domingo, 31 de diciembre de 2017

Fin de Ano 2017

FELIZ ANO A TODOS!!
Que o 2018 sexa todo o que vós queirades, e aínda mellor!
E si queredes, esta noite no Rif-Rock: RifRocKerZ & CUATRO FOTOS!
Non atoparedes un plan mellor para comeza-lo ano. 
Apertura ás 00:30h. Sesión e fotos dende as 02:30h.


viernes, 29 de diciembre de 2017

Nadal: Chief Bromden + Drama Queens & Ptooff

Este fin de semana rematamos coa nosa programación especial de Nadal.
Hoxe será o turno do CHIEF BROMDEN, con outra das súas tolas sesións. E o sábado teremos outra sesión dobre: dende as 23:30h. os DRAMA QUEENS en directo, outro concerto sorpresa da banda da casa. E para o fin festa se encargará da cabina PTOOFF, con todo o que lle pete ata o remate da noite.
Non  vo-lo perdades!!


Sesión de Calambres

Aquí tedes un pequeno anaco da sesión de Calambres da semana pasada coa que abríamos a programación especial de Nadal. Supoñemos que xa será a última que subamos neste 2017 así que aproveitade a darlle brasa!!

Michi CALAMBRES "Nadal Rocks!"
(sesión Rif-Rock 22 dec.2017)


jueves, 28 de diciembre de 2017

Breakin' Bones, o concerto de retorno


Logo de moitos meses sen actividade, os Breakin' Bones ao fin volvían aos escenarios. Escolleron o Rif-Rock para o retorno, case onde o deixaron, pero sobre todo para presentar a un cambadés como novo membro. Novo contrabaixista e novo sonido, tense que notar o cambio! ademáis de algún invento de Dani na batería... e claro, tamén un puñado de novos temas que nos presentaron. Foi un pracer telos de volta, e o persoal tamén tiña moitas gañas de velos de novo, local abarrotado como merecía a ocasión. 
Arranca a xira Tiros Largos, moita sorte amigos!! ata a próxima!!.
Ofrecéronnos hora e media de show, aquí vos deixamos once temas, case a metade do concerto, nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3), ou aquí en lista de reproducción: Breakin' Bones en directo (Rif-Rock 23 dec.2017).


martes, 26 de diciembre de 2017

A primeira sesión do 2018: Marinocha & Jomitallas

Adiantos para comezos de ano.
A tradición dí que a primeira sesión do ano é sempre cousa de Marinocha, e así será no 2018, e outra vez acompañada por Jomitallas, este ano tampouco se escaquea. O día de Reis, a primeira sesión de cada ano...


Fin de Ano 2017: RifRocKerZ & Cuatro Fotos!

Esta semana despediremos o ano coma sempre.
Especial FIN DE ANO: RifRocKerZ & CUATRO FOTOS!!. 
Non atoparedes un plan mellor.


domingo, 24 de diciembre de 2017

Bo Nadal

Bo Nadal a todos!!
Que pasedes unhas boas festas na mellor compañía.
E xa sabedes, despois dunha boa cea, nós estamos de volta no Rif-Rock pouco máis tarde da medianoite.


Breakin' Bones are back!

Impresionante o retorno do BREAKIN' BONES!! que ganas tiñamos de volver a telos, e agora con Jorge ao contrabaixo!! E enorme Bimba, primeiro coas maracas e as horas de sesión que nos deixou despois. Gracias a todos!


viernes, 22 de diciembre de 2017

Nadal Rocks: Calambres + Breakin' Bones & Bimba!

Este fin de semana comezamos coa nosa programación especial de Nadal.
Esta mesma noite arrancamos coa sesión de Michi CALAMBRES!! O noso picadiscos favorito para comezar con todo o programa.
E o sábado, dende as 23:30h. teremos aos BREAKIN' BONES en directo, de volta aos escenarios tras varios meses de parón, e presentando ao seu novo contrabaixista... sorpresa total! e despois seguimos a festa con BIMBA na cabina ata o remate da noite. 
Non  vo-lo perdades!!


jueves, 21 de diciembre de 2017

Breakin' Bones con sorpresa...

Unha pista para o sábado...
O novo baixista dos BREAKIN' BONES, de Cambados de toda a vida. 
Sí, ese do medio! Teredes que vir a velo...


Esta note no Bugulú: Ptooff & Munstaphá

Recomendación para esta noite se estades por Compostela:
Sesión de Munstaphá & Ptooff: dous de Ulomanía Coop cargados de discos na cabina do Bugulú. Na Algalia de Abaixo, dende antes da medianoite.
Se podedes, non vo-lo perdades!



Leo 'Bud' Welch

Leo "Bud" Welch
(1932 - 2017)



Nadal Rocks & Super Bock Classic

Nesta edición do Nadal Rocks contamos unha vez máis coa colaboración de Cobesa, desta vez con surtido especial da cervexa Super Bock Classic.
Aquí tedes a info na web de Super Bock.


miércoles, 20 de diciembre de 2017

Fin de Ano 2017: RifRocKerZ & Cuatrofotos!

A próxima semana despediremos o ano coma sempre.
Especial FIN DE ANO: RifRocKerZ & CUATRO FOTOS!!. 
Non atoparedes un plan mellor.


Mad Martin Trio "Tornado"

Máis novidades. Os Mad Martin Trio de Compostela están de xira de presentación do seu "Tornado". Un 10'' con nove temas de rockabilly e rock and roll gravados con Mark Tena e o gran Mike Mariconda.
Inclúen tres temas propios, abren coa enérxica 'Shakin' under my skin', e comezan a cara b con 'Pizza' un clásico instrumental da banda, e 'Cadillac hearse'. Ademáis a divertida 'Women are Strange', asínada por Diego Sampedro e cinco covers máis: a mítica 'Tornado' que dan título ao ep, o toque escuro que lle dan ao 'Ace of Spades', e o versión en inglés de 'Bet on Rock and Roll' con aires western ('Apuesta por el Rock'n'Roll' dos Más Birras de Mauricio Aznar), 'Milk and Alcohol' dos Dr Feelgood (escrita por Nick Lowe), e de bonus track e despedida un pequeno fragmento da instrumental 'Elmira St. boogie' de Danny Gatton. Divertido, contundente 
Os deseños de Nano Barbero, e todo empaquetado nunha contundente carpeta gatefold. Recomendado!

MAD MARTIN TRIO "Tornado"
(Moluscos Discos, 2017)



Mujeres "Un sentimiento importante"

Unhas cantas recomendacións para esta semana.
Por fin nos chegou o novo álbum de Mujeres, e levamos unha semana sen poder parar de escoitalo. "Un Sentimiento Importante" é xa o seu cuatro álbum, e o primeiro cantado por completo en castelán. Melodías moito máis pop do habitual, e aínda que manteñen unha producción suxa funcionan de marabilla, pero sen renunciar ao garage máis lo-fi e punk dos seus inicios.
Aranca coa pegadiza 'Vete con él', segue co single de presentación que adiantaran hai meses, 'Siempre eterno', un auténtico pelotazo, ademáis do tema que da título al álbum. Seguen as melodías elaboradas e pegadizas de 'Ciudades y Cicatrices' e 'Dije Fácil'. Na cara b máis variedade con 'No es tu sitio' e sobre todo 'Suenan espadas' e 'Un mundo nuevo' que os conectan co garage psych máis actual (Thee Oh Sees). Rematan máis tranquilos con 'La Ley de la gravedad' e 'Piedra de Sal' e algún guiño ao indie este de agora...
Outro discazo da banda.

MUJERES "Un Sentimiento importante"
(Sonido Muchacho, 2017)



martes, 19 de diciembre de 2017

Trash#21

Aquí tedes un bo rato da sesión Trash do vernes pasado con moitas cousas do baúl. Desta vez non lle metades moito volume que xa lle chega...

Psych.Munstaphà "Trash#21"
(sesión Rif-Rock 15 dec.2017)
faite con trash#21 aquí.



jueves, 14 de diciembre de 2017

Black Grooves#53

Outra sesión que tiñamos pendente de compartir dende hai varias semanas. Aquí tedes a última entrega de Black Grooves!, a número #53 da serie. 
Todo bastante actual. Metédelle volume!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 24 nov.2017)


Nadal Rocks! 2017

Aquí tedes o que preparamos para unha nova edición da nosa programación especial de Nadal!! Xa avisamos que este ano non sería Nadal Soul... tampouco temos ao Continental para compartir o evento, pero isto ten que seguir. 
Este ano será NADAL ROCKS! e xa veremos o próximo de que irá a cousa.
Serán dúas fins de semana entre o 22 e o 30 de decembro, cos directos dos BREAKIN' BONES e os DRAMA QUEENS, ademáis das sesións a cargo de Michi Calambres, o Chief Bromden, Bimba e Ptooff!
E como nas pasadas edicións, contaremos coa participación de COBESA a quenes agradecemos de novo a súa colaboración, a través das marcas SUPER BOCK Classic e GIN SUMMUM, e os de ULOMANÍA COOP. que sempre andan polo medio.
Coma sempre, todo con entrada de balde. Non vo-lo perdades!!


Aquí tedes o programa completo:

Venres 22 decembro.
Sesión do noso gurú Michi Calambres, que desta vez será o encargado de abrir o programa. Bailes trogloditas e todo o que lle pete. O noso picadiscos favorito non podía faltar.

Sábado 23 decembro.
BREAKIN' BONES en directo 23:45h. + sesión Bimba.
Un dos pratos fortes do programa, e un dos retornos máis agardados da tempada. Os Breakin' Bones están de volta!! Con nova enerxía, novos temas, e con novo contrabaixista que se presentará en público no Rif-Rock. Comezan a súa xira Tiros Largos, de relanzamento do seu ep "Pura Maldad" (ULO-003), temos unha ganas enormes de volver a velos e acción.
Despois da descarga de psychobilly, o turno de Bimba na cabina, sen etiquetas, que nunca deixa de sorprendernos en cada sesión. Menuda noite que nos espera...

Venres 29 decembro.
Será o turno do Chief Bromden, que neste 2017 só visitou unha vez a nosa cabina, así que seguro que ven con moitas ganas. Xa sabedes, funkys criollos e rockanroles.

Sábado 30 decembro.
DRAMA QUEENS en directo 23:45h. + sesión Ptooff!
Na última noite desta edición, presentámosvos aos Drama Queens, outra volta de torca da big band da casa, que chegan con nova proposta e con algún compoñente novo, e tamén cunha obsesión cinematográfica por resolver. Teredes que vir para comprobalo, non vo-los perdades!! 
Para o fin de festa teremos a Ptooff na cabina, poñendo todo o que lle pete, coma sempre, que por algo é o máis habitual de todos.

Un programa ben completo, non atoparedes un plan mellor!

miércoles, 13 de diciembre de 2017

The Fall "Singles 1978-2016 Box"

Xa sabedes que The Fall son unha das miñas grandes debilidades, así que imos a retomar a actividade do blog co seu último recopilatorio. 
Acaba de sair a caixa "Singles 1978-2016" lanzado por Cherry Red Records. Outra inmensa caixa do incansable Mark E. Smith, e coma sempre chea de novidades. Nesta ocasión preséntase en dous formatos, a máis sinxela de 3cd coas caras A do período 1978-2016, e a edición completa, con 7cds que ademáis inclúen, a maioría das caras B do mesmo período. Non só é imprescindible por reunir todo ese material desperdigado por singles, eps e cds de todo tipo, senón que é a primeira vez que se lanza un recopilatorio dos Fall de este tipo xuntando edicións de tódo-las épocas sen ter en conta os selos discográficos dos lanzamentos, algo que nunca ocurrira antes. Se xa estades metidos no universo The Fall é unha oportunidade fantástica de reunir todo ese material. Se sodes profanos mellore que non o intentedes.

THE FALL "Singles 1978-2016"
(Cherry Red Records, 2017)



viernes, 8 de diciembre de 2017

Trash#20

Xa levábamos tempo sen compartir sesións da serie Trash!, e esta estaba pendente do mes pasado. Aquí tedes a entrega #20, toda con material recente.
Metédelle volume!

Psych.Munstaphà "Trash#20"
(sesión Rif-Rock 17 nov.2017)
faite con trash#20 aquí.


miércoles, 6 de diciembre de 2017

Nadal Rocks!

Como xa tedes un adianto para o 23 de decembro, teremos que poñernos co resto do programa de Nadal. Xa vos avisamos que este ano non será nada Soul...
A próxima semana estará todo listo.


Os Breakin' Bones están de volta...

Tras varios meses de parón, os BREAKIN' BONES están de volta!! 
Con nova formación e máis material, incluíndo presentación sorpresa. 
A primeira cita será no Rif-Rock durante o Nadal. Apuntade o día: Sábado 23 de decembro, Non vo-los perdades!!


martes, 5 de diciembre de 2017

Purple Weekend 2017

Un ano máis, a recomendación obrigada por estas datas. 
O Purple Weekend de León, nesta edición do 6 ao 9 de decembro, cos Redd Kross, coma principal atractivo, e aos que hai que ver en directo alomenos unha vez na vida, e outros cabezas ben interesantes coma os Mystery Lights, os australianos The Frowning Clouds, ou o retorno dos The Event. 
Toda a info, entradas e demáis na web do Purple Weekend.


lunes, 4 de diciembre de 2017

Galician Freaky Film Festival

Unha recomendación para finais de mes.
A edición #0 do GFFF de Vigo, o Galician Freaky Film Festival, promovido polo colectivo Reencanto Produccións para reivindicar o freakismo e visibilizar a cultura galega cinematográfica dende os anos 80.
Unha edición que contará coa proxección de filmes, concertos e performances en diferentes espacios. Entre outros, están confirmados os concertos de Mad Martin Trio e Igmig, ou a proxección de filmes do pioneiro Segundo de Chomón musicados por Macarena Montesinos e Paulo Pascual.
Seguide informados na páxina de facebook do GFFF.


The Jimi Hendrix Experience "Axis: Bold as Love"

A semana pasada cumpríronse 50 anos do segundo álbum da Jimi Hendrix Experience. "Axis: Bold as Love" saía no Reino Unido o 1 de decembro de 1967, tan só seis meses despois do seu debut. Para a edición nos USA terían que agardar un par de meses por medo á unha baixa recepción comercial en tan pouco tempo, pero foi un éxito rotundo nos dous casos. En ano e medio lanzáronse máis de 30 edicións do álbum por todo o mundo, nada mal, aínda que os singles extraídos non tiveron o mesmo resultado, a pesar da sú inclusión por exemplo na banda sonora do filme Easy Rider
Habitualmente é considerado un álbum menor fronte aos outros dous álbumes do trío, pero Axis é a transición perfecta entre o "Are You Experienced?" que xa estaba moi rodado cando se lanzou, e o perfeccionismo de "Electric Ladyland", todo no tránsito de un só ano. Trátase do álbum máis técnico de Hendrix, xa que a maioría dos temas foron compostos en función dos métodos de gravación e producción que ía a empregar, e de ahí as súas reticencias a interpretar moitos desos temas en directo, ante a imposibilidades de facelos tal cual os tiña na súa cabeza.
'Spanish Castle Magic', 'Castles mad o sand' ou 'Little Wing' son os temas máis coñecidos do álbum, pero non os máis transgresores. Ahí están os xogos entre psychodelia e jazz de 'Up from the skies', o pop de 'Wait until tomorrow', as estructuras complexas de 'Is not No Telling' ou no poderoso blues psych de 'If 6 was 9', o emprego do wah wah en 'Little miss lover', ou Noel Reding poñendo a voz de 'She's so fine'. Axis é o álbum que máis se axusta aos parámetros do Swinging London e que o leva ao seu cumio.
A portada foi obra de David King e Roger Law sobre fotos de Karl Ferris, con Hendrixç, Redding e Mitchell integrados nunha representación da deusa hindú Vishnu, que non gustou nada a Hendrix, coma case nengunha das portadas dos seus discos, pero eso xa é outra historia...

THE JIMI HENDRIX EXPERIENCE "Axis: Bold As Love"
(Track Records/Reprise/Polydor, 1967)



viernes, 1 de diciembre de 2017

"NADA(L)", de Xonix Records

Dende esta fin de semana xa tedes dispoñible no Rif-Rock o compilatorio recén estreado de XONIX Records: "NADA(L)". Un fermoso proxecto que recolle 13 panxoliñas orixinais de 13 bandas galegas actuais, entre os que están Espiño, os Ruxe-Ruxe, os míticos Zenzar, ou Los Wavy Gravies acompañando a Óscar Avendaño, do que por certo, tamén nos deixaron copias do seu último traballo con Los Míticos GTs. Todo en cd empaquetados en bonitos digipacs. 
Apurade que voan.
Mais info na web de Xonix Records.