martes, 15 de diciembre de 2009

Mondo RIFPOP: Judex.

Xa falamos nesta mesma sección de outros traballos do imprescindible LOUIS FEUILLADE (ver artigos sobre Fantômas e Les Vampires en Mondo RifPOP), e como vos anunciei na entrega da semana pasada, a próxima sería de JUDEX.

A pesar do éxito de tódo-los seus anteriores traballos, as obras de Feuillade recibían numerosas críticas porque presentaban ó crime como algo apaixoante e deixaban en ridículo ás forzas de orde, e as autoridades estaban a preocuparse polas posibles consecuencias sociais. Lembrade que estamos en 1915, en plena 1ªGM, e o goberno precisaba reforza-la unidade nacional e non cuestiona-la eficacia das forzas de seguridade.

Deste xeito Feuillade crea unha nova figura: JUDEX, que é unha creación do propio director e o seu colaborador Arthur Bernède, i é o primeiro superhéroe moderno do cinema, como contraposición ós anteriores protagonistas supervillanos.
Judex (Louis Feuillade, 1916)

Jacques de Tremeuse é fillo dun afamado banqueiro de Córcega (así se presenta a Judex coma un equivalente a Napoleón Bonaparte que recupera a maior gloria de país), que é traicionado polo seu socio Favraux e a súa amante (Marie Verdier), arruinado e remata por suicidarse. Dende entón Tremeuse se converte en Judex, que sen aclarar moi ben como, ten superpoderes, pode aparecer e desaparecer coma unha pantasma, igual que os anteriores protagonistas de Feuillade, Judex é un mestre do disfraz, ten poderes hipnóticos e domina tóda-las formas de loita coñecidas.

Ó contrario que en anteriores ocasións, Judex concéntrase en perseguir ó malvado Favraux é á súa amante, que se adican a sembra-lo caos no pais atacando á burguesía francesa, e a tódo-los crimanis que os rodean.
A serie foi rodada en 1916 e retransmitida íntegramente en 1917, e para ela contaba cos seus dous actores fetiches que tan resultado lle diran nas anteriores ocasións, Marcel Lévesque e Musidora (lembrade a Irma Vep) Judex é unha mestura de cine policíaco con surrealismo puro, cheo de pasaxes oníricos e un estilo transgresor composicións visuais innovadoras. Pero ademáis Feuillade non puido resisti-la tentación e ó longo da serie vai evolucionando ó personaxe hacia unha ambigüidade moral, que fai que o público se cuestione o papel como heroe de protagonista así coma os verdadeiros moitivos que o levan á súa guerra particular.
Os seus capítulos son: 1 Prologue + L’ombre mystérieuse. 2 L’expiation. 3 La meute fanatique. 4 Le secret de la tombe. 5 Le moulin tragique. 6 Le môme Réglisse. 7 La femme en noir. 8 Les souterrains de château rouge. 9 Lorsque l’enfant parut. 10 Le cœur de Jacqueline. 11 L’ondine. 12 Le pardon d’amour.

Dedibo ó éxito xa en 1917 comezou a preparar unha nova entrega, que foi rodada ese mesmo ano, i estrenada ó longo de 1918, A Nova Misión de Judex (La Nouvelle Mission de Judex), de igual éxito pero menor en comparación coas tramas e a técnica da primeira.
(1 Le mystère d’une nuit d’été. 2 L’adieu au bonheur. 3 L’ensorcelée. 4 La chambre aux embûches. 5 La forêt hantée. 6 Une lueur dans les ténèbres é. 7 La main morte. 8 Les captives. 9 Les papiers du Dr Howey. 10 Les deux destinées. 11 Le crime involontaire. 12 Châtiment / Les petites marionnettes)
Feuillade continuou rodando en formatos similares ata a súa morte en 1925, con grande rendimento entre o resultado e a limitación dos recursos, e inxeniosas tramas argumentais.

Podedes descarga-las 12 partes de JUDEX aquí:

http://www.tripilandia.es/foro/cortometrajes-y-seria-les-mudos/13411-judex-1916-s-erial-12-12-prologo.html

En 1934 veu a luz un remake baixo o mesmo título e o mesmo formato, dirixido por MauriceChampreaux, de relativo éxito pero sen nada que aportar, xa que se adica a refacer toda a obra de Feuillade plano por plano... Como é habitual, foi nos atrevidos anos 60 cando se fixo unha nova adaptación ó cinema...
Judex (1963, Georges Franju)
Nesta co-producción franco-italiana, Franju fai unha adaptación moi personal, na que da contunuidade ós seus anteriores traballo de corte onírico e inspiración abertamente surrealista, como ‘A Cabeza contra a perede’ (La tête contre les murs, 1958),Relato íntimo’ (Therese Desqueyroux, 1962, adaptación da obra de François Mauriac), pero sobre todo coa estética da súa obra máis popular ‘Os Ollos sen rostro’ (Les yeux sans visage, 1959) [Outro día falaremos deste filme].

Nesta versión, o rico banqueiro sen escrúpulos Favreaux comeza recibindo notas amenazadoras firmadas por un tal Judex, despois de tentar matar a un pobre co seu coche. Judex e os seus colaboradores secuestran a Favreaux e o condenan a unha reclusión perpetua por tóda-las súas fechorías. O séquito criminal de Favreaux tentará liberalo, mentres a banda de Judex o impedirá.

Destaca nesta película a extraña secuencia do iniico, coa festa de disfraces na casa de Favreaux, na que os protagonistas aínda non identificados aparecen enmascarados con grandes cabezas de paxaros.
A adaptación de Franju é bastante inxénua no plantexamento, e pouco desenrolada na súa trama comparada coa orixinal, coa que resulta bastante superficial na comparación, pero ten unha enorme potencia visual.

O personaxe de Judex aparece como secundario en outras moitas novelas de ficción e superhéroes, pero sempre con características moi distorsionadas do orixinal...

No hay comentarios: