miércoles, 23 de diciembre de 2009

O álbum da Semana "Blue Black Hair" dos Del-Moroccos

Aquí tedes un dos álbumes máis impresionantes do pasado 2008. Unha desas extrañas xoias de revival que rematan sendo tan coidados que parecen máis auténticos que os orixinais. The Del-Moroccos son unha superbanda de Chicago de 8 membros (guitarra, baixo, batería, piano, saxo e 3 cantantes) que se adica a refacer clásicos dos anos 50 e 60 para convertilos en novas pezas para coleccionistas. Así "Skinny Minnie" se convirte en "Skinny Jimmy", pero por riba de todo destaca "El Tren de la Costa" así en castelán, a versión que fixeran os barceloneses Los Sirex do 'Train Keep-a-Rollin'' de Johnny Burnette vía The Yardbyrds... unha maravilla.

THE DEL-MOROCCOS
"Blue Black Hair"
(Hi-Style Records, 2008)


descargádeo no blog Comadreja69:

No hay comentarios: