Hoxe hai un ano que pechamos o Rif-Rock.
Para a maioría de vós foi unha sorpresa, e só para algúns era un pequeno segredo a voces que tiña que difundirse o menos posible. Tratábase de festexar o noso 20 anviersario, que estaba pendente de meses atrás, e coa banda favorita das nosas vidas. Tiña que ser unha festa da boas, e así foi. O feito de xuntar de novo a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre xa foi todo un éxito, e comprobar a resposta da xente unha satisfacción enorme.
Se vos digo a verdade, para nós todo iso xa nos queda moi lonxe no tempo, aínda que case cada semana sempre hai quen nos escribe ou nos comenta pola rúa anécdotas ou recordos do local.
Ao longo de todo este ano aínda non subimos nin a cuarta parte de todo o material que temos e que moitos nos fixéchedes chegar desa noite, pero o faremos pouco a pouco. Dende logo foi unha noite para non esquecer, e un final perfecto para 20 anos e 5 meses de facer sempre o que nos petou coa axuda dunha cantidade enorme de xente que sempre se prestou a colaborar connosco. Estar rodeado de tanto talento faino todo moito máis sinxelo.
Tampouco podemos esquecernos de tantas mostras de cariño naqueles días e nos meses seguintes, e que aínda seguen a chegarnos. Así que volvemos a darvos as grazas a todos. Pero para rematar a parrafada, gustaríanos perdirvos algo que dixen aquela noite. Apoiade aos que fan cousas distintas, sempre!!! E nestes tempos tan difíciles, a tódolos que poidades
Volveremos a vernos nos bares!! Mentres tanto, coidádevos!