martes, 30 de julio de 2019

Esta noite comezamos...

Nós xa arrancamos esta noite o Albariño 2019!!
Como cada ano, comezamos un día antes, xa nos arrepentiremos cando chegue o fin de semana, pero as tradicións son as tradicións...
Corte de cinta oficioso, chupinazo, e sesión sorpresa. 
Só para valentes!! 



domingo, 28 de julio de 2019

God Save the Queens. Pioneras del Punk

Xa era hora de ir recomendando lectura para o verán.
Hoxe deixámosvos este "God Save the Queens. Pioneras del Punk", de Cristina Garrigós, Nuria Triana e Paula Guerra, de 66rpm Edicións, que xa leva uns cantos meses en tódalas librarías.
Está presentado coma un tributo ás pioneiras do punk do país, e se artella en torno a entrevistas coas fundadoras das Vulpes, Último Resorte ou Desechables, tratando o fenómeno a nivel estatal pero tamén no plano global.
De lectura obrigada para estes meses.

Ver na web de 66rpm Edicións.
Para saber máis recomendamos o podcast do programa Carne Cruda de abril coas propias autoras presentando o libro.


sábado, 27 de julio de 2019

Oh Sees 'Heartworm'

Os adiantos do novo álbum dos Oh Sees están a ser máis que sorprendentes.
Tras a suite de 'Henchlock' e a fantástica 'Poisoned Stones', agora chega 'Heartworm', un trallazo de hardcore old school. Menuda mestura de estilos.
En tres semanas chegará "Face Stabber"...



viernes, 26 de julio de 2019

miércoles, 24 de julio de 2019

Esta semana, de mércores a sábado

Imos colléndolle o pulso ao verán pouco a pouco.
Esta semana estaremos de mércores a sábado co horario habitual.
RifRocKerZ.djSet


martes, 23 de julio de 2019

XI Festa do Bigote!! (4 de agosto)

Ide apuntando a data: domingo 4 de agosto, despois da medianoite... 
O RIF-ROCK & CTK convócanvos a outra FESTA DO BIGOTE!!. 
A XIª edición oficial na que, unha vez máis, contaremos con Edu de PC Barbería como patrocinador e padriño de luxo.
As bases do concurso serán as mesmas de sempre, pero as recordaremos de novo dentro duns días. 
Algún debería comezar a prepararse... Faltan 13 días!!


lunes, 22 de julio de 2019

Pixies 'On Graveyard Hill'

O 4 de xullo, os Pixies compartían o audio do tema de avance do seu novo lp, "Beneath the Eyrie" que sairá en setembro. 
Agora chega o momento do clip do mesmo tema...



viernes, 19 de julio de 2019

este fin de semana: Trash + Escalenux

Logo de varias semanas de vacacións e imprevistos, imos recuperando a normalidade.Este fin de semana por fin recuperamos o ritmo.
O venres outra entrega da serie Trash, e o sábado volve Escalenux aos mandos da cabina. Non vo-lo perdades!

'Day of the Lords' (Unknown Pleasures: Reimagined)

Terceira entrega da serie audiovisual Unknown Pleasures: Reimagined, un dos proxectos cos que este ano se conmemoran os 40 anos do lanzamento do mítico "Unknown Pleasures" de Joy Division. 
Dez dos máis representativos creadores audiovisuais dos nosos días reinterpretan en clave de videoclip cada un dos 10 temas do álbum. 
Aquí tedes a peza correspondente a 'Day of the Lords', a cargo de Feargal Ward e Adrian Duncan.


martes, 16 de julio de 2019

Redd Kross 'The Party Underground'

Novo tema de adianto do "Beyond the Door" dos Redd Kross, que sairá a finais de agosto. Aquí temos 'The Party Underground', recuperando o bubblepop dos vellos tempos...



viernes, 12 de julio de 2019

AVISO! Vacacións ata o Venres 19 de xullo

AVISO!!!
Este fin de semana collemos vacacións de novo.
Sentimos avisar con tan pouca antelación...
Volveremos o VENRES 19...
Mentres metédelle un repaso ao Space Oddity de Bowie que cumpre 50 anazos!!



jueves, 11 de julio de 2019

Serán de Troula 2019

Onte presentouse a nova edición do Serán de Troula en Cambados. 
Tres datas imprescindibles para os xoves de agosto: Juzz, Basanta, The Bongo Club e Mascada en directo, e despois dos concertos sesións a cargo dos tres selos da vila... Ide reservando días na axenda!
Seguide informados no seu facebook.


martes, 9 de julio de 2019

Oh Sees 'Poisoned Stones'

Máis adiantos do novo dos Oh Sees. 
O seu próximo álbum leva por título "Face Stabber", e sairá o 18 de agosto co selo Castle Face Records.
A semana pasada compartían o tema 'Henchlock', de 21 minutazos que pechará o álbum, e onte mesmo lanzaron o video clip de 'Poisoned Stones'. 
Semella que Dwyer está a prepararnos outra interesante viraxe...



jueves, 4 de julio de 2019

Revival Rif-Rock: Quén Matou a Brian Jones?

Hai tempo que non facíamos unha entrega de Revival do Rif-Rock, así que hoxe toca.
Onte cumpríanse 50 anos da morte do mítico Brian Jones, foi o 3 de xullo de 1969.
Pero imos ao 2014.
Un dos mellores concertos que celebramos aquel ano no local foi precisamente unha homenaxe ao Rolling maldito: Quén Matou a Brian Jones?
Os protagonistas foron os RifRocKerZ Experience, coa banda en formato quinteto, con Isidro Dozo, Karlos Abal, Kevi Aragunde, Piti González, e con Kike Barreiro que debutaba aquela noite no Rif-Rock.
Repertorio de clásicos, e noite con toda a parafernalia que requería unha ocasión así.

Tedes o concerto completo nesta lista de reprodución, e atoparedes todo o material que lle adicamos naquelas semanas seguindo a etiqueta Quén matou a Brian Jones?.



martes, 2 de julio de 2019

lunes, 1 de julio de 2019

Directos dos Meat Puppets



Os Meat Puppets están de volta. Logo de varios paróns na súa carreira e cambios de formación, os irmáns Kirkwood reunen de novo á formación orixinal da banda, con Derrick Bostrom na batería. Nunca volveron ter o certo éxito que acadaron a comezos dos 90s, pero sempre son un seguro de bos temas e grandes discos. 
En marzo lanzaron un novo álbum de estudio, o número 15 da súa carreira se non nos fallan o cálculos, "Dusty Notes" (Megaforce Records), e xa están metidos nunha longa xira de presentación.
A semana pasada compartiron eos audios dos seus últimos concertos, en Portsmouth do 17 de xuño, e no Zoom de Frankfurt, do día 18. 
En descaga de balde en varios formatos:
Meat Puppets Live at 3S Artspace // Meat Puppets Live at Zoom
Na xira presentan os temas do seu último traballo, e por suposto ahí tedes tamén 'Plateau', ou a miña favorita 'Lake on Fire' nun longo medley final. 
Un auténtico pracer volver a escoitalos con esa forza en directo.