martes, 30 de abril de 2013

Miles Davis "Bitches Brew"

30 de abril, Día internacional do Jazz segundo a Unesco. Mirade se ten pouca difusión que non me enterei ata hoxe. Pero xa temos disculpa para compartir un bo álbum de jazz, e para darlle un pouco de lustre ó asunto, imos con un dos mellores da historia.

Cando se fala de Miles Davis normalmente se cita o "Kind of Blue" ou "Birth of the Cool" coma os seus mellores traballos. Pero Davis fixo uns cantos álbumes deste calibre ou incluso superiores. Son álbumes que marcan unha época, non só da súa carreira, senón que provocan un antes e un despois na historia do jazz, e da música en xeral. De feito sempre se di que Miles Davis cambiou tres ou catro veces a historia da música ó longo da súa carreira. Ben pois hoxe imos coa última delas, e seguramente a máis importante.

Estamos a falar do "Bitches Brew", de 1970, que supón o nacemento do que se coñece como jazz-rock, con base de jazz modal e free jazz, pero fortemente influenciado pola música árabe e hindú, polas propostas de Sly Stone, e sobre todo por Jimi Hendrix (Davis estaba impresionado co "Electric Ladyland"). Para esto contou coa producción de Teo Macero, a quen supostamente Davis lle pediu que non interrumpira as gravacións en ningún momento para que tóda-las sesións quedaran recollidas, e na vez de contar con músicos consagrados, optou por contratar a xoves músicos, entre os que estaban Chick Corea, Larry Young, Wayne Shorter ou Dave Holland... case nada!! E mención aparte para Mati Klarwein e John Berg, os encargados do deseño da portada, carpeta e demáis... 

O resultado foi incríble, ademáis de convertirse no primeiro álbum de Miles Davis en vender máis de un millón de copias, seguramente é o álbum máis rupturista da segunda metade do s.XX, e como algún dixo "por que é un álbum de jazz, que se non tamén sería o mellor álbum de rock da historia". 

MILES DAVIS "Bitches Brew"
(Columbia CBS, 1970)





domingo, 28 de abril de 2013

Blackenstein, The Black Frankenstein.

Esta semana non vos imos deixar selección para descargar da sesión do venres pasado da entrega das Black Grooves! que non tódo-los días temos tempo para adicarnos a esas cousas. A cambio como uns cantos me preguntaron de qué era o cartel da sesión, pois ahí vai... 

Se vos fixades nos carteis das sesións do Rif-Rock, cando empregamos imaxes, ilustracións ou fotos collidos de cine ou portadas sempre aparece por algún lado a orixe do material, e nesta ocasión tamén. Pero para os que non se fixan: a do cartel é Marva Farmer, unha atriz de carreira efímera que participou en varios filmes de blaxploitation, o máis famoso deles foi este Blackenstein, no que apesares de protagoniza-lo cartel promocional, tiña un papel de reparto bastante secundario. Así que esta semana, na vez de deixarvos un enlace de descarga para unha sesión, deixámosvos esta entrañable Blackenstein, en VO claro...


Blackenstein. The Black Frankenstein (1973).

Un dos subxéneros de maior éxito nos inicios do blaxploitation foi o das adaptacións dos clásicos de terror, dende os clásicos da Universal ata os máis recentes psychodélicas adaptacións da Hammer británica. Despois do éxito de convertir a Drácula en Blacula, o asunta estaba desatado.

De feito Blackenstein foi estreada meses antes que Scream Blacula Scream! (a segunda parte de Blacula), e polo resultado en conxunto semella que se diron moita presa en facelo, porque agás uns cantos detalles, coma o sangue e as esceas nas que Blackenstein masacra ás súas víctimas todo está cheo de incoherencias e incon-cordancias (por exemplo entre día e noite, vestiario, algún decorado movil, etc...). 

Os protagonistas son John Hart, Andrea King, Ivory Stone e Liz Renay (ademáis das aparicións de Marva Farmer, claro). A historia comeza cun ciruxano visionario (o dr. Stein), que está no seu laboratorio macabro nun sótano de L.A., cos preparativos para realizar un extraño experimento, chega a visitalo unha ex-alumna súa, que lle conta que o seu mozo acaba de chegar de Vietnam gravemente ferido, isto é sen brazos e sen pernas. Stein vai visitalo ó hospital, e o comprobar como o persoal sanitario o maltrata polo seu estado e dun xeito abetamente racista, deciden trasladalo ó seu laboratorio onde lle inxertarán as catro extremidades... e por suposto Malcomb o axudante (o Igor, ou Aigor, do dr. Stein) o estraga todo, comeza a sufrir cambios físicos (ata lle sae moucha afro de golpe) e mentais, o enxendro escapa da mansión e se adica a matar a todo-los paisanos que se atopa por diante... 
A ver se vos atrevedes con ela, aquí a tedes:

Blackenstein, The Black Frankenstein.
USA 1973, American International Pictures. 
Dir: William A. Levey
(ver ficha en IMDb)




jueves, 25 de abril de 2013

Goat "World Music"

Un dos temas que máis sona nos últimos meses dende a cabina do Rif-Rock é o Goatman dos suecos Goat. A miúdo se acerca alguén a preguntar que é iso que sona e tal... e nós sempre insistimos en recomendar o seu álbum "World Music" como un dos mellores álbumes do ano pasado, aínda que para moitos pode resultar demasiado irregular e bastante extrano. O certo é que cada vez lle adico máis tempo a escoitalo, un álbum de psychodelia pura e dura, ou alomenos como debería ser entendida neste s.XXI, con moita carga de kraut, afrobeat (máis ben cerimonias vudú) pero en definitivo un exercicio perfecto de densidade e ritmo puro, como se pode ver na tríada de estados de ánimo que son Goatman, Goathead e Goatlord, ou as máis festivas Let it Bleed ou Disco Fever.
Agora é cando vo-lo recomendo porque hoxe mesmo nos fixemos coa edición en vinilo (podedes ve-los detalles no blog de Rocket Recordings), unha auténtica pasada!!

GOAT "World Music"
(Rocket Recordings, 2012)


podedes facervos con el no blog Cruel Sonido.



miércoles, 24 de abril de 2013

descarga 4 sesións de Odio Comic Sans djSet!!


Hai dúas semanas tivemos na cabina do Rif-Rock a estre catro personaxes, son os responsables do blog Odio Comic Sans, que viñeron da man de Comomepos Producións. A dous deles xa os coñecedes, pero fixeron de anfitrións para un grupo de tipos estupendos que ademáis xa traían a festa enriba, e ademáis nos afreceron unha fantástica dose de rock'n'roll nos pratos!! 
Dúas semanas despois ó fin coordinamos todo o material e aquí o tedes, catro breves fragmentos de cada un deles: o primeiro de Marinocha, o segundo de Marcos, o terceiro de Dani de la Cuesta, e o cuatro de Comomepos. 
Teremos que negociar novas entregas destes catro tipos para que volvan unhas cantas veces máis, pero mentres tando, non os deixedes pasar e vos recomendamos que os poñades ó máximo volume!!! 

Odio Comic Sans djSet
(sesión Rif-Rock 13 abril 2013)
faite cos 4 volumes: vol1 - vol2 - vol3 - vol4



Triángulo de Amor Bizarro presentando novo álbum

Recomendación para a tarde-noite de mañán... Xoves 25 dende as 20:30h. na Sala Capitol de Santiago, Triángulo de Amor Bizarro en directo presentando o seu esperado terceiro lp "Victoria Mística", e moi ben acompañados por Jay, SraSrSra e Fasenuova. Se estades por Compostela, non vo-lo perdades!!!


martes, 23 de abril de 2013

Día do Libro

Feliz día do libro a todos!!! unha boa ocasión para repasar as ducias de libros que vos temos recomendado no blog dos RifRocKerZ: todos nesta etiqueta.



O 10'' do Record Store Day Galicia 2013

Xa pasou o Día das Tendas de Discos... e aquí tedes o ep que editaron expresamente os de Desconcierto Cultural para festexar este Record Store Day Galicia 2013. Un vinilo 10'' con cinco temas de Musel, Szemtes, Fagot y Popota, Gampoder e Os Amigos dos Músicos. 
Se non participáchedes na campaña de micromecenado aínda o podedes conseguir no seu bandcamp, en vinilo e dixital.

V.A. "Record Store Day Galicia 2013 EP"
(Desconcierto Cultural, 2013)






lunes, 22 de abril de 2013

Disco Las Palmeras! "Ultra"

Xa temos aquí o novo álbum de Disco Las Palmeras!. Despois de adiantarnos De cuando aún había esperanza a comezos de mes, e logo do seu concerto de presentación na Zona C de Bonaval (unha mágoa que daquela non estiveran dispoñibles os vinilos), agora por fin temos completo este "Ultra" editado por Matapadre, e que xa podedes atopar no seu bandcamp.

DISCO LAS PALMERAS! "Ultra"
(Matapadre, 2013)






domingo, 21 de abril de 2013

descarga tRash Tra$h trAsH #4

Aquí tedes unha hora de basura mesturada da sesión do sábado...

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #4"
(sesión Rif-rock 20 abr.2013)
faite con trash#4 aquí.



jueves, 18 de abril de 2013

Sáb.20 abril: RECORD STORE DAY GALICIA 2013


A finais de xaneiro xa vos adiantábamos o RECORD STORE DAY GALICIA 2013 (ver entrada) unha fantástica iniciativa de Desconcierto Cultural, para que en Galicia se celebre o Record Store Day.
Trátase de achegarse ás tendas de discos para escoitar música en directo, e por suposto mercar música, ademáis de que moitas bandas publican edicións especiais e exclusivas para vender neste día. Gracias a eles agora tamén aquí.

Daquela se iniciaba a campaña de financiamento en verkami para a edición do vinilo 10'' con 5 temas inéditos de 5 bandas galegas como gran reclamo, ademáis da propia celebración do Record Store Day o 20 de abril. As bandas seleccionadas para a participación no 10'' desta edición son Os Amigos Dos Músicos, Fagot y Popota, Musel, Grampoder e Szentes. 


Por suposto a campaña de crowfunding rematou hai tempo, nós temos as nosas copias reservadas hai tempo, aínda que supoñemos que nalgunha tenda atoparedes algún exemplar máis á venda, pero seguro que voan.


Ben pois o día chega, será este Sábado 20 de abril e estos son os horarios dos concertos nas tenda de toda Galicia que participan nesta fantástica iniciativa:

CONCERTOS DO RECORD STORE DAY 2013


Santiago de Compostela:
12:00 Alex Casanova en Discoprecio
12:45 Johnny & The Ticks en Discos Fans
13:30 Musel en A Reixa Tenda
14:15 Grampoder en m!randa - cultura para levar

Vigo:
11:00 Szentes en Discos Elepé
12:00 Alope al Galope en Honky Tonk Discos

Ourense:
17:00 Os Amigos dos Músicos en Peggy Records

A Coruña:
12:00 Fagot y Popota en Discos Noni's


Estades avisados, logo vos queixaredes que non hai nada que facer...


Once Uns, a cápsula do tempo de Sentinel Wardrobe

Cada ano a xente de Sentinel Wardrobe organiza en Santiago un evento sempre diferente e sempre especial. Para este ano están preparando unha cápsula do tempo que se soterrará o 27 de abril e non se abrirá ata o 2047. O proxecto chámase Once Uns, e todos podedes participar entregando material dixital. Toda a info e as instruccións moi ben explicadas na web de OnceUnos.
Si temos tempo de preparar algo tamén participaremos con material audiovisual do Rif-Rock... estaría ben decidilo entre uns cantos este fin de semana non?


martes, 16 de abril de 2013

Nova Mob "Shoot your Way to Freedom"

NOVA MOB "Shoot your Way to Freedom"
(Big Store Recs. / Ton Rine Recs., 1992)




Nova Mob "The Last Day of Pompeii"

Hoxe imos recomendarvos a unha desas bandas totalmente esquecidas da nosa adolescencia, case infancia, desas que eu non lembro moi ben como nin por qué teño unha grabación en cassette dos seus álbumes, e moito menos como chegou ata min, pero ahí está... E anos despois, cando tentas facerte cun exemplar en cd ou vinilo o asunto convírtese case nunha odisea, por non dicir imposible. Trátase de NOVA MOB, a banda que Grant Hart creou tra-la desaparición dos míticos Hüsker Dü. Foi unh proxecto case efímero co que publicou un par de álbumes (no 1991 e no 1994) e uns cantos singles en medio da súa carreira como solista. Sobra decir que a sombra de Hüsker Dü era moi alongada e xusto nese período tódo-los seguidores da banda de Minneapolis se decantaron por seguila carreira de Bob Mould e os seus recén creados Sugar... Este "The Last Days of Pompeii" foi o seu primeiro lp en 1991, unha maravilla á que nunca se lle fixo nin o máis mínimo caso, pero apuntádeo, recomendación especial que vos facemos....

NOVA MOB "The Last Days of Pompeii"
(Mvd Recs., 1991)




lunes, 15 de abril de 2013

Discos Porno Vol.1

DISCOS PORNO son un novo selo de Ourense, 100% DIY que nacen para promove-las bandas do pais que maís lles gustan. A semana pasada lanzaron a súa primeira entrega na rede "Discos Porno Vol.1" na que contan con temas de Thee Boas, un tema aínda inédito de Travesti Afgano, Monstruo, Lobishome, Puma Pumku, Uppercut, Szentes, Jay, Lendrone e Unicornibot. 
Atoparedes este primeiro volume no seu bandcamp, en descarga gratuíta pero tamén podedes face-la vosa donación á causa. Benvidos Discos Porno!!!

V.A."Discos Porno Vol.1"
(Discos Porno, 2013)





viernes, 12 de abril de 2013

mañán sábado: Odio Comic Sans djSet!!

Mañán Sábado (13 de abril) teremos ó equipo completo do blog Odio Comic Sans na cabina do Rif-Rock para facernos pasar unha noite de auténtico terror tipográfico. Unha nova colaboración coa xente de Comomepos Producións coa que sempre é un pracer traballar, e que desta vez nos trae ós catro responsables dun dos nosos blogs de cabeceira convertidos en djSet para que nos amosen unha parte do seu curioso universo. Lembrade: mañán dende a medianoite...


jueves, 11 de abril de 2013

The Mothers of Invention "Absolutely Free"

Para o clásico desta semana escollemos un deses álbumes que deberían ser máis reivindicados. "Absolutely Free" foi o segundo traballo dos Mothers of Invention de Frank Zappa, e continuación do brillante debut "Freak Out", pero sempre estivo moi lonxe de ser considerado un traballo maior entre a súa enorme discografia. A miúdo se emprega o seu nome para xustificar que era demasiado experimental, demasiado surrealista, ou demasiado absurdo, outros afirman que era demasiado complexo. Está concebido como dúas partes separadas, a primeira sería realmente o Absolutely Free, e a segunda The M.O.I. American Pagean (2nd in a series of Underground Oratorios). Eu creo sinceiramente que se recurre a todo iso por tratarse dun dos álbumes máis incómodos de Zappa, pola súa crítica devastadora da sociedade e sobre todo dos políticos dos USA, dende a inicial 'Plastic People' na que empeza presentando ó presidente do país coa letra do Louie Louie, ata as dúas partes do 'America Drinks' nas que inclúe sons ambientais reais de clube. Psychodelia ácida, pop naïf e operetas, con cambios imposibles, de velocidade, de rexistro, de estilo, un delirio marabilloso ó que nunca se lle fixo demasiado caso...

THE MOTHERS OF INVENTION "Absolutely Free"
(Verve, 1967)


Aquí o tedes completo:



God Bless Sasha Grey!


miércoles, 10 de abril de 2013

Disco Las Palmeras! + Telephones Rouges


Franc3s "Campanas de Fuego Rosa"

Este álbum é do ano pasado, e hoxe caín na conta de que aínda non vo-lo recomendara antes. Segundo largo de Franc3s, desta vez para Limbo Starr e coa producción de Rodrigo Caamaño (de Triángulo de Amor Bizarro). Xa vos temo falado de Franc3s nete blog, no Despregable, e moitos de vós seguro que xa coñecedes o tema de presentación 'Apartamento Alquilado', pois igual de recomendable todo seguido ata o baile esquizoide de 'Ritmo Intestinal' do final!! Podedes escoitalo todo no seu bandcamp, pero mellor facede coma nós, hoxe mesmo chegounos o paquete á casa, vinilo máis cd tirado de precio...

FRANC3S "Campanas de Fuego Rosa"
(Limbo Starr, 2012)




martes, 9 de abril de 2013

Xº Premio R.Cabanillas para Xesús Alonso Montero

Nova tomada de Asoblog Salnés:

As Librarías Ramón Cabanillas e Contos de Cambados acaban de comunicar a concesión do X PREMIO RAMÓN CABANILLAS a Xesús Alonso Montero, Catedrático de Literatura Galega, Académico da RAG e ensaísta de longa traxectoria. O acto de entrega será o día 16 de maio ás 20:30h. no Auditorio da Xuventude de Cambados.



lunes, 8 de abril de 2013

Radioactive Toy 'Be Quiet and Swim'


Nesta fin de semana tamén nos chegou un novo tema que nos presentaron os Radioactive Toy, a nova banda de David Falcón, chámase 'Be Quiet and Swim', sona así de ben, e tamén podedes descargalo:


Ademáis con este tema, os Radioactive Toy preséntanse ao certame Vodafone YU, no que podedes axudalos a seguir adiante con só votar por eles neste enlace através da vosa conta de facebook.

novos temas de Undertown

Onte mesmo a banda Undertown presentounos dous novos temas pertencentes ó seu próximo álbum "Shelter", son Morphine e Ignorance Kills, aquí os tedes: 


domingo, 7 de abril de 2013

Sáb 13: Odio Comic Sans DjSet

O sábado 13 de abril teremos ó equipo completo do blog Odio Comic Sans na cabina do Rif-Rock para facernos pasar unha noite de auténtico terror tipográfico. Unha nova colaboración coa xente de Comomepos Producións coa que sempre é un pracer traballar, e que desta vez nos trae ós catro responsables dun dos nosos blogs de cabeceira convertidos en djSet para que nos amosen unha parte do seu curioso universo. Lembrade: o sábado 13 de abril.


jueves, 4 de abril de 2013

Tokyo Sex Destruction "Sagittarius"

Por fin están de volta unha das nosas banda favoritas das españas!! Tras idas e vidas, cambios de formación, case deixalo e volver a comezar, os cataláns Tokyo Sex Destruction cumpren 10 anos de vida con novo álbum, e vaia marabilla!!! Chámase "Sagittarius" (B-Core, 2013) é o seu quinto álbum de estudio (ó marxe de eps e recopilatorio de singles) e continúa a liña do anterior "Neighbourhood" cun equilibrio sorprendente entre garage, soul, psychodelia, ritmos latinos... co descaro de sempre e baixo a producción desta vez de Fernando Pardo. 
Hai un mes nos adiantaban o tema Seven Sisers, e xa se me facía a boca auga, e agora xa o temos todo aquí, e ata a portada me parece emocionante!! 
Estedes avisados, discazo!!

TOKYO SEX DESTRUCTION "Sagittarius"
(B-Core, 2013)




Nick Lowe "Jesus of Cool"

Xa que esta semana Nick Lowe visitará Santiago de Compostela, que mellor que recomendarvos un dos seus grandes álbumes. O primeiro da súa carreira en solitario, logo de abandonar a Brinsley Schwarz, titulábase "Jesus of Cool" de 1978, e era una mostra perfecta de case tódo-los paus da new wave británica do momento: power pop, glam, punk, e incluso disco. Para a publicación nos USA por suposto tiveron que cambia-lo título polo ridículo "Pure Pop for Now People", cun tracklist diferente. En calqueira caso nunha ou outra edición coñeceredes case tódo-los temas.
A min case me gustan máis os álbumes que publicou coma veterano elegante xa neste século, pero este Jesus of Cool marcou toda unha época.

NICK LOWE "Jesus of Cool"
(Radar / Columbia, 1978)


miércoles, 3 de abril de 2013

Nick Lowe na Sala Capitol


Este sábado (6 de abril) na Sala Capitol de Santiago, o enorme Nick Lowe en concerto. Un mito vivinte, do punk rock, do power pop, e reconvertido nun dos tipos máis elegantes do universo musical tras máis de 40 anos de carreira. Todo un luxo na programación do Compostela Rock, e ademáis ven a pelo, voz e guitarra sen máis. Si podedes ir, non vo-lo perdades!!


Jess Franco & his B-Band




martes, 2 de abril de 2013

Gracias por todo Jess!!!

Jess Franco
(1930 - 2013)


Esta mañán deixounos o gran mestre do cinema español, Jesús Franco, o noso tío Jess, un dos grandes pilares da nosa educación dende nenos. Outro día lle adicaremos un artigo máis amplo como se merece (supoño que serán tres ou catro, ou cinco...) pero si teño que escoller unha das súas pelis por algún motivo, aquí vos deixo "Virgen entre los Muertos Vivientes" de 1971, que lonxe de ser dos seus mellores filmes ou dos que máis me gustan, foi o primeiro que caeu de Jess nas miñas mans, e así comezou unha obsesión que durará para sempre. 
Gracias por todo Jess!!


adianto de Disco Las Palmeras!


A xente de Matapadre publicou esta mañán un tema de adianto do segundo álbum de Disco Las Palmeras!, que levará por título "Ultra" e sairá o día 22 deste mes de abril. O tema é De cuando aún había esperanza e sona así...


lunes, 1 de abril de 2013

Sáb 13: Odio Comic Sans DjSet!

O sábado 13 de abril teremos ó equipo completo do blog Odio Comic Sans na cabina do Rif-Rock para facernos pasar unha noite de auténtico terror tipográfico. Unha nova colaboración coa xente de Comomepos Producións coa que sempre é un pracer traballar, e que desta vez nos trae ós catro responsables dun dos nosos blogs de cabeceira convertidos en djSet para que nos amosen unha parte do seu curioso universo. Lembrade: o sábado 13 de abril.


Cuatro Fotos

Comezamos o mes, facendo publicidade dunha nova iniciativa dun bo amigo: chámase Cuatro Fotos, botádelle un ollo, convencédevos, difundide, e sobre todo si vos gusta a idea, contratádeos para os vosos eventos!!!


Así se presentan na web Cuatro Fotos, e por suposto tamén podedes seguilos no facebook.
Tienes una boda, una comunión, un cumpleaños o la cena de empresa de todos los años. Y va a ser la típica fiesta. Lo sé. Por eso creamos Cuatrofotos, para darle un aire nuevo a tus eventos. Y te preguntarás ¿Qué hace este tío para conseguir milagros? Muy fácil: tengo un fotomatón, lo llevo a donde tú me pidas, lo coloco en 30 minutos y empieza el espectáculo. ¡Tus fotos al instante! Puedes hacerte fotos sólo, con tus amigos, con tu familia o con la chica de la mesa de al lado. En cuestión de segundos tendrás la foto impresa y en unos días te enviaremos un cd con todas.
¿Nada más? Sí, claro, mucho más. Te estás imaginando en una cabina haciéndote una foto carnet que te vas a llevar a casa y se verá mal, pero 4fotos es mucho más que eso: te podrás meter con la mitad de la pandilla, si lo deseas, podremos personalizar la cabina exclusivamente para tu evento, la tira de imágenes es de calidad: puedes elegir entre hacerlas en color o en blanco y negro, por supuesto personalizadas, y al instante tendrás dos copias: una para ti y otra para pegar en un álbum que se queda de regalo el protagonista de la fiesta: los novios, la chica del cumpleaños o los papás del recién nacido. Quien tú elijas.
Además de las fotos, el álbum y el buen rato, también tienes la opción video. En la misma cabina podrás grabar una dedicatoria, un chiste o una declaración de amor a la chica de la mesa de al lado. El video te lo daremos en formato digital en unos días para que te avergüences toda tu vida del chiste malo que contaste.
¿Empieza a gustarte la idea?. LLevarte a casa un álbum con las fotos después de horas de fiesta no tiene precio. Corre y llama. Cuatrofotos llega a cualquier punto de Galicia.Tranquilo, si hace falta vamos más allá. Cuatrofotos irá allí dónde nos busquen. ¡Una idea que sorprenderá a todos! Pon Cuatrofotos en tus fiestas, risas garantizadas. Sino, te devolvemos el dinero.