viernes, 30 de agosto de 2013

esta noite... especial Dangerhouse Records

Esta noite repasamos a historia do selo californiano Dangerhouse Records
e outros incunables do punk-rock e hardcore da costa oeste...


Dangerhouse Volume One

Pois rebuscando algo máis de material para a sesión especial desta noite sobre Dangerhouse Records, atopeime que están os dous volumes sobre o selo que nos 90 editaron Frontier Records no seu bandcamp, así que aproveitade... 
Aquí tedes o Dangerhouse Volume One (Frontier Recs, 1991) e na anterior entrada o Dangerhouse Volume Two, Give me a Little Pain! (Frontier, 1992) e aínda que son reliquias, no seu momento nós xa os mercamos de importación moito máis baratos que o que custan hoxe...


Dangerhouse Volume Two (Give me a little pain)



jueves, 29 de agosto de 2013

27 setembro: ...Black Grooves!!

E tamén temos data para a seguinte entrega da serie Black Grooves!! 
será o venres 27, Fuck'U Whiteys...


6 setembro: trash trash trash!!

Xa vos podemos ir adiantando cousas para setembro. 
Empezaremos con outra de trash trash trash!! o venres 6 en plan Bela Lugosi...



miércoles, 28 de agosto de 2013

King Khan & The Shrines "Idle no more"

Xa vos dixemos que esta tempada estamos saturados de lanzamentos de moitas das nosas bandas favoritas... pois aquí vai outro: "Idle No More" o novo lp de King Khan con The Shrines, sempre alternando tempadas cos seus outros proxectos, xa nos adiantara material co seu 7'' do ano pasado 'Bite my tongue', e aquí temos por fin o album completo. 
Soul psicodélico como 'Born to Die', os ritmos imparables  de 'Luckiest Man' e wah-wah por todas partes con algunha pausa para a reflexión máis seria. Ademáis botádelle un ollo ós dous videos que xa publicaron deste álbum, o mencionado 'Bite my tongue' e 'Darkness'.

KING KHAN & THE SHRINES "Idle No More"
(Merge Recs, 2013)

Sae o 3 de setembro pero xa o podedes atopar en ICE-10.


Ty Segall "Sleeper"

Este vrán remata por todo o alto cunha avalancha de lanzamentos que nos ten desbordados, así que imos a dosifica-las recomendacións pouco a pouco nas próximas semanas. 

Empezamos co novo traballo de Ty Segall, que non é pouco. Se consultades calqueira nota promocional seguro que agardades un álbum depresivo, con tanta insistencia nas traxedias que rodearon a súa vida persoal nos últimos meses, pero o resultado nada ten que ver con eso.
"Sleeper" si que é un álbum moito máis explicito nas súas letras, moito máis directo, pero mantén a súa linea literaria igual de desenfadada que sempre, a gran diferencia é que se trata dun álbum acústico, se iso é posible no seu universo ultra-lo-fi... pero o certo é que sí, cambia guitarras eléctricas por acústicas, e todo semella máis sinxelo, tranquilo e coherente... pero non vos deixedes enganar, segue a ser outra entrega de Ty Segall.

TY SEGALL "Sleeper"
(Drag City, 2013)




Venres 30: especial Dangerhouse records


Este venres (30 de agosto) faremos un especial sobre Dangerhouse Records, aproveitando o lanzamento do box set de Munster que xa vos recomendamos a semana pasada (ver entrada). 
Nós aínda non temos esta nova edición, pero si que temos todo ese material. Así que tiraremos de outras publicacións das diferentes bandas, e sobre todo dos dous volumes que Frontier Records recopilou con todo o material de Dangerhouse a comezos dos 90.


martes, 27 de agosto de 2013

David R. Valeiras, o concerto

Aquí tedes o concerto completo de David R. Valeiras da semana pasada, noutro éxito rotundo de Comomepos Produccións.
Son un total de 12 temas, con dúas versións dos seus ídolos Krahe e Ricky López, e o resto composicións propias, para as que nesta ocasión contou coa colaboración do seu irmán Abel, e de Mathieu Poignet para o 'Apocalipsis Zombie', e xa cara o final do concerto co acompañamento ó piano e os arranxos de luxo do superclase Miguel Costas.

Unha vez máis, gracias a David, a Comomepos Produccións, e por suposto a tódo-los que viñechedes a pasalo ben...


Nas entradas anteriores tedes todo o concerto subido, repartido en tres partes [pt1 - pt2 - pt3] e aquí todo seguido nunha lista de reproducción David R. Valeiras (Rif-Rock 23 agosto 2013).



David R. Valeiras (concerto pt 1)


David R. Valeiras (concerto pt 2)


David R. Valeiras (concerto pt 3)


lunes, 26 de agosto de 2013

Chief Bromden!!

Grande fin de semana, o venres co concerto de David R. Valeiras e toda a troupe de Comomepos Produccións (nuns días xa teremos tódo-los videos subidos), e o sábado en medio de entroido de verán na praza, nós apostamos polo Chief Bromden!! aquí o tedes en acción... voltará pronto, seguro!!


sábado, 24 de agosto de 2013

esta noite CHIEF BROMDEN (Black Grooves!!)

E esta noite voltamos coa nosa serie mensual de música negra: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!, que algúns xa botábades de menos despois do parón estival.
Ademáis nesta ocasión será moi especial por que estará dirixida por un convidado de luxo: o Chief Bromden, que debuta na cabina do Rif-Rock coas súas FreeFunkSelections!! 

E todo mentres xunto cos demáis locales da Praza Alfredo Brañas festexamos a 2ª edición do Entroido de Verán, así que vai a ser unha oportunidade estupenda para facer o indio.
Non vo-lo perdades!!


viernes, 23 de agosto de 2013

DAVID R. VALEIRAS, esta noite en concerto!!

Esta noite non vos perdades a DAVID R. VALEIRAS en concerto!!
e despois do seu show, Comomepos tomará as rendas da cabina ata o final da noite para ofrecernos outra das súas sesións. Non se pode pedir máis!!
Todo dende as 23:30h, e de balde coma sempre!!


jueves, 22 de agosto de 2013

mañán David R. Valeiras en concerto

Non vos perdades o concerto de mañán de David R. Valeiras, si queredes repasa-los temas que nos presentou o ano pasado aquí tedes todo o concerto, pero se non tedes tempo para todo recoméndovos estes dous...

Comomepos Produccións

Comomepos Produccións!! a nosa cacharrería cultural favorita!!


miércoles, 21 de agosto de 2013

Festival SEARA.mov

En Seara Records non paran e un ano máis volven co seu festival de verán, este ano con certame de curtas e videoclips incluídos.
O festival Seara.mov (Certame Internacional de Curtametraxes e Videoclips de baixo presuposto) será en Vigo a próxima semana, do xoves 29 ó sábado 31, coas actuacións de Cró, Es un Árbol, Lendrone... ademáis de teatro, proxeccións e moito máis, todo repartido entre a parte traseira do MARCO e La Iguana Club. 
Pero este mesmo sábado 24, xa se marcan unha boa festa de presentación con Jay, Lobishome e Mullet en directo.

Por certo, si queredes participar no certame aínda estás a tempo de enviar o teu material, tedes ata as 00h. do día 23. 
Os interesados podedes consultar as bases aquí.


The Backdoor Men "Södra Esplanaden #4"

Se onte vos recomendábados un lanzamento inminente, hoxe traémosvos unha desas xoias que atopamos rebuscando e rebuscando en caixóns de vinilos. 
The Backdoor Men foron o máis lúcido expoñente do revival de garage sixtie en Suecia durante os anos 80. Como se di sempre desta banda, conseguiron soar realmente como unha banda máis da colección Nuggets, e incomprensiblemente, Rhino non os incluíu na continuación xeracional que foi o Children of Nuggets, pero sen embargo a efémera carreira The Backdoor Men deixou pegada, uns cantos singles, temas inéditos e uns cantos en directo grabados entre 1983 e 1985, esa foi toda a súa carreira. E todo aparece recollido neste "Södra Esplanaden #4" publicado no 2005. Unha marabilla!!

THE BACKDOOR MEN "Södra Esplanaden #4"
(Subliminal Sounds, 2005)



martes, 20 de agosto de 2013

Dangerhouse, complete singles collected 1977-1979

Aquí tedes a última marabilla que nos chega dende Munster Records. 
Trátase dunha colección de 14 singles do mítico selo californiano Dangerhouse, que a finais dos 70 puxo orde na revolta de punk-rock e hardcore que vivía Los Angeles e adiantou todo o que viría despois. Tan só existiu entre 1977 e 1979, pero a súa pegada seríe eterna.

Agora Munster nos trae unha colección dos 14 mellores singles publicados por Dangerhouse, con Deadbeats, Alley Cats, X, Randoms (os nosos favoritos!), The Avengers, The Eyes, Bags, Weirdos... 34 temas en total, que podedes atopar en doble cd ou nun box set con 14x7'' a modo de réplicas (aínda que este formato xa se vai a 120€!). Recomendado!!

V.A. "Dangerhouse, complete singles collected 1977-1979"
(Munster Recs., 2013)



lunes, 19 de agosto de 2013

esta fin de semana: David R.Valeiras + sesións

...e xa comezamos esta fin de semana coa programación da nova tempada:

Venres 23: DAVID R. VALEIRAS en concerto, dende as 23:30h. da man de Comomepos Produccións. E tra-lo remate do show, sesión de Comomepos, que se fará có control da cabina ata o final de noite.

Sábado 24: será o debut na nosa cabina do CHIEF BROMDEN que será o convidado de luxo da primeira entrega das series Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! desta nova tempada... e todo mentres xunto cos demáis locales da Praza Alfredo Brañas festexamos a 2ª edición do Entroido de Verán, así que vai a ser unha oportunidade estupenda para facer o indio.


nova tempada RifRocKerZ!


Aínda non rematou o verán, pero nós xa voltamos ó horario habitual de venres e sábados (salvo excepcións), e xa van sendo horas de comezar a programar máis actividades, cos habituais da nosa cabina, ós que cada tempada se engade máis personal, agardamos que máis música en directo, e coma sempre unhas cantas frikalladas máis, desas irrepetibles que se presentan de vez en cando... 
Así que xa sabedes, dende esta  mesma semana comezamos unha nova tempada que nos levará ata un novo aniversario. 

Pero antes ven un duro inverno que seguro será peor que o anterior, así que este ano a primeira tarxeta vai con un pouco máis de cor... xa nos queixaremos máis adiante!!
Xa sabedes, atentos á programación, e coma sempre partiallnite!!!


domingo, 18 de agosto de 2013

esgotado recopilatorio do 14º Aniversario do Rif-Rock

Esgotada toda a tirada do recopilatorio do 14º Aniversario do RIF-ROCK, que voou enteira nesta longa fin de semana. Xa sabedes que non hai segunda edición nen nada diso, así que noraboa ós afortunados (enchufados do carallo!!). 
Pero tranquilos que nos próximos días xa o subiremos para que todos o poidades descargar.


Alex Lago

Alex Lago (The Blows) D.E.P.




jueves, 15 de agosto de 2013

Crime "Hot Wire my Heart / Baby you're so Repulsive"

Unha auténtica xoia que nos atopamos esta semana rebuscando caixóns cheos de vellos singles: o primeiro 7'' dos Crime "Hot Wire My Heart / Baby You're So Repulsive" de 1976, unha das maiores xoias do punk estadounidense da Costa Oeste. Aínda que por suposto, non na súa edición orixinal, unha moi recente en vinilo coloreado, e a un precio fantástico!! 
Esta fin de semana vouno poñer centos de veces...

CRIME "Hot Wire my Heart / Baby you're so Repulsive"
(Crime Music/SAC, 1976)



miércoles, 14 de agosto de 2013

nesta ponte, de mércores a sábado

Esta semana continuamos co noso horario de verán, logo da ponte xa veremos... así que aproveitade estes catro días seguidos de RifRocKerZ que veñen por diante!! de mércores a sábado dende as 23:00h.!!


adianto de Wau y Los Arrrghs!! "Todo Roto"


Xa casi está listo o novo traballo de Wau y Los Arrrghs!!, chámase "Todo Roto" e sairá o 15 de outubro da man de Slovenly Records. Mentres tanto xa temos un adianto co audio de tres temas no seu bandcamp e por suposto xa o podemos ir reservando. Que ganas!!


martes, 13 de agosto de 2013

Sáb.24: Black Grooves có CHIEF BROMDEN!

E o día seguinte, sábado 24 de agosto voltamos coa nosa serie mensual de música negra: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!, que algúns xa botábades de menos despois do parón estival.
Ademáis nesta ocasión será moi especial por que estará dirixida por un convidado de luxo: o Chief Bromden, que debuta na cabina do Rif-Rock coas súas FreeFunkSelections!! Non vo-lo perdades!!


Venres 23: DAVID R. VALEIRAS en concerto!!

Este ano xa non agardamos a que remate o verán para comezar a nosa nova tempada, despois da ponte desta semana, deixamos o horario/calendario de verán, e xa voltaremos ó noso horario habitual de fin de semana... así que non agardaremos máis para comezar coa nova programación. Para o primeiro fin de semana vos ofrecemos dúas propostas ben distintas e interesantes.

O Venres 23 teremos en directo ó ourensán DAVID R. VALEIRAS, que ven por suposto da man de Comomepos Produccións, a nosa cacharrería cultural favorita!!

"Chegado dende Ourense, David R. Valeiras ven coas súas dúas únicas armas: a súa guitarra e o seu kazoo (isto último está por ver...). De verborrea incontrolable e serio semblante, mostrará as súas múltiples caras a través do seu repertorio. E é que este fillo bastardo de Javier Krahe non se anda con rodeos".

Retorcido, incisivo e divertido. Se estivéchedes no seu concerto do ano pasado seguro que repetides, e senón, non vo-lo perdades!!

E por se fora pouco, ó remate do concerto, o productor Comomepos, tomará os mandos da cabina do Rif-Rock unha vez máis para ofrecernos unha das súas sesións ata o final da noite. Non se pode pedir máis para un venres!!

Lembrade, será o próximo Venres 23 de agosto, coma sempre dende as 23:30h. e con entrada libre.



lunes, 12 de agosto de 2013

descarga sesión de Kurco "GOOsystem"

Aquí tedes, cunhas cantas semanas de retraso, uns cortes da sesión de Kurco SoundSystem do último sábado de xullo, xusto antes do Albariño, así que o retraso vos parecerá comprensible non??. Ahí tedes... GOOsystem!!

KURCO "GOOsystem"
(sesión Rif-Rock 27 xullo 2013)
descarga GooSystem aquí.



domingo, 11 de agosto de 2013

CBGB, o trailer

O CBGB's OMFUG foi o local máis importante da historia do rock. Aberto en 1973 por Hilly Kristal foi o principal escaparate para a explosión do punk e a new wave na cidade de New York, ata converterse nun referente mundial. De alí saíron os Ramones, Television, Blondie, Talking Heads ou Patti Smith. Pechou as súas portas no 2006, e agora chega o turno dunha película para rendirlle cumprido homenaxe. Estrearase o 11 de outubro, e aquí tedes o trailer:

C.B.G.B.
Dir: Randall Miller
USA, 2013.



viernes, 9 de agosto de 2013

Lobishome "Fobias, Complejos, Historias y Huesos"

Nestas últimas semanas nos deixamos moito material atrás que vos queremos recomendar, así que mentres imos recuperando o ritmo normal de publicacións, aquí tedes unha boa para comezar ben a fin de semana.

O novo traballo dos Lobishome xa está dispoñible dende comezos do mes pasado no seu bandcamp"Fobias, Complejos, Historias y Huesos" é o seu ep con 6 novos temas desbordantes de garage-surf-punk e post-todo. Polo momento solo o audio, mentres agardamos pola edición a cargo de Mama Vynila.

LOBISHOME "Fobias, Complejos, Historias y Huesos"
(Mama Vynila, 2013)


miércoles, 7 de agosto de 2013

Fernando Pardo "Los Chicos Eléctricos"

Hoxe vos recomendamos o libro de Fernando Pardo (Sex Museum, Los Coronas e un longo ect...) que inicia unha nova andaina editorial en Chelsea Edicións. O libro saiu xa en maio, pero xa sabedes como vai isto da distribución. A única pega é que resulta demasiado breve para un personaxe deste calibre (solo son 80 páxinas) pero entretido de principio a fin. 

FERNANDO PARDO "Los chicos Eléctricos"
(Chelsea Ediciones, 2013)


E así no-lo presentan directamente na web da editorial:

Fernando Pardo se refugió en la trinchera del rock’n’roll subterráneo incluso antes de que comenzara la batalla; más que refugiarse, arrastró a la pelea a hermanos y amigos para dar forma a Sex Museum, grupo quintaesencial de la resistencia sonora en el Madrid de la resaca nuevaolera. En este primer volumen de la colección “Mis Documentos”, Fernando nos abre las carpetas de su mac para mostrarnos, casi de refilón, las cicatrices de la lucha: guitarras, mods en Rock-Ola, monopatines, recuerdos de Malasaña, discos favoritos, fuzz, surf y hasta una breve oda al Atlético de Madrid. Textos acompañados de algunas fotografías añejas, en un pequeño repaso a una vida que rezuma actitud y compromiso. Remata la faena un completo resumen de la última gira de Los Coronas por Australia, la guinda del pastel de las aventuras de Los Chicos Eléctricos. Por Fernando Pardo, de los Pardo de toda la vida; este hombre tiene mucho que contar. 



martes, 6 de agosto de 2013

5ª Festa do Bigote, o resumo

Xa pasou a 5ª Festa do Bigote!!

Que festaza!!! moitas gracias a todos por vir, e participar, incluso algún/ha sin saber de que iba todo esto ata que entrou e se topou co que había dentro... Este ano foi para moitos un domingo demasiado longo para pechar a semana do Albariño, así que aínda máis mérito para os numerosos asistentes. Cada anos máis disfraces, ben meditados ou improvisados, afeitados ao vivo, concursantes que se atopan co seu dobre e ata imitadores de Super R!!

Tódo-los gañadores desta 5ª edición recibiron a correspondente placa conmemorativa e un poster firmado polo gran Super R, que unha vez máis quedou sen premio, pero xa se encargou él mesmo de aclararlle a todo o mundo que é o mellor, ademáis supoñemos que moi orguioso este ano de ter imitadores.

E non vos perdades o discurso triunfal do vencedor: H (punto) Fariña!! que xa é tricampeón do noso certame, e que xa traía a parrafada preparada da casa, e un biscoito para celebralo con todos...


Os galardoados desta edición foron:
- Mellor Bigote 2013: Hadrián Fariña "H.Baratheon" campión dos Mostachos, e xa tricampeón!! 
- Premio Bigote Falso: Mathieu Poignet, en plan Asterix (un rapaz que cada ano ven dende París facendo autostop para pasar o Albariño no Rif-Rock).
- Mellor Disfraz: Eulogio Romero "Hulk Hogan", que vai a polo Gran Slam!!

Aquí vos deixo o video cun par de momentos e coa entrega de premios completa, novamente decidida, dirixida e presentada por Marinocha, vestida de gala para a ocasión e que unha vez máis rematou aclamada polas masas...
O próximo ano máis!!



E por suposto aquí tedes ós premiados. 

Para o resto das fotos buscádeas no noso facebook (ver Album 5ª festa do Bigote)
Tamén podedes seguir a etiqueta "Festa do Bigote" neste blog para consultar todo o material deste ano e o das anteriores edicións.





O próximo ano máis!!!


viernes, 2 de agosto de 2013

5ª Festa do Bigote!! este domingo

A noite do Domingo 4 de agosto, despois da medianoite...
5ª Festa do Bigote!


5ª Festa do Bigote: delegación de poderes de CTK

Sempre a tempo!! Aqui tedes o documento que otorga tódo-los poderes de CTK na organización e dirección na 5ª Festa do Bigote na persoa de Marina Martínez (a.k.a. Marinocha): lideresa do movimento, xurado implacable, presentadora do evento e encargada do 'munú'!!! De xeito que xa temos todo listo. 
Gracias Óscar, botarémoste de menos!! ata dentro de moi pouco...


jueves, 1 de agosto de 2013

Festa do Bigote: Super R e o complot do 2011


Festa do Bigote: os premiados das últimas edicións

Para ir facéndovos as ganas, e botar unhas risas entre resaca e seguinte carena nesta dura semana do Albariño, qué mellor que recuperar uns videos de anteriores Festas do Bigote?
Aquí tedes as cerimonias de entrega de premios das dúas últimas edicións:

3ª edición da Festa do Bigote, 2011:


4ª edición da Festa do Bigote, 2012: