martes, 24 de junio de 2008

mondo rifpop: FANTôMAS!


A comezos do sec XX atopas as raices literarias de tódo-los xenios do mal que hoxe en día estamos acostumados a ver no cine ou nos comics. O primerio deses cerebros criminais foi Fu Manchu, creado na literatura, e no cine foi o Dr. Mabuse, de Fritz Lang o primeiro deles. Nesa mesma época creouse a versión francesa do archicriminalda man de Pierre Souvestre y Marcel Allain: Fantomas, que xunto ós anteriores son os abós da xeración de mestres do crimen que triunfaron no cine e na tv dos 60, sobre todo da man dos villanos adaptados para as películas de James Bond 007.


Fantômas foi creado en 1911 por Marcel Allain e Souvestre. Era un criminal que non amosaba piedade, era un sociópata que desfrutaba asesinando de forma sádica e despiadada.En realidade, Fantomas é un mestre do disfraz que aparece sempre baixo unha falsa identidade, normalmente de xente a que asesina previamente. Outras das súas características son as súas bizarras técnicas e os extravagantes inxenios que emprega nos seus crímenes.

O éxito das novelas, fixo que moi pronto se levara o cine. Fixéronse cinco películas entre 1913-1914 dirixidas por Louis Feuillade, hoxe en día son unhas das maiores obras mestras do cine mudo.

- Fantômas (1913)
- Juve contre Fantômas (1913)
- Le Mort Qui Te (1913)
- Fantômas contre Fantômas (1914)
- Le Faux Magistrat (1914)

Xa na década dos anos 20, fíxose unha serie de filmes de Fantomas nos EEUU, aínda que tiveron máis éxito en Francia que en América. Anos despois fixéronse novas versións en 1932 e 1946. Logo en 1948 chega a fantástica Fantômas contre Fantômes.
A figura do archicriminal volve nos anos 60. Allain seguíu publicando novelas ata 1963, pero coa aparición das películas de James Bond, nas que se recoñece abertamente a influencia das novelas e das primeiras películas de Fantomas, a industria ponse man abra para realizar novas películas. O resultado sera unha trilogía que adapta bastante o original, protagonizadas por Jean Marais, o tremendo xendarme paiaso Louis de Funes, e a preciosa Mylène Demongeot.


Fantomas (1964),
Fantomas, hombre de mil caras, capaz de transformarse en cualquier persona, descubre que un periodista, Fandor, ha publicado una entrevista falsa con él. Para vengarse, Fantomas adopta los rasgos físicos del periodista y comete un sensacional crimen haciéndose pasar por él. Juve (Louis de Funès), cree reconocer el sello del autor de Fantomas y está convencido de que éste se encuentra detrás de todo.

Fantomas Vuelve (1965).
El profesor Marchand, un célebre científico, desaparece misteriosamente, y el comisario Juve sospecha inmediatamente de Fantomas. Mientras tanto, el periodista Fandon, se disfraza de Lefèvre, el asistente del profesor Marchand, dejándose capturar por Fantomas. Pero el comisario Juve cae en la trampa que Fantomas, también disfrazado de Lefèvre, le había tendido. En un congreso científico en Roma Fantomas pretenderá acabar con sus prisioneros.
Otra película de Louis de Funès, gran cómico francés.

Fantomas contra Scotland Yard (1967).
Lord Mc Rashley recibe la visita de un viejo amigo y agente de seguros, que desea venderle una cuantiosa póliza sobre su vida. Pero el visitante rápidamente se revela como el cerebro criminal Fantomas, y le indica que Rashley forma parte de un grupo selecto de millonarios que serán chantajeados por el villano a cambio de sus vidas. Los montos exhorbitantes pedidos por Fantomas impulsan a que Rashley contacte a su némesis en la Sureté, el comisario Juve. Juve, acompañado por otro enemigo de Fantomas como es el periodista Fandor y su bella novia, viajarán a Escocia donde Rashley intentará tenderle una trampa al genio criminal. Pero insospechadas intrigas internas en su familia y la astucia de Fantomas pondrán en riesgo el plan.


Como vedes, o persoaxe de Fantomas é fascinante, pola súa intelixencia superior, os despiadados métodos criminais, e a súa personalidade oculta tras dunha máscara gris. É un mestro do disfraz que está sempre perseguido pola súa némesis, o comisario Juve e o periodista Fandor.

O problema da triloxía dos 60 é que un persoaxe tan malvado e siniestro está enfocada con todo de comedia, e desta vez influenciada por 007 (o revés do sempre foi). O resultado é moi mediocre, pero aínda se botan unhas risas... pero é a forma máis sinxela de coñecer ó persoaxe de Fantomas, posto que a versións anteriores son bastante difíciles de conseguir.

Outra historia é o que fixeron en Sudamérica con Fantomas. Dende logo alí sempre a cagan. Nos anos 70 a editorial mexicana Novaro lanzou a colección “Fantômas, La Amenaza Elegante”, que adaptaba o persoaxe convertíndoo nun heroe, na vez dun criminal, unha vergonza. Aquí usa unha máscara que copia á de Diabolik, por parecerse máis ás de loita mexicana, e se trata de un ladrón arrepentido, que fai o ben e que vive con 12 mulleres (cos nomes do zodíaco)... o dito unha vergonza de moral católica.

O único destacable ocorre cando en 1975 Julio Cortazar fixo unha versión para o comic, na que fai unha dura crítica política do sistema en “Fantomas contra los vampiros multinacionales”. Tedes este conto aquí.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Louis de Funes, actor cómico francés de origen español