No Diario Cultural da Radio Galega, a semana pasada dedicaron a sección Viva a repasar a historia do mítico selo compostelán Lixo Urbano polo seu 25 aniversario.
Nova entrega da serie audiovisual Unknown Pleasures: Reimagined, un dos proxectos cos que este ano se conmemoran os 40 anos do lanzamento do mítico "Unknown Pleasures" de Joy Division.
Dez dos máis representativos creadores audiovisuais dos nosos días reinterpretan en clave de videoclip cada un dos 10 temas do álbum.
Aquí tedes o tema 'Shadowplay', reimaxinado por Vincent Moon.
Esta mañá espertamos cun novo lanzamento dos Thee Blind Crows. Trátase da gravación do primeiro concerto da xira de presentación do álbum "Death awaits us all" na Sala Mardi Gras da Coruña, co que ademáis de celebraban os seus dez anos en activo. Xa tedes "Live at Mardi Gras" no seu bandcamp.
Foi o seu penúltimo álbum. E máis aló de 'Come Together' ou 'Here comes the sun', están as menos valoradas 'Octopus Garden' ou 'I Want You'.
Destaca polo medley da cara b, no que se enlazan oito temas a machada, entre as que está unha das nosas favoritas, 'Polythene Pam'.
Pero sen dúbida, pasou á historia para sempre pola súa portada, deseñada por John Kosh, sobre a icónica foto de Iain Macmillan, que deu para moito máis incluso que os temas do álbum.
O pasado agosto falecía Damien Lovelock, o mítico frontman dos Celibate Rifles.
'O 19 de maio do 2018 a banda participou no 'Back to the Corner', un concerto no Hotel Corner de Melbourne xunto cos X e os Painters & Dockers. Foi o último show no que participou Lovelock, que arranca coa demoledora 'Buttland' e no que tamén atoparedes 'Killing Time' ou 'Electravision Mantra'. Afortunadamente quedou rexistrado para sempre.
Aquí tedes o concerto completo na canle de Laneway Music.
A semana pasada, os amigos de Pantano, compartiron un novo tema que non fora incluído no seu álbum "Beware". Chámase 'La Cuerda', e xa o tedes dispoñible no seu bandcamp, para escoitar e descargar ao voso gusto.
Dende as redes do Ruta 66, hoxe nos lembran os 40 anos dunha das fotos máis míticas da historia do rock. Paul Simonon reventando o seu baixo no escenario do Palladium de NYC o 21 de setembro de 1979. A foto é de Penny Smith. Logo sería eterna como portada do "London Calling".
Daltrey e Townshend seguen con folgos, e hai un par de días subiron un novo tema como adianto do que será o seu próximo álbum. Levará por título sinxelamente "WHO", e con saída para o 22 de novembro.
Co pasamento do xigante Daniel Johnston é o momento de recuperar o fermoso documental "The Devil and Daniel Johnston". Estreouse no 2005, co guión e dirección de Jeff Feuerzeig.
O realizador amosanos a fascinante e triste historia deste xenio empregando o propio material audiovisual que Johnston viña rexistrando ao longo da súa vida.
Esta mañá espertamos coa nova do lanzamento dun 7'' de Los Wavy Gravies, "The Invasion is Coming" lanzado por Family Spree Recordings.
Inclúe o propio tema 'The Invasion is Coming', cover do tema dos Invasion, e dous novos temas da banda 'Looking Everywhere' e 'My Baby Scream', este último con Rufus nas voces.
Nova entrega da serie audiovisual Unknown Pleasures: Reimagined, un dos proxectos cos que este ano se conmemoran os 40 anos do lanzamento do mítico "Unknown Pleasures" de Joy Division.
Dez dos máis representativos creadores audiovisuais dos nosos días reinterpretan en clave de videoclip cada un dos 10 temas do álbum.
Aquí tedes a peza correspondente a 'Candidate', a cargo de Amos Poe.