E ademáis de recomendarvos o documental Searching for Sugar Man, non podiamos pasar a ocasión de compartir a súa fantástica banda sonora. Un álbum que é sinxelamente un recopilatorio dos mellores temas de Sixto Rodríguez, que ven a facer un pouco de xustiza coa súa música para darlle o recoñecimento que nunca tuvo.
SIXTO RODRÍGUEZ "Searching for Sugar Man (Soundtrack)"
Logo do seu triunfo no festival de Sundance, era o gran favorito coma mellor documental para os Oscar deste ano. O que ven despois é unha sobredimensión do personaxe dende medios xeneralistas que tan nulo interés tiñan anteriormente por Sixto Rodríguez coma a indiferencia que lle prestarán a próxima semana. Hai moito tempo que Sixto Rodríguez é un artista de culto, pero tamén é certo que de toda esta historia de "Searching for Sugar Man" non tiñamos nin idea.
Nós coñecimos a Rodriguez coma outra moita xente por un deses fantásticos recopilatorios producidos por David Holmes (se non me falla a memoria foi no "...presents The Free Association" do 2003), pero pronto atopei quen me deixara o "Cold Fact" de Sixto Rodríguez, o seu debut de 1969 no que se incluía o Sugar Man, así que tan misterioso non era o asunto... por moito que algúns locutores-presentadores torpes se empeñen, Sixto Rodríguez nunca chegaría a ser máis grande que Bob Dylan, pero iso non lle resta importancia (repetindo a mesma tontería toda a semana coma se iso fora o fondo do documental).
Outra cousa moi distinta é a historia do filme, un mexicano de Detroit que firmou dous álbumes estupendos en 1969 e 1970, pero decideu abandoa-la súa carreira ante o nulo éxito, sen embargo en Sudáfrica convertiuse nun éxito de ventas e nun emblema da loita contra o apartheid a través das súas cancións sen que ninguén o soubera no outro lado do Atlántico, a lenda so seu suicidio en directo, e unha rocambolesca casualidade que pon en marcha unha busca do home que hai detrás do mito... que promete ser unha historia apaixoante. Teremos que conseguilo rápido!!
Searching for Sugar Man
2012. dir: Malik Bandjelloul (Suecia - UK) documental
Como xa sabedes o prato forte da nosa programación de marzo será o sábado 9, cando teremos en directo ós tremendos BREAKIN' BONES, sen dúbida a mellor banda de psychobilly do pais. Todo un luxo para nós que repitan no Rif-Rock.
Os vigueses veñen a presentarnos o seu último "Breakin' Bones EP", un traballo gravado nos estudios Colorado Springs e producido por Producciones Pollos y Medios Pollos a finais do ano pasado, e que por suposto está cheo do seu rockabilly enfermo i extraño. Podedes comprobalo no seu bandcamp.
Moitos xa teñen esta data marcada na súa axenda. Despois do seu concerto no Rif-Rock do ano pasado, os que estiveron repiten seguro, e os que o perderon mellor que non deixen pasar esta nova oportunidade para desfrutar dun dos mellores shows que se poden contemplar hoxe en día neste estilo...
Rockabilly from the other Side!! Non vo-lo perdades!!
AVISO: a mediados do mes de marzo, os funcionarios do Rif-Rock colleremos unha semana de vacacións, de xeito que a fin de semana que comprende o Venres 15 e Sábado 16 de Marzo non abriremos. Uns días de descanso para estar xa de volta o Venres 22 de marzo, coas pilas ben cargadas, e preparados para a Semana Santa. Disculpen as molestias.
*seguiremos avisando para que non se vos esqueza...
Para que non vos perdades con todo o material disperso de Muerte por Cowbell, lémbrovos que baixo a etiqueta da banda (Muerte por Cowbell) poderedes acceder a todo o concerto, fotos, videos, carteis, e demáis promocións (a falta dalgún montaxe de tomas falsas, pero para iso aínda precisamos máis tempo) que están dispoñibles picando sobre o cartel na columna da esquerda ou no vínculo permanente no índice de etiquetas.
Aquí tedes unhas cantas fotos do concerto dos Muerte por Cowbell do 16 de febreiro, que nos envía Adri_Meu dende Comomepos Producións. Un placer coma sempre organizar trasnadas con esta xente!!
Sobre o filme Superfly de Gordon Parks Jr. de 1972 xa temos falado noutras ocasións, así que hoxe vos recomendo unha curta documental realizada por NWE na que se reúnen con moitos actores do reparto e estudiosos sobre o fenómeno Superfly, da súa xestación e da súa repercusión...
Como xa vos avisamos a comezos de semana, este Venres 22 se presentará o libro de homenaxe a Luis Fernández Silvoso, pero finalmente, por cuestións evidentes de aforo, será no Auditorio de A Xuventude, ás 20:30h.
Despois de moito tempo de espera por fin puidemos ver en directo ós terribles MUERTE POR COWBELL!! Unha aposta moi persoal dende o Rif-Rock para o primeiro concerto do local neste 2013.
Un tributo ó xigante Frank Zappa que foi unha noite de entretemento puro. Miguel, Sito, Noa e Carlos exercendo coma showman, catro valentes sen complexos dos que podedes presumir!!. Foron dous pases breves que por diferentes motivos non defraudaron a ninguén, e nos que repasaron un bo e complexo repertorio da discografia de Zappa post-Mothers: Cosmic Debris, Bobby Brown, Willie the Pimp, What's the Ugliest part of your body?, My guitar wants to kill your mama, Peaches in Regalia, e a máis personal de todas, a adaptación do Muffin Man, todo pasado pola trituradora desvergonzada dos Muerte por Cowbell!! gracias ó catro! e a Comomepos Producións por todo o traballo adicional, e por suposto a todos por vir.
Xa temos tódo-los vídeos subidos nas anteriores entradas (parte 1 e parte 2) ou aquí todo seguido MUERTE POR COWBELL (Rif-Rock 16 feb.2013) nunha lista de reproducción. Nas próximas semanas subiremos fotos, algunhas tomas falsas en video e algunha sorpresa máis... que isto deu para moito material!!
Agora estaba repasando polo blog, e nunca vos recomendara ningún dos álbumes anteriores de The Evens ("The Evens" do 2005 ou o fantástico "Get Evens" do 2006). Supoño que os seguidores de Fugazi xa saberedes que que vai o asunto, e para os que non, pois é un dos múltiples proxectos de Ian KacKaye, un dúo guitarra-batería xunto con Amy Farina. Dende esos dous álbumes so publicaran no 2011 un 7'' chamado "Two Songs" ó máis puro estilo MacKaye. Así que a súa volta a finais do 2012 con este "The Odds" foi unha nova fantástica. Algúns se refiren a The Evens como o proxecto indie de MacKaye, pero este home nada ten que ver con esa etiqueta, poderiades velo como unha vía máis de posthardcore feito na sala de estar. A min xa me tardaba algo de MacKaye, e este The Odds vai moi ben para un día coma este...
Este debut vai a ser unha das sensacións da tempada. Lendrone son un trio da Coruña, e chegan da man da escudería Matapadre, que seguen a facer un estupendo traballo coas bandas do país. Lendrone dánlle a todo, rock e electrónica, kraut e math rock, para once cortes instrumentais, de atmósferas retro-synth e cambios explosivos. Uno foi gravado e misturado nos estudios Circulo Polar de Ogrobe por Iñaki Bea e masterizado no GMS de California por J.J.Golden. Recén saído esta semana xa podedes facervos con "Uno" na tenda de Matapadre, e tamén descargalo no seu bandcamp.
O próximo venres 22 de febreiro ás 20:30 horas terá lugar no edificio de Exposalnés de Cambados a presentación do libro-homenaxe ao galerista cambadés Luís Fernández Silvoso.
Luís Silvoso dirixiu durante 13 anos a única Galería de Arte cambadesa, Borrón-4 e unha das poucas do Salnés. Luís dou a oportunidade a moitos artistas da bisbarra e de fóra da bisbarra de expoñer nese espazo, contribuíndo enormemente á dinamización da vida cultural cambadesa.En outubro de 2011 a consecuencia dun derrame cerebral morre con 57 anos. A derradeira exposición que Luís organizou na galería pertencía a Manolo Busto e foi este artista quen tivo a idea de editar o libro de homenaxe ao galerista que agora se presenta. Manolo Busto e eu mesma encargámonos de recoller e organizar a información que nos facilitou Teresa Escariz, a súa viúva. O xornalista Carlos Crespo maquetou o material para a súa publicación.
*finalmente a presentación será o mesmo día e hora, pero no Auditorio de A Xuventude (act).
O do sábado pasado non ten calificativos... enorme o destes catro tipos!! Xamáis coñeceredes a ninguén con máis valor ca eles!! Gracias a todos por vir e sobre todo a eles catro... insuperable o de Muerte por Cowbell!!
Nos próximos días xa subiremos videos, fotos e máis.
Mañán é o gran día, así que xa non avisamos máis...
Unha actuación única dunha banda irrepetible. Rif-Rock Cambados e Comomepos Produccións presentan en concerto a MUERTE POR COWBELL!! Un tributo a Frank Zappa. Será este Sábado 16 de febreiro. Non vo-lo perdades!!!
Xa que onte vos recomendábamos o ep dos Foxy Freire de Virxilio da Silva, isto xa nos sirve de motivo para selecciona-la foto revival desta semana...
Aquí tedes a Virxilio (guitarra) xunto con JC Ferro ó contrabaixo na primeira vez que tocaron en directo no Rif-Rock. Foi en maio do 2005, unha boa noite de jazz, e se a documentación non nos falla, era a presentación do Despregable#nº2.
O Café Pub Brothers acollerá o vindeiro domingo 17 de febreiro, a partir dás 19:00 horas, un Slam de poesía (un torneo de poetas puntuado polo público presente) no que se poderá recitar calquera texto orixinal de propio. Non se poderá usar música, nin disfraces ou accesorios, xa que o que se busca é contactar co público mediante un óptimo recitado, que non poderá durar máis de tres minutos.
Os votos do público asistente elixirán ós tres finalistas que participarán na final a celebrar na Illa de Arousa. O gañador desta final participará en Madrid nunha final estatal.
Para participar podes apuntarte na dirección slam.arousa@gmail.com, no Café-Pub Brothers, ou simplemente estar presente o mencionado día.
Foxy Freire nútrese principalmente do rock and roll de finais dos anos 60 e comezos dos 70. Están influenciados por bandas como MC5, The Doors, Jimi Hendrix, Led Zeppelin, Black Sabbath, Blue Cheer, Leaf Hound, Cream e Grand Funk Railroad, entre outras moitas. Así é como se presentan eles mesmos, pero seguro que moitos de vós xa escoitáchedes falar dos Foxy Freire, e o máis probable é que xa os puiderades ver en directo, pero para os que non saiban de que vai o asunto, Foxy Freire é a banda de rock formada por tres grandes do jazz da nosa terra: Máx Gómez á batería, Virxilio da Silva con guitarra e voz, xunto con Fernando Sánchez á guitarra, e na actual formación co incríble Paco Charlín ó baixo... Así a cousa xa vos parece moito máis seria non?? O resultado é brutal, pero iso xa o sabíamos.
Hoxe vos falamos deles porque dende hai un par de semanas teñen listo o seu ep de debut, e xa podedes escoitalo e descargalo dende o seu bandcamp, e para seguir máis informados a semana pasada estrearon a súa web http://foxyfreire.es/ na que nos anuncian que en breves abrirán unha campaña de crowfunding en verkami para a financiación do seu priemeiro lp.
A finais de ano chegou o debut en largo de outra das bandas dese estupendo filón que é o Colectivo Metamovida, son os pontevedreses Guerrera, co seu "Under the Gypsy Sun", composto por seis temas que mesturan blues psychodelico e stoner, ou como eles mesmos se definen especialistas en duelos de guitarras, solos de armónica y trances hipnóticos. Ós seus membros tamén os atoparedes con Holy Water, Ictus ou Cuzo, e deste álbum editaron 300 copias en vinilo financiadas através de crowfonding, pero ademáis tamén podedes descargalo no seu bandcamp.
Este Sábado é un deses grandes días que non vos deberiades perder...
Sábado 16 febreiro2013
MUERTE POR COWBELL
en concerto!!!
Muerte por Cowbell comezou hai un par de anos como outra cousa, un dúo de extrañas influencias que ían dende o dubstep ata o shoegaze máis abrasivo. Sen atopar unha explicación coherente o proxecto medrou, e mudou drásticamente, ata convertirse nun cuarteto de gamberros rendindo un tributo ó mesmísimo Frank Zappa (neste 2013 cúmprense 20 anos da súa morte).
A súa lenda negra dí que os Muerte por Cowbell xamáis ensaian dúas veces no mesmo lugar, que coquetean frecuentemente coa cumbia, que viven moi por encima das súas posibilidades, e que a loita de egos a rematará coa súa prometedora carreira, outros sen embargo afirman que o seu único obxectivo é destroza-los bares nos que actúen, pero iso teredes que comprobalo vós mesmos. Logo non poderedes decir eso de ‘eu estiven alí…’.
Unha actuación única dunha banda irrepetible. Cando se cumpren 20 anos sen Frank Zappa, o Rif-Rock Cambados e Comomepos Produccións presentan en concerto a MUERTE POR COWBELL!!
Será este Sábado 16 de febreiro. Non vo-lo perdades!!!
* apertura de portas 23:30h..
** entrada de balde ata completar aforo (coma sempre).
E para despedir o gran trompetista Donald Byrd, nada mellor que recomendarvos o álbum que máis nos gusta do seu repertorio, "Byrd in Hand" de 1959 para Blue Note, cun reparto de luxo, e un dos cumios do hardbop!!
Aínda estamos cos preparativos para o concerto da semana próxima dos Muerte por Cowbell (lembrade: Sábado 16 de febreiro!!) no que é un dos concertos máis agardados na nosa vila dos últimos tempos... xa vos podemos ir adiantando o prato forte para o mes de marzo: en directo os tremendos BREAKIN' BONES!! a mellor banda de psychobilly desta esquina do planeta. Todo un luxo para nós que unha banda deste calibre repita no Rif-Rock despois do espectacular concerto que nos ofreceron o ano pasado.
Namentres traballamos no cartel, aquí tedes a folla promocional da banda na que nos adiantan as datas que polo momento teñen para o mes de marzo. Xa vos seguiremos informando...
E hoxe sacamos unha máis do caixón. Aquí tedes a Manolo (agora en Undertown) e Isidro coas guitarras e a Piti no Chan coa percusión... (estes dous últimos en múltiples bandas na actualidade). Esta foto estaba solta, e non sei moi ben si se trata dun acústico de El Bosque Ambulante no aniversario do 2003, ou se foi no 2004 cando actuaron coma Dervinthef Giróvagos (xa queda asi pra sempre, pero estaba mal escrito no cartel). A ver se alguén se lembra disto...
Xa hai unha boa tempada que moitos de vós nos vides reclamando que subamos material vello do Rif-Rock, de concertos e outros shows que se remonten ata o século pasado cando abrimos alá polo 1999. É certo que salvo algunhas cousas vellas que compartimos polo 10º Aniversario, case todo o material previo á apertura do blog e do facebook e todo iso, quedou bastante esquecido por discos duros e ata en carretes de 35mm. A tarefa non é sinxela, pero por algo hai que comezar. Iremos subindo baixo a etiqueta Revival Rif-Rock para que atopedes dun xeito moito máis cómodo este material no blog.
De primeira tedes a Gary Tormento (dos New Rippers) subido na barra antes de saltar enriba do público no que sen dúbida foi o concerto máis destroyer da historia do noso local. Eran os fantásticos New Rippers, que viñeron como cuarteto convertidos en Deprevados (no fondo tedes a Martín, aka Howlin'O-Lorre na batería). Foi en outrubro do 2004