sábado, 1 de agosto de 2020

Redd Kross "Red Cross EP"

Outros que están a conmemorar os 40 anos de traxectoria son Redd Kross. 
Aínda que non o pareza a súa carreira é lonxeva coma poucas en bandas da súa xeracións, e é que os irmáns McDonald comezaron con 12 e 14 anos, e con certo éxito dende moi cedo. En 1980 publicaban o seu primeiro ep, este "Red Cross" homónimo, cando a banda aínda escribía así o seu nome.
Era un EP de seis temas, editado por Posh Boy Records, nunha primeira edición que nen tan sequera tiña portadas.
Ahí estaban 'Cover Band', 'Annette's Got the Hits', a mítica 'I hate my School', e na cara b 'Clorox Girls" -debaixo, estes dous temas en directo no 2007-, 'S & M Party', e 'Standing in Front of Poseur'.
Nalgunhas reedicións en cd de outros álbumes incluíronse estes temas, ou algunha demo destas sesións de 1979. Agora no 40 aniversario do seu lanzamento, Merge Records recupera este traballo, remasterizado, e incluíndo 5 demos descartadas daquelas sesións.

REDD KROSS "Red Cross EP"
(Posh Boy, 1980 / Merge Records, 2020)