Esta noite, festaza por todo o alto para despedi-lo verán na Praza de Alfredo Brañas cunha boa dose de rock'n'roll, os protagonistas serán os xermanos THE FORD BRONCOS, inmersos na xira de presentación do seu terceiro álbum "54°33’10°13’" (Hazelwood/Rough Trade, 2012), e que nos ofrecerán a súa divertida descarga de speedcountry & stomp 'n' roll, non vo-lo perdades, tremendo concerto, espectáculo asegurado!!!
E por fin tedes aquí o concerto completo de David R. Valeiras, non é que o asunto leve retraso, pero é que había moito fan impaciente preguntando a diario polos videos...
Pois aquí está, o concerto completo do pasado Venres 24 de agosto, noutra entrega heterodoxa das Jazzerz Live Series, e como vos prometéramos, retorcido, incisivo e aínda moito máis divertido.
Son un total de 11 temas, con dúas versións dos seus ídolos Krahe e Ricky López, e o resto composicións propias. Un auténtico fenómeno. Unha vez máis gracias a David, a Comomepos Produccións polo duro traballo, e por suposto a tódo-los aistentes.
Esta noite comeza a conta atrás do programa Atardecer no Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago, que durante todo o verán, e iso sí, con nula difusión, se levan sucedendo concertos bastante interesantes e de balde.
Os protagonistas desta noite serán os nosos amigos The Allnight Workers, mentres agardamos a saída do seu segundo traballo "Do it again, please" (Grabaciones de impacto), temos unha ocasión estupenda para desfrutalos de novo en directo.
Non vos perdades a súa descarga de rhythm'n'blues!!!
THE ALLNIGHT WORKERS Xoves 30 agosto 2012, 21:00h. Cidade da Cultura, Praza Exterior
Os habituais do local, xa sabedes que de vez en cando, membros de bandas interesadas en tocar ou en difundir o seu traballo, nos deixan no Rif-Rock as súas maquetas. Reordenando os discos dos últimos meses atopeime con este. O mes pasado un rapaz francés achegouse polo local a tomar algo e deixounos esta maqueta do seu grupo. A banda é KEITH PROJECT, e son de Guingamp, na Bretaña francesa. Esta demo contén catro temas contundentes e cunha producción bastante elaborada, cercanos ó stoner pero con moitos máis matices, seguro que a moitos vos gustarán...
Segue a xira de presentación do novo proxecto de Juan Carballo e Ramón Nuñez, o disco libro "A Máquina do Tempo" coma sempre ilustrado por Nuria Díaz. Unha mágoa que a súa data en Cambados coincidira co noso concerto no Rif-Rock de David R. Valeiras, pero en calqueira caso, este Venres (31 de agosto) tedes unha nova oportunidade de velos na comarca, será no Encontro de Barrantes dende as 23:00h. Consulta toda a info na súa web: A Máquina do Tempo.
E aquí vos deixo o a entrevista que lles fixeron na TVG o pasado venres no Continental:
Hoxe mesmo comeza a semana máis importante da Vuelta a España 2012, coas etapas galegas e asturianas, que serán decisivas, pero sobre todo a que nos importa é a de mañan, a contrarreloxo Cambados-Pontevedra. Eu terei que vela por tv, pero con envexa sana de todos os que estedes polas rúas da vila, e por suposto animando ó amigo Veloso, ó que tivemos o pracer de montarlle a parcarta encargada polo VagoViños:
Esta é unha desas ocasións nas que non fai falla ningún tipo de presentación dunha banda, cada día nos xornais e na tv, polas terribles consecuencias da súa intervención na reconstruída Catedral do Cristo Salvador de Moscova. Pussy Riot son a extensión musical do colectivo Voina (Война) das que podedes ver múltiples de actuacións na web, e nos serve para indignarnos dende casa, pero tamén debería facernos reflexionar e decatarnos de que o desproporcionado das represalias na outra esquina de europa, cecais non estén tan alonxadas do que tería pasado aquí nun caso similar, e de que aínda que a miudo acaban pasando, sempre está ben recuperar o espíritu do Non pasarán que Nadezhda Tolokonnikova se encargou de lembrarnos coa súa camiseta.
O ep "Kill the Sexist" é de marzo deste ano, xusto despois dos acontecementos da catedral, compartímolo hoxe por que a semana pasada foron varios os que tiñan curiosidade por escoitalo, pero máis aló do musical, debería facernos abri-los ollos e reaccionar para non ir no mesmo camiño da Rusia de Putin...
Este Venres 31 de agosto, festaza por todo o alto para despedi-lo verán na Praza de Alfredo Brañas cunha boa dose de rock'n'roll, os protagonistas serán os xermanos THE FORD BRONCOS, inmersos na xira de presentación do seu terceiro álbum "54°33’10°13’" (Hazelwood/Rough Trade, 2012), e que nos ofrecerán a súa divertida descarga de speedcountry & stomp 'n' roll, non vo-lo perdades, tremendo concerto, espectáculo asegurado!!! dende as 22:30h.
Pero q enorme o de onte de David R. Valeiras!!! a estas horas aínda non paro de rir.... e que profesionales os de Comomepos Producións, (coristas incluídos) moitas gracias fenómenos! e a todos por vir, claro.
Este noite (Venres 24 de agosto) voltamos coa música en directo no Rif-Rock, o protagonista será o ourensano DAVID R. VALEIRAS, que chega por cortesía de Comomepos Producións, quenes directamente nos presentan ó cantautor:
"Chegado dende Ourense, David R. Valeiras ven coas súas dúas únicas armas: a súa guitarra e o seu kazoo. De verborrea incontrolable e serio semblante, mostrará as súas múltiples caras a través do seu repertorio. E é que este fillo bastardo de Javier Krahe non se anda con rodeos".
Retorcido, incisivo e divertido, non vo-lo perdades!!
Será este Venres 24 de agosto, coma sempre dende as 23:30h.
Aquí tedes a entrevista con David R. Valeiras que publicaron hoxe no Viernes de Arousa de La Voz de Galicia, presentando o concerto desta noite no Rif-Rock. *(novamente, o da foto non é el, que cruz ten este rapaz co marketing!!)
Tralo seu retorno editorial con "The Real Sounds of..." The Phantom Keys volven á carga cun novo 7'', con dous temas grabados nas mesmas sesións que o álbum, trátase de 'Gloria's Nightmare' un tema propio moito máis psicodélico (un guiño ó reverso de Gloria's Dream, supoño) e 'Just a Little Beat' que é unha versión do clásico R&B de Rosco Gordon. O meu xa o teño na casa, así que non vos conformedes con escoitalos no bandcamp.
O primeiro lp de Nick Waterhouse está a ser unha das sensacións da tempada. Este xoven de San Francisco é un obsesionado do rhythm'n'blues e o soul orixinal máis purista, chegando a empregar mesas analóxicas auténticas dos míticos estudios dos selos Chess ou Stax. Despois de producir varios traballos lanzouse co seu propio material, primeiro varios 7'' (algún 8'') e tra-lo ep do ano pasado ("Is that clear") a comezos de verán publicou o seu primeiro lp, este fantástico "Time's All Gone", que inclúe tres temas do anterior ep 'Is that Clear', 'Some Place', e a versión dos Them 'I Can only give you everything' en clave Motown, e que completa con outras sete xoias do xénero, máis escuras e rítmicas como 'Say I wanna Know', 'Dont forget it' ou as dúas partes do 'Time's All Gone'. Tremendo, do mellor que escoitei en bastante tempo!!!
Xa queda moi pouco para a saída do primeiro álbum dos psychobillys vigueses BREAKIN' BONES, e nun alarde de mercadotecnia nos propoñen un concurso de fotos coas camisetas do grupo, o premio por suposto un exemplar do seu álbum, ahí o tedes:
"Hemos decidido crear un concurso en el que premiaremos las mejores fotos en las que los retratados posen con la camiseta de Breakin´Bones, el premio...pues una copia de nuestro flamante disco, os invitamos a enviar estas imágenes a: breakin.bones@yahoo.es antes del 11 de septiembre".
E máis actividades para o Venres 24, unha presentación á que nos convidan as librarías Contos e Ramón Cabanillas, trátase das novas publicacións da editorial Hugin e Munin.
Este Venres voltamos coa música en directo no Rif-Rock, o protagonista será o ourensano DAVID R. VALEIRAS, que chega por cortesía de Comomepos Producións, quenes directamente nos presentan ó cantautor:
"Chegado dende Ourense, David R. Valeiras ven coas súas dúas únicas armas: a súa guitarra e o seu kazoo. De verborrea incontrolable e serio semblante, mostrará as súas múltiples caras a través do seu repertorio. E é que este fillo bastardo de Javier Krahe non se anda con rodeos".
Retorcido, incisivo e divertido, non vo-lo perdades!!
Será este Venres 24 de agosto, coma sempre dende as 23:30h.
Esta é a demo promocional que en maio deste ano editamos no Rif-Rock para regalar ós asistentes ó concerto de DAVID FALCÓN. Nesta demo atoparedes cinco temas, todos de composición propia, e grabados en maio do 2012, os tres últimos pertencen ó seu blog Pictures in Stereo. Para un orixinal, xa sabedes, estivérades alí, pero para os que non, aquí tedes o enlace para descargalo, en mp3 a 320kbps e as portadas e deseños en tamaño orixinal. Que o desfrutedes, e difundídeo pola rede!!!
Aquí tedes unha selección de pouco máis de unha hora da sesión intermitente do pasado venres coa que conmemorábamos os 15 anos sen Fela Kuti, aquí tedes nunha pista once cortes de Fela Kuti en varias etapas da súa carreira, El Rego, The Uhuru Dance Band, Mahotella Queens, Oneness of Juju, Bra Sello ou Phillip Malela entre outros... ahí vai:
E para que o fin do verán non se faga moi duro xa estamos programando unhas cantas historias, en primeiro lugar, unha nova entrega dos acústicos das Jazzerz Live Series, e nesta ocasión tampouco é jazz, pero xa sabedes que polo formato acústico van con esta etiqueta...
O protagonista será DAVID R. VALEIRAS, un ourensano que chega ó Rif-Rock da man de Comomepos Producións, quenes directamente nos presentan ó artista: "Chegado dende Ourense, David R. Valeiras ven coas súas dúas únicas armas: a súa guitarra e o seu kazoo. De verborrea incontrolable e serio semblante, mostrará as súas múltiples caras a través do seu repertorio. E é que este fillo bastardo de Javier Krahe non se anda con rodeos".
Será o próximo Venres 24 de agosto, coma sempre dende as 23:30h.
E deixando ó marxe ás novidades, agora unha reliquia coa que me acabo de facer por fin!!! o primeiro álbum dos meus queridos Hüsker Dü, en vinilo na súa edición orixinal de 1982, e ademáis tirado de precio e nun estado impecable, máis non se pode pedir!!! "Land Speed Record" é o álbum de debut da banda de Minneapolis, un album grabado en directo en agosto de 1981, que lonxe do son posterior da banda, é hardcore furiose e superacelerado, con 17 temas en 26 minutos, grabado cun 2 pistas, que a comezos de 1982 foi publicado por New Alliance Records, o selo de Mike Watt (dos Minutemen), e que logo sería reeditado por SST en 1987, durante os anos que a banda pertenceu á discográfica. Segundo o propio Bob Mould, o álbum é producto do excesos coas anfetas... en fin, unha marabilla que por fin é miña!!!
Finalmente o ENTROIDO DE VERÁN que se ía celebrar mañán martes 14 na praza Alfredo Brañas, hai que deixalo para o Venres 17, por que para o martes o tempo igual se parecía demasiado ó de febreiro e a gracia non sería a mesma... vémonos o Venres!!!
Organizado por Rif-Rock, A Leria, Fico's, Penkito e Brothers.
Esta noite, toca facerlle unha homenaxe ó xigante Fela Kuti dende a cabina do Rif-Rock. O pasado 3 de agosto cumpríanse 15 anos do seu pasamento, así que preparádevos para unha sesión intermitente chea de afrobeat, highlife e ritmos vudú, con gran presencia do xenio nixeriano.
Mañán venres será a ocasión de rendirlle unha homenaxe ó descomunal Fela Kuti dende a cabina do Rif-Rock, pero desta vez non imos compartir un deses clásicos do afrobeat que tanto nos gustan, desta vez imos cara o final. Normalmente se identifica a última etapa da carreira de Fela Kuti, como un período menor no musical, e certamente coa xigantesca banda Egypt'80 tivo un certo retorno ó highlife da súa mocidade, con temas alongados de máis, que se facían eternos sen a rítmica dos anteriores Africa 70. Un Fela Kuti xa bastante enfermo, pero cada vez máis popular ó redor do mundo, aínda gardaba algún recurso. O seu maior éxito desta época foi sen dúbida a suite 'Beasts of No Nation' que era unha dura denuncia do apartheid na que acusaba directamente a Margaret Thatcher, Ronald Reagan e ó presidente sudafricano Pieter Willen Botha. Era 1989.
Por mor do retraso ocasionado pola semana do Abariño, por fin xa tedes subido nas anteriores entradas tódo-los vídeos do concerto que clausuraba o programa do 13º Aniversario do Rif-Rock o venres 27 de xullo, e os encargados foron THE VOORHEES, power trío formado por Isidro 'Incomodo', Piti e o mestre Karlos Abal, que para esta ocasión prepararon un repertorio de clásicos de todo tipo, cuns cantos temas estrela inspirados en clásicos de terror, coma o impresionante horror-shock 'Murder in the Graveyard' de Screaming Lord Sutch, a versión reprise do 'Sympathy for the devil' dos Rolling Stones, ou Mr.Big, eternos da tv coma os Adams e os Munsters como escusa para longos desenrolos, incunables como a revisión do 'In the Pines' de Leadbelly, ou temas de bandas sonoras coma Urge Overkill ou Shivaree, e máis recentes coma o 'Bad Things' de Jace Everett para True Blood, e ata o 'Drácula Ye-yé' de Pajares vía Dr.Explosion...
Gracias de novo ós tres, tremendos coma sempre!!!
Nas anteriores entradas o tedes en tres partes [pt.1 - pt.2 - pt.3] e aquí todo seguido nunha lista de reproducción The Voorhees (Rif-Rock 27 xullo 2012).
O pasado 3 de agosto cumpríanse 15 anos do pasamento do xigantesco Fela Kuti, e unha vez pasadas as festas, xa toca facerlle unha nova homenaxe, será este venres 10, cunha sesión intermitente chea de afrobeat, highlife e ritmos vudú, con gran presencia do xenio nixeriano.
Festaza!!! moitas gracias a todos por vir, e participar, incluso algún/ha sin saber de que iba todo esto ata que entrou e se topou co que había dentro...
Nesta edición moita xente, máis que nunca e poucos bigotes dignos de concurso, tanto que ata a implacable xuíza delegada de Cambados(tk) case declara a categoría absoluta como deserta. E sen embargo houbo moito máis nivel na categoría de postizos, e iso sí, cada vez máis disfraces, o que nos obrigará a establecer un novo premio para a edición do 2013.
Os galardoados desta edición foron:
- Premio Bigote Absoluto / Campión dos Mostachos: Eulogio Romero.
- Premio ó Bigote Postizo: María Daporta.
- Premio especial do xurado ó mellor atrezzo: Anaí López.
- Gran Premio de Honra 2012: Otto Balboa. Todos recibiron a correspondente placa conmemorativa e un poster firmado polo gran Mister R, que unha vez máis quedou sen premio, pero máis que reconfortado ó recoller o Gran Premio de Honra do pequeno Otto, que obviamente non estaba alí para recollelo e supoño que pola mañan tería un super biberón especial...
Aquí vos deixo o video coa entrega de premios, que desta vez non foi presidida polo mestre Óscar, que tivo que delegar a dirección e presentación do show en Marinocha, que por suposto rematou aclamada polas masas...
e aquí tedes os catro galardoados deste ano, para o resto das fotos buscádeas no álbum de facebook.
Unha vez máis gracias a todos por participar!!! e xa podedes ir preparando algo para a 5ª Festa do Bigote!! será o Domingo 4 de agosto do 2013!!
Dende esta semana xa tedes as entradas á venda para a edición do Outono Capitol Rock Festival de Compostela... o Rif-Rock colabora co Festival, así que nuns días tamén poderedes ter máis info no noso local.