jueves, 3 de diciembre de 2009

Mondo RIFPOP: o Dr Mabuse!!!

«O propósito final do crime é establece-lo eterno imperio do crimen,
un estado de completa inseguridade e anarquía».
(Dr. Mabuse)
Logo de facer todas esas listas das 20 pelis e discos a toda hostia sin pensalas moito, é cando te fixas no que puxeches. Agora esquezámosnos dos álbumes e centrémonos nas películas para esta nova entrega de Mondo RifPOP. Despois de facer unha destas seleccións sempre te queda a sensación de que esqueciches de algunha importante, e claro, despois revisas, e ó ver “M. O Vampiro de Düsseldorf” de Fritz Lang, caín na conta que do mestre alemán me deixara atrás unha das miñas xoias do cine favoritas: “Dr. Mabuse”, que ademáis de ser imprescindible, nos presenta a un dos persoaxes de ficción más grandes e influíntes do s.XX ademáis de ser un deses supervillanos tan habituais nesta sección.

Contextualicedevos no cinema expresionista alemán de entreguerras, e comezamos. Na entrada desta mesma sección adicada ó malvado Fantômas xa explicábamos coma os tres primeiros cerebros criminais que triunfaron a nivel popular foron Fu-Manchu, Fantômas e o Dr.Mabuse, por este orde cronolóxico. O persoaxe do Dr. Mabuse é creación do novelista luxemburgués Norbert Jacques (Dr. Mabuse, der Spieler, de 1922, novela publicada por entregas no xornal Berliner Illustrierte Zeitung) que escribiu toda a súa obra en alemán, pero case sen éxito, agás esta novela, que tra-la película se convertiu na máis vendida na Europa Xermanófila. Nese mesmo ano a productora recén creada Ulltein-UCO Films encargou a Lang e á súa esposa (Thea von Harbou) a adaptación da película, xa coa intención de crear unha saga e desenrolar por sí mesmo ó persoaxe, inspirado polo éxito que tivera en Francia o serial das cinco excelentes películas sobre Fantômas que Louis Feuillade realizara entre 19123 e 1914!!!, e logo con Los Vampiros (Les Vampires, 1915-16), e que o propio Lang xa tentara con bastante éxito en Alemania con As Arañas (Die Spinnen, 1919-20). Na primeira parte das Arañas, Der Goldene See (O Lago Dourado), o aventureiro millonario (Kay Hoog, unha mestura entre Phileas Fogg e o Prof. Challenger) viaxa ó Perú para rescatar a un compañeiro de Harvard, en medio da busca dun gran tesouro inca i en loita cunha organización secreta dirixida por unha muller oriental, Lio Sha (inspirada na filla de Fu-Manchu, ou no propio xenio do mal), e ó igual que con Fogg aparece o amor cunha princesa inca... Na segunda parte, Das Brillantenschiff (O Barco de Brillantes, de 1920), Hoog trasládase á China, donde descubre unha cidade subterránea controlada pola organización das Arañas...

Mabuse é un ilusionista, un estafador, un asasino que ten por obxectivo único a destrucción da civilización. Igual que Fantômas, Mabuse é un criminal camaleónico que cambia de apariencia, ten poderes psíquicos cos que hipnotiza e domina outras mentes coa súa mirada, e tamén é un científico avantaxado ó seu tempo capaz de inventar todo tipo de artefactos fantásticos para consegui-los seus fins. Así era na obra de Jacques, pero Lang potenciou ó persoaxe, convertíndoo no propio fio conductor da historia, i a el mesmo en metáfora do contexto social xermano.


Dr. Mabuse, der Spieler (Fritz Lang, 1922) Así o ‘Dr.Mabuse’ de Fritz Lang é unha pasada de película de máis 4 horas!!!, de cine mudo por suposto... dividida en dúas partes. A primeira de 2 horas e 40min +- titúlase ‘O Gran Xogador’ e a segunda parte ‘O Inferno’.
É unha obra total, que mestura a intriga, o terror, a política, o psicoloxía, vangarda artística no estético e no formal, sexo (inclúe desnudos, ollo que estamos en 1922!!!), violencia e denuncia social (continuamente se refire a “a nosa época”, evidenciando que se trata dunha metáfora da súa realidade, cun goberno debilitado en plenos ‘felices anos 20’ nos que todo é unha mascarada valeira mentres unha ameaza esta a chegar). Mabuse aprovéitase da debilidade mental e dos máis desfavorecidos, controla as mentes de criminais sen escrúpulos, prostitutas, falsificadores cegos, homosexuais torturados, enfermos terminais, ou retrasados que se convirtes nos seus servos para controlar todo o mundo que ó rodea. Mabuse ten un taco de fotografías, que coma se fose un naipe de cartas, baralla para escolle-la identidade de cada día (tremendo cando na 2º parte aparece como ilusionista manco), pero todo iso provoca unha crise na súa propia identidade, e comeza a atormentarse coas súas víctimas, ó cal reacciona con máis crueldade, mentres no seu laboratorio as estatuas e as máquinas cobran vida para enfrontarse a el, ou eso cree... O Dr Mabuse de Lang, máis que un supervillano con ansias de domina-lo mundo era o ‘gran xogador’, o creador de realidades, que decicía xogar cos destinos das súas víctimas.

O seu poder estaba na creación das postas en escena que preparaba no seu laboratorio, e do control mental que exercía a través dos seus ollos (fantástica a contextualización no ocultismo da época, e as sociedades secretas, de cómo os poderes sobrenaturais terminan por prevalecer sobre a sociedade corrupta e decadente)... pero ahí estaba o seu punto debil, os cegos que non se sometían ó seu control, e causa dos seus problemas no taller de falsificación cos cegos... Tremendo!!! O filme é unha representación do engaño, das falsas identidades, un xogo desequilibrado entre a locura e a sensatez, que ten unha concepción circular, de xeito que na 2º parte Mabuse é víctima da súa propia tolemia e iso desemboca tamén no caos dos demaís persoaxes, porque non esquezades que é Mabuse quen move os fíos das marionetas...
Así temos un filme gigantesco, de máis de 4 horas, que Lang cortou en 2 partes con títulos distintos para que se proxectasen de forma continuada nas sesión dobres e así cobrar tódo-los beneficios das sesións. Sen embargo tra-la súa estrea, e para a exhibición internacional como obra uniformo recortouse de máis de 20 rollos de película a só 8... non será ata 1966 cando se recupere e se restaure, xa veremos porqué...


O Testamento do Dr Mabuse (Fritz Lang, 1933)
(Das Testament des Dr. Mabuse)
Logo de realizar a saga dos Nibelungos en 1924, Metrópolis en 1927 e M (o Vampiro de Dusseldorf) en 1930 ( a súa primeira película sonora), retoma a historia do malvado doutor case donde a deixara, con Mabuse recluído nun sanatorio mental.
Comeza cando o inspector Lohmann (persoaxe que recuperan da súa película anterior “M. O Vampiro de Dusseldorf”) comeza a investigar un asunto de falsificacións, que lle levan ó famoso criminal Dr. Mabuse. Pero Mabuse estaba encerrado había anos nunha clínica psiquiatrica, o Asilo do Dr. Baum, un psiquiatra fascinado polo xenio do Dr. Mabuse, que no seu delirio e nun estado vexetal segue planeando toda unha serie de crimes, que se cumplen ó milimetro a través dunha complexa rede criminal organizada co seu espíritu, pero Mabuse morre e o seu espectro posúe a Baum, que o seu testamento con tódo-los pasos para instaurar o Imperio do Crime. Mentres Mabuse se convirte en algo aínda máis perigoso, un ente intanxible, que non existe, e polo tanto non se lle pode atrapar. O terrorista perfecto, que desta vez non aparece en caixas fortes de bancos nin en mansións de millonarios, sinxelamente non está, só as gravacións da súa voz e o seu testamento. Este filme funciona a tódo-los niveis. Simbólicamente presenta ós Nazis que acaban de chegar ó poder nese mesmo ano advertindo do que podería pasar, e logo pasou, representado na rede criminal que controla Mabuse. Tamén é un tratado perfecto sobre as enfermedades mentais e a posesión, volven a desenmascarar aspectos das sociedades ocultistas, e o reflexo de cómo o partido Nazi, apoiado nestas vampirizou a toda a sociedade derrotada na 1ªGM.

Nese mesmo ano Goebbels ofreceulle dirixi-lo conglomerado cinematográfico UFA, pero Lang rexeitouno e fuxiu esa mesma noite, primeiro a Francia, e logo ós USA. Goebbels prohibiu a exhibición da cinta e mandou destruir tóda-las copias, por ser demasiado explícita e facer apoloxía do terrorismo contra o estado.


Os Crimes do Dr. Mabuse (Fritz Lang, 1960)
(Die 1000 Augen des Dr Mabuse)
Tra-la súa exitosa carreira nos USA, e pasados 15 anos da 2ª GM, Fritz Lang volve a Alemania, tamén influído por que as súas 3 últimas películas (Más allá de la duda, 1957; El Tigre de Esnapur, 1959; La Tumba India, 1959) funcionaran mellor en Europa que nos USA, donde a crítica o trataba xa coma un vello demente, mentres que en Europa a Nouvelle Vague o referenciaba constantemente como influencia imprescindible.
Como vimos, a saga de Mabuse estaba sempre inmersa nunha crítica social e política do seu contorno, i en 1960 a Alemania dividida era o centro da Guerra Fria Mundial. Nos Crimes do Dr Mabuse (orixinalmente ‘Os 1000 ollos do Dr Mabuse’) un xornalista aparece morto no seu coche cos métodos que había 40 anos empregaba o Dr Mabuse, mentres investigaba a un círculo de millonarios e poderosos políticos que se reunían no hotel Luxor, e que pouco a pouco tamén aparecen mortos. O vidente Cornelius axuda ó inspector Clarence, pero en medio de espiritismos, fábricas de misiles, suicidas e relacións amorosas que destripan a dividida sociedade berlinesa na que nada é o que parece, resulta que o vidente é o fillo do Dr Mabuse e ten a mesma obsesión de acabar con todo o mundo... e teredes que vela para ver se o consigue, por que o plan é xenial, e por suposto infalible. Esta é a última película de Fritz Lang, unha paranoia de conspiracións na loita bloques, na que un desalmado (a estas altura xa convertido nunha figura POP) tenta sacar partido. O guión é moi bó pero ten algúns aspectos que están collidos con fíos, pero o filme é fantástico polo seu ritmo, polas situacións que cambian a cada momento, con moitas escenas moi cortas que Lang enlaza á perfección para que ninguén se perda, e cuns persoaxes delirantes perfectamente ensamblados.

Un final digno para unha saga única. Esta última é menor que as dúas anteriores, pero é iso, un final digno cando o persoaxe xa era un icono 40 anos despois da súa exitosa creación. Fritz Lang retirouse e morreu en 1976, pero tranquilos que dende aquí seguro que volveremos a falar dos seus enxendros...
Sen embargo, xa dixemos que a popularidade de Mabuse foi enorme, e por suposto un negocio case seguro, que non agardou entre a entrega dos 30 e a dos 60... Logo de ‘O Testamento do Dr Mabuse’, o propio Fritz Lang foi contratado para realizar unha adaptación francesa nese mesmo ano, xusto tran fuxir de Alemania, codirixida por René Sti (Le Testament du Dr Mabuse, 1933), un sinsentido, xa vedes... Pero cando Lang puxo fin á saga (aínda que o final estaba aberto) e deixándoo contextualizado nesa década en plena parania da Guerra Fría todo se disparou nos esteoscópicos anos 60, e comezaron a producirse innumerables secuelas:
as primeiras dirixidas por Harald Reinl, O Diabólico Dr Mabuse (Im Stahlnetz des Doktor Mabuse, de 1961) As Garras Invisibles do Dr Mabuse (Die unsichtbaren Krallen des Doktor Mabuse, 1962), copias de outros argumentos xa vistos, como en Fantömas: Scotland Yard jagt Doktor Mabuse (Paul May, 1963), Os Rayos da Morte do Dr Mabuse (Die Todesstrahllen des Doktor Mabuse, de Hugo Fregonese 1964), a xenial frikallada dun dos máis grandes, Jess Franco de 1970 A Vinganza do Dr Mabuse (Doktor M. Schläght Zu), ou a última ata agora Dr.M. de Claude Chabrol en 1990. Tamén nos anos 60 se recuperaron as bovinas coas cintas orixianais das dúas primeiras películas, que por suposto agora podemos desfrutar na súa concecpción orixinal e totalmente restauradas pola Friedrich Wilhelm Mournau Stiftung.

No hay comentarios: