O dos Ramones foi único. A súa capacidade de sobrevivir ás modas ó longo de 25 anos foi sorprendente, tanto como a contradictoria historia dos catro de Queens, que pasaron de ser carne de yonki a comezos dos 70 para converterse en nenos mimados pola industria, recibir premios ipensables e converterse en historia viva na segunda metade dos 90 recibindo masivas e continuadas despedidas.
“No tenía adonde ir -confesó sobre sus comienzos en la banda Dee Dee-, entonces, cuando salí de la cárcel, volví a vivir con mi mamá, y estaba este tipo, John Cummings, que después iba a ser Johnny Ramone, que vivía enfrente y era bueno conmigo”.
Según Joel: "Conocín a Johnny de velo no instituto. Tommy e él eran amigos e estaba na mesma banda que o meu irmán Mitch. Logo fíxenme amigo de Dee Dee, que era amigo de Johnny. Coñecémonos todos e preguntoume se quería formar unha banda".Segundo a lenda, o nome dos Ramones ven dun antigo nome artistico que empregara Paul McCartney, aparecendo en público coma Paul Ramone, co cal a banda nace coma unha parodia-homenaxe a un icono pop.
Tocan covers das súas bandas favoritas (‘I fought the Law’, dos Bobby Fuller Tour, ou ‘Sheila’ de Tommy Roe). O 30 de marzo Dee Dee (baixo e voz), Johnny (guitarra) e Joey (batería) debutan no Performance Studio ante trinta persoas. Pero Dee Dee non era capaz de tocar e cantar ó mesmo tempo, así Joey pasa de baterista a vocalista, e o novo baterista... o manager da banda Thomas Erdelyi, dende entón Tommy Ramone.
En novembro do 75 firman con Sire Records, selo no que estaban case tóda-las bandas do punk NYC, coma Richard Hell & the Voidoids, Talking Heads e os tremendos Dead Boys.Neste contexto Ramones aparecerían na película “Blank Generation” de Amos Poe que logo se converteu nunca peza de culto do cinema independente e na que tamén aparecen Patti Smith, Talking Heads, Blondie, New York Dolls, Wayne County ou Televisión.
En 1976 publican o seu 1º Lp Ramones. E de inmediato viaxaron a Londres para tocar, alí foron recibidos polo máis escollido do movimento punk da city (Sid Vicious, Johnny Rotten, Malcom McLaren, Joe Strummer e Paul Cook), pero o pasotismo dos catro de Queens superaba con moito a actitude burlesca combatente e pseudo-política dos británicos...
Pronto chegaron os cambios na formación: Marky sentouse na batería en lugar de Tommy, e dende ahí terminou por configurarse unha estética que acompañaría á banda por sempre: chaqueta de coiro, gafas escuras e vaqueiros destrozados. Pero as diferencias continuaron. Marka abondonou. Entra en escna Richie Ramone. A tensión reaparece cando se plantexan cambios na esencia musical da banda. Fronte á new wave, neses anos os Ramones contestan con Subterranean Jungle, Too Tought to Die ou Animal Boy, que con algunha concesión ó tempos son álbumes de pura enerxía, bizarrismo e diversión auténticamente punk. Un dos clásicos a citar, foi cando o escritor Stephen King propuxo á banda que compuxera o tema principal da película Cementerio de Animales, logo que recibiran o N.Y. Music Awards. Pero todo iso xa é historia e xa o sabedes... Dende mediados dos 90, e tras sobrevivir a todo tipo de modas e tendencias, e segundo din, moitos anos sen falar entre eles puxeron final á banda en 1996. En 2001 Joey Ramone morreu dun cancer linfático.
Dee Dee Ramone apareceu morto o 5 de xuño do 2002 na súa asa por sobredosis, e en 2004 Johnny Ramone morreu de cáncer de próstata...
No hay comentarios:
Publicar un comentario