viernes, 29 de junio de 2012

13º Aniversario do RIF-ROCK programa completo

Xa temos todo listo, aquí téde-lo programa completo do 
13º Aniversario do Rif-Rock 
que se concentrará entre os días 13 e 28 de xullo do 2012!! con dous pratos fortes, os concertos de THE WALNUT o sábado 14, seguido das seleccións de Kurco SoundSytem, e o enxendro sorpresa de THE VOORHEES para o venres 27, e ademáis de cinco habituais da nosa cabina que non podían faltar á cita...


Venres 13 de xullo:
sesión "Jason vai de camping"
unha homenaxe sonora ó cine de terror.

Sábado 14 de xullo:
THE WALNUT
en concerto dende as 23:30h.
+ sesión de KURCO SOUNDSYSTEM 

Venres 20 de xullo:
sesión MARINOCHA Vs. JOMITALLAS
o clube imposible do pop

Sábado 21 de xullo:
sesión MICHI CACATONE
rhythm'n'blues elegante e calambrazos trogloditas

Venres 27 de xullo:
THE VOORHEES 
en concerto dende as 23:30h.
directamente dende Camp Crystal Lake!!!

Sábado 28 de xullo:
sesión COMOMEPOS
"Unleashed selections"

Non vo-lo perdades!!!



4ª Festa do Bigote (5 de agosto)

E mentres seguimos coas negociacións para darlle os últimos retoques á programación do 13º Aniversario do Rif-Rock, xa me lembraron que deberiamos ir avisando da próxima edición da FESTA DO BIGOTE!!! que hai moitos que xa teñen que ir programando os afeitados. 

Señores, señoras, RifRocKerZ todos; Rif-Rock e CambadosTK presentan:
4ª FESTA DO BIGOTE do Rif-Rock 
Coma sempre será o domingo do Albariño, e neste 2012 cae en 5 de agosto, así que ide reservando pelos... ou pensando en facer trampas!!!

Nas próximas semanas máis info, bases do concurso, convidados á cabina e moito máis no blog dos RifRocKerZ e no facebook. Seguide atentos!!!


jueves, 28 de junio de 2012

Metralletas Lecheras 'Jesucristo'

Xa temós na rede un novo tema dos METRALLETAS LECHERAS, como adianto do que será o seu segundo lp... descargádeo no seu bandcamp e difundídeo!!!




miércoles, 27 de junio de 2012

THE CYNICS nos Concertos de Radio3

Hai tempo que non sigo os concertos de Radio3, pero hoxe doume por mirar 
e ahí estaba, o de hoxe mesmo, The Cynics!!!! que ganas de volver a velos...


martes, 26 de junio de 2012

descarga Black Grooves

Esta é a selección do pasado venres, da última entrega das sesións Black Grooves!!! 60 minutos sen pausa con Archie Shepp, os Soul Tornadoes, Lloyd Hendricks, The Sunliners, Smokey Brooks, The International Kansas City Playboys, Ottis Reddin versionando ós Rolling Stones, Quincy Jones con Bill Cosby, ou Sun Ra e o seu Blues Project entre outros... Fuck'U Whiteys!!!


Psych.M "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 22 xuño 2012)



Betunizer "Boogalizer"

Despois do concerto de onte, non me queda máis remedio que recomendarvos hoxe "Boogalizer", o segundo álbum dos valencianos Betunizer, móito máis rítmico que o anterior, igual menos abrasivo, pero moito máis efectivo para o meu gusto. Entre o hardcore, o math rock, e o punk-funk, poderedes atopalos baixo calqueira etiqueta, pero este Boogalizer é puro ritmo e surrealismo extremo. E logo de velos onte en directo, na Reixa, en espacio super-reducido, a máxima temperatura e a toda pastilla... aínda máis razón para recomendalo. Como decíamos onte, 'Imagina que matas a Jota'...

BETUNIZER "Boogalizer"
(BCore disc, 2012)


Boogalizer no seu bandcamp:



lunes, 25 de junio de 2012

sábado, 23 de junio de 2012

San Xoán

Como esta noite estaremos todos liados con cacharelas, sardiñadas e demáis rituais purificadores, abriremos un pouco máis tarde do habitual, unha hora ou así... mentres pordádevos ben eh??? veña LUME!!!


jueves, 21 de junio de 2012

Quincy Jones & Bill Cosby "The Original Jam Sessions 1969"

O clásico desta semana é unha desas xoias que estivo case catro décadas gardada nun caixón, ata que Quincy Jones decideu que co cambio de século ía sacar á luz o mellor de todo o material da súa producción que seguía gardado en cintas. Este disco publicouse no 2004, xunto co fantástico "The New Mixes Vol.1", e son nin máis nin menos que as sesións que rexistraron Bill Cosby e Quincy Jones en 1969 para a mítica serie do primeiro O Show de Bill Cosby. Todo recollido como "The Original Jam Sessions 1969", que como o seu nome indica son as tomas orixinais nas que as sintonías e temas principais da serie ían tomando forma. Se lembrades a serie de Cosby, saberedes que por suposto estamos a falar de jazz, e polo tanto conta cun par de pezas que coñeceredes de toda a vida polas múltiples reposicións de tv, pero estas sesión teñen algo máis, están consideradas como unhas composicións informais, e frescas, aínda que estando músicos da talla de Jimmy Smith, ou Eddie Harris, e Q.Jones no medio ninguén pode sabelo... O certo é que semellan un precedente do smooth-jazz dos 70, a súa mestura con rhythm'n'blues, funk e incluso factura pop... e por suposto varias versións diferentes do mítico 'Hikky-Burr'. En calqueira caso é unha marabilla que chega directamente para introducir a sesión de mañan...

QUINCY JONES & BILL COSBY "The Original Jam Sessions 1969"
(Concord Records 2004)


facédevos coas Original Jam Sessions no blog High Speed Dubbing.


descarga Trash Trash Trash #2

e aquí tedes outra selección da basura caótica do pasado venres...

Munstaphà "TRASH TRASH TRASH #2"
(Sesión 15 xuño 2012)
faite con Trash#2 aquí.



miércoles, 20 de junio de 2012

Disappears "Pre Language"

Hoxe recoméndovos un discazo! Algúns nin coñeceredes ós Disappears, pero nin a banda é nova, nin os seus compoñentes uns descoñecidos. Esto comezou en Chicago coma un proxecto paralelo menor de Brian Case (dos 90 Day Men, e sobre todo máis coñecido nos últimos anos con The Ponys) xunto cos membros de Boas. E este é xa o seu terciero lp. E dende o anterior contaron coa colaboración de Steve Shelley (Sonic Youth) na batería, que para este traballo, e ante o parántese (que se prevé longo) de Sonic Youth, incorporouse xa coma un membro máis da banda. Ademáis o álbum está grabado nos seus estudios (Echo Canyon) coa producción de John Congleton dos Modest Mouse.
Coma noutros traballos de Case, todo ten unha base de garage psychodélico pero que sempre sona a outra cousa, neste caso métenlle capas e capas de rítmica kraut-rock, densidade e moita potencia, algo así coma The Fall, pero máis melódico que Mark E.Smith (clavado en 'Hibernation Sickness'), o ritmo pegadizo de 'Replicate' ou a contundencia rítmica de 'Joa' (un cañonazo kraut de manual). Potente e marabilloso!!

Disappears "Pre Language"
(Kranky Records, 2012)


facédevos con el no blog Música Cuántica.


martes, 19 de junio de 2012

en xullo...

Seguimos cadrando datas e demáis, cos habituais imprevistos de última hora. Pero a próxima semana xa teremos o programa definitivo...


1º Triptico do Viño do C.C.Cambados

RifRocKerZ co deporte, que non se diga por ahí que só apoiamos ó baloncesto, este ano tamén colaborando co Clube Ciclista Cambados.


viernes, 15 de junio de 2012

esta noite Trash Trash Trash!!



Sonic Youth "Confusion is Sex"

Así comezou a lenda. "Confusions is Sex" foi o primeiro lp dos Sonic Youth, aínda baixo a tutela de Gleen Branca, quen tamén se encargara de publicarlles o seu anterior ep homónimo, ou sen título, nunca o tiven moi claro. 
Dende logo os seus comezos non son nada asequibles para calqueira ointe, pero por iso marcaron unha época e son imprescindibles para comprender todo o que veu despois. Abrasivos e salvaxes como 'She's in a Bad Mood', 'Making the Nature Scene', 'Confusion is Next' ou o bestial mix (falso) de 'Freezer Burn/I Wanna Be Your Dog', industrial e psychodelico e a partes iguais. Unha das anécdotas dos seus inicios é a de que logo dunha grabación impecable deste álbum Lee Renaldo e Thurston Moore introduciron as cintas orixais nun ampli, perdendo todo o seu contido, e que así tiveron que voltar a grabalo todo en tempo record e con primeiras tomas. Logo reeditouse no 87, e máis tarde en 1995 xunto co mítico ep "Kill Yr Idols", que é a copia que temos todos non???, pero aquí vos deixo o enlace para a edición orixinal de nove temas.
O próximo ano se cumprirán xa 30 anos deste álbum, e non pensamos agardar a febreiro, este venres soará moito na sesión Trash Trash Trash...


SONIC YOUTH "Confusion is Sex"
(Neutral Recs, 1983)


facédevos con el no blog L'Invitation au Suicide.


jueves, 14 de junio de 2012

Dr.John, The Night Tripper "Gris-Gris"

Nos últimos meses recomendeivos varios álbumes do Dr.John (Mac Rabennack), algúns dos primeiros, e o máis recente en colaboración con Dan Auerbach dos Black Keys. Así que xa ía sendo hora de traer a este blog dos rifrockerz o seu álbum de debut, logo de moita experementación pyschodélica na súa etapa californiana, en 1967 por fin se decide en dar renda solta ó seu propio proxecto, e no 68 por fin chegou este "Gris-Gris", unha mestura do rock máis ácido da época coa tradición criolla da súa New Orleans natal, cerimonias vudú e bailes tribais que marcaría para sempre a súa carreira. Aínda melloraría a súa fórmula, pero "Gris-Gris" é un clásico da psychodelia máis escura e persoal de finais dos 60, un álbum que fixo historia.


DR. JOHN, THE NIGHT TRIPPER "Gris-Gris"
(ATCO, 1968)


faite con gris-gris no blog The Red Hippie.


miércoles, 13 de junio de 2012

descarga KRAUT

Aquí vos deixo unha corte da sesión do venres pasado, xermanófila 100%, como non podía ser doutro xeito, que o día obrigaba... son 10 temas pero xa podedes supoñer que o asunto se nos foi a máis de 70 mins.

Munstaphá "KRAUT, Deutsche Kosmische Musik (#3, Enigma)"
(sesión Rif-Rock 8 xuño 2012)

faite con KrautKrautKraut!!!


Billy Bragg

Aínda non caeu o ceo sobre as nosas cabezas, pero pouco falta. Paro salvaxe, recesión, bancos atracados polos directivos, rescate europeo, políticuchos incompetentes que nos toman por imbéciles, e agora os mamarrachos que se dirixen a xustiza do estado, e ó que quede por vir..., que isto aínda non vai a quedar así... 
Chamádeme oportunista, pero coas movilizacións dos mineiros de Asturias e León, e como isto en realidade vai de música, non puiden evitar lembrarme do meu querido Billy Bragg, de certo o artista máis axeitado para os tempos que vivimos... (aínda que seguro que ningún pensaba que os seus discursos volverían poñerse de actualidade).
Ahí tedes unha selección das que máis veces puxen na miña vida... coma se as escribise onte:


lunes, 11 de junio de 2012

descarga o audio da RifRocKerZ BluesBand do 2011!!

Como vos prometera a semana pasada na entrada do audio dos Billy & The Crockets, aquí vos deixo novamente a que fora primeira entrega dos audios dos concertos do Rif-Rock. 
Nin máis nin menos que o concerto da RifRocKerZ BluesBand do 2 de xullo de 2011 (esta era a entrada orixinal), composta naquela ocasión por Piti 'drumz', Karlos Abal e Paco Charlín, para conmemorar o noso 12º aniversario, e que subimos de novo para quenes quedaron sin el no seu momento... 


RifRocKerZ BluesBand "Live Rif-Rock 2 xullo 2011"
(Rif-Rock Live Series#1, 2011)



aquí tedes o concerto completo de xullo do 2011:


presentación de "O Sabre do Francés"

As Librarías Cabanillas e Contos convídannos á presentación da reedición da colección de ralatos "O Sabre Francés" (ed.Galaxia) de Miguel Anxo Fernández, que conmemora ó décimo aniversario do orixinal, con portada de Saul Otero. Será ás 20:30h. no Pazo de Torrado.


viernes, 8 de junio de 2012

Esta noite sesión de Kraut!!

Por que sí, por que levo toda a semana raiando uns cantos discos do asunto, esta noite cairá unha dose contundente de Kraut Rock, kosmische e demáis cacharrería xermana alucinada...



jueves, 7 de junio de 2012

The Electric Mess "Falling Off the Face of the Earth"

Esta semana toca recomendarvos outro discazo recén saído do forno. Eu xa levaba tempo agardando por este, e por fin a pasada semana chegou ás miñas mans. Tratáse do segundo álbum do neoiorquinos The Electric Mess, seguramente a mellor banda dunha nova xeración de revival sesentero de NYC. Garage furioso, potencia punk-rock, rítmica beat, fermosos xogos de voces e psycodelia ácida. Todo iso neste "Falling Off the Face of the Earth", que non poderedes deixar de escoitar dende a inicial 'He looks like a psycho', 'Tell me why' o 'The girl with exploding dress' ou 'you're Fired'. A edición en vinilo chega da man dos portugueses Groovie Records. Tremendo discazo!!!


THE ELECTRIC MESS "Falling Off the Face of the Earth"
(Groovie Records, 2012)



aínda non atopo videos deste álbum, así que vos deixo un dos clilps do seu anterior traballo:


Inauguración de 'Fotos na Praza' de Click Cambados

Mañan Venres, ás 20:30h., inaugúrase na praza das Rodas, a primeira exposicións organizada pola asociación Click Cambados: Fotos na Praza.
Toda a info na súa web: http://clickcambados.com/


Venres 8 Trash Trash Trash!

o próximo venres volve a basura de Trash Trash Trash!
(no cartel Marisa Mell en "Masquerade" que despois Carlitos nunca se entera...)



miércoles, 6 de junio de 2012

Billy & The Crockets "Live Rif-Rock 2010" descárgao!!

E mentres estamos enfrascados coa programación do noso 13º Aniversario, tamén toca facer un pouco de revival e bota-la vista atrás. Nunha desas celebracións tivéchedes a oportunidade de disfrutar do directo de BILLY & THE CROCKETS, banda ficticia (o de paralela é moito dicir) que ofreceron o seu único concerto teloneando a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre no que sería o seu último concerto no Rif-Rock. Todo isto foi un 3 de xullo do 2010, celebrando o noso 11º aniversario, así que estas datas son perfectas para recuperar esa colección das Rif-Rock Live Series que comezamos hai un ano co último directo da RifRocKerZ BluesBand (nos próximos días recuperaremos de novo ese concerto, que co asunto de megaupload hai tempo que non está dispoñible). 
Aquí vos deixo a segundo entrega. Son seis temas (creo que de oito que tocaron) en directo no Rif-Rock, con Jorge ás voces é baixo, Martín e Choche ás guitarras, e Michi Calambres na batería... aquí o tedes:

BILLY & THE CROCKETS "Live Rif-Rock 3 Xullo 2010"
(Rif-Rock Live Series#2, 2012)



E si queredes recupera-los vídeos, aquí vai todo seguido...


martes, 5 de junio de 2012

Disco Las Palmeras! 'Me la jugásteis en China'

Novo clip de Disco Las Palmeras! do seu álbum de debut "Nihil Obstat", este é o terceiro, e o tema que máis me gusta a min de todo o disco 'Me la jugásteis en China'. A realización a cargo de Magnetova:


lunes, 4 de junio de 2012

en xullo... 13º Aniversario do Rif-Rock!!

Outro ano máis. En xullo cumprimos 13 anos!!! 13!! neste tempos que corren, 13!!! coma se fora unha desas bromas ben argalladas... e como falta un mes xa toca ir preparando algo para celebralo, así que seguide atentos e xa vos iremos revelando a programación do 13º Aniversario do Rif-Rock


viernes, 1 de junio de 2012

Festa do Xuven na Praza Alfredo Brañas

Este sábado, festaza do Xuven!!!
Nós pola tarde nos adicaremos a disfrutar da previa e do partido no Pombal, pero pola noite xa nos apuntamos!!!



[Páxina do Xuven en facebook]
El proximo sábado en la previa del partido queremos invitar a todos los seguidores del Xuven (socios, aficionados, simpatizantes, amigos,...) a reunirse en la plaza Alfredo Brañas de 15 h a 17,30 h con camiseta amarilla, para a las 17,30 h dirigirse al pabellón del pombal a disfrutar de la final de EBA Establecimientos Otero - Sabadell.

DURANTE LA CONCENTRACION EN LA PLAZA ALFREDO BRAÑAS TODO AQUEL SEGUIDOR QUE ESTE EN POSESION DEL CARNET DE SOCIO Y VESTIDO DE AMARILLO (obligatorio estos requisitos) SE LE SERVIRAN TUBOS DE CAÑA DE CERVEZA A 1 € EN LOS PUBS A LERIA, FICOS , BROTHERS ,PILON,ESCUMA.

Y PARA REMATARLA, POR LA NOCHE TODOS AQUELLOS QUE SALGAN A CELEBRARLO, (DE AMARILLO Y CON EL CARNET DEL XUVEN) COPAS A 3 € EN FICOS , BROTHERS, A LERIA, RIF ROCK ,ESCUMA,PILON, CLÍMAX. 


FORZA XUVEN!!