Canibal desta semana cun novo ep de QVEK. No que vai de ano leva un por mes, así que os habituais do blog dos RifRocKerZ xa o coñecedes (ver entradas anteriores de Qvek). Esta entrega chámase "Satán EP" e son seis temas, coma sempre divertidos e ruidosos, e desta vez cun espectro aínda máis amplo... xa veredes.
E tamén aproveito para recomendarvos a web doutro dos seus proxectos: Kidsounds, con música, fotografía e audiovisual, ademáis do bandcamp Kidsounds no que atoparedes máis de 20 traballos con moito punk, ruído, misturas e destrozos, e algún momento máis relaxado tamén, que van dende o 2008 ata o vran pasado. A hiperactividade é así!!!

QVEK "Satan EP"
(Qvek, autoed. 2012)


facédevos co Ep Satán no seu bandcamp:

Lobishome "Los seres extraños que habitan tu mente"

E neste 2012 tamén chega por fín o primeiro traballo dos Lobishome, de Montalvo (Sanxenxo). Tamén gravado nos estudios Círculo Polar de Ogrobe, con Iñaki Bea e M.Unruh (dos Telephones Rouges) e deseño da portada de Prenom. Punk, Surf e berros (ouvidos) maravillosos!!! Moito máis limpos do que poidades pensar e con moito que contar... recomendado!!! 

LOBISHOME "Los seres extraños que habitan tu mente"
(Lobishome, autoed. 2012)



martes, 6 de marzo de 2012

Telephones Rouges "Max Split"

A comezos de ano chegou un novo traballo dos mecos Telephones Rouges, "Max Split" novamente con Mama Vynila Records, e compartido cos barceloneses Piñata en formato split de 7''. Esta semana preséntanno en Compostela, na Sala Moon o Venres 9, xunto con Ocler Delalün. Na súa cara de Max Split déixannos dous temas, a potencia rítmita de 'Gute Krankenheit' e o ruidismo máis melódico de 'Ei Meu' e a súa delirante letra. Ademáis xa teñen novo clip deste tema realizado por David Tombilla:


Todo grabado e producido por Iñaki Bea e Telephones Rouges nos estudios Círculo Polar de Ogrobe e masterizado nos estudios Ultramarinos-Costa Brava San Feliú de Guixols (Girona). Despois de escoitalos teloneando a Lüger xa hai gañas de velos de novo, non vo-lo perdades. 

TELEPHONES ROUGES + PIÑATA "Max Split"
(Mama Vynila Records, 2012)






descarga Live! Cutz

Con un pouco de retraso aquí tedes unha mestura da sesión do pasado venres 24 de febreiro, Live!Cuts. Xa nin numeramos as entregas que levamos feitas de temas en directo, pero normalmente son de concertos moito máis antigos. Desta vez por selo primeiro volume que subimos ó blog vai con temas un pouco máis recentes, a ver que vos parece...

Munstaphá "Live! Cutz"
(sesión Rif-Rock 24 febreiro 2012)
faite con LiveCutz.


lunes, 5 de marzo de 2012

"Moby-Duck" de Donovan Hohn

Co ocupado que ando sempre, e resúltame incapaz non picar con historias coma estas cando paso por diante dunha librería. E como podedes ver pola portada, desta vez o libro que vos recomendo non ten que ver coa música, nin o cineme nin nada habitual do blog, pero sí dunha historia tan surrealista que non ter sido certa alguén a tería que inventar... "Moby-Duck. La verdadera historia de 28.800 patitos y de otros muñecos de goma perdidos en el mar, y de los oceanógrafos, los ecologistas y los lunáticos que salieron en su busca" conta esa historia, a dun mercante que se dirixe de Hong-Kong a Seattle e perde un contenedor no medio dunha tormenta, e ahí rematan no pacífico norte case 30000 xoguetes de goma que 20 anos despois aínda seguen a navegar polos mares. O autor Donovan Hohn comezou lendo as noticias sobre o tema na prensa, e non puido resisti-la tentación de botarse á súa busca, e case 20 anos despois lanza esta crónica da súa aventura, tan absurda e interesante coma a dos demáis persoaxes que foron na súa busca, un delirio que ata rematou por ter repercusións científicas... marabilloso!!!

DONOVAN HOHN "Moby-Duck (La verdadera historia de 28.800 patitos y de otros muñecos de goma perdidos en el mar, y de los oceanógrafos, los ecologistas y los lunáticos que salieron en su busca )"
(Viking Adult, 2011 / Aguilar, 2012)



Podedes consulta-la ficha do libro na web de Aguilar, pero moito máis interesante a reseña na sección de Cultura de El País: Tras la pista de los patos (de goma) náufragos (do 1 de marzo de 2011), ou no do seu suplemento Babelia de abril: Apocalipsis del Plástico de Antonio Muñoz Molina:


El 10 de enero de 1992 una tormenta sorprendió a un carguero que cruzaba el Pacífico desde Hong Kong hasta Washington. Doce contenedores cayeron al mar. Uno de ellos se abrió y liberó 28.800 bolsitas de juguetes de plástico al mar. Miles de animales de goma, entre los que se encontraban patitos amarillos, ranas verdes, castores rojos y tortugas azules, navegaron por las corrientes oceánicas hasta naufragar, ser presa de los animales marinos o quedar varados en playas inexploradas.
El periodista Donovan Hohn leyó la noticia y decidió seguir el rastro a los juguetes de plástico. Este hecho, en principio anecdótico, se convirtió en una odisea accidentada que lo llevó hasta China, Alaska, Hawai, Escocia y el Ártico, lugares en los que fue testigo del complejo entramado de las compañías marítimas, de la minuciosidad del trabajo de los oceanógrafos, de los riesgos de los marineros disidentes y del oscuro mundo de las fábricas de juguetes chinas. Moby-Duck es un viaje trepidante a las profundidades del océano divertido y curioso. Un recorrido científico, mítico, con moraleja ecologista, que se lee como una novela.
«Yo leo Moby-Duck y recupero la excitación nerviosa de los grandes relatos de viajes que me gustaban tanto en mi adolescencia apocada y sedentaria, los inventados por Verne y Stevenson y los vividos de verdad por tantos exploradores que le revelaban a uno, aunque no hubiera salido de su pueblo, la maravilla de la amplitud y la variedad del mundo».

E aquí tedes un video de presentación do libro por Donovan Hohn con imaxes dos seus viaxes na busca dos 28000 xoguetes de goma: