miércoles, 4 de junio de 2008

mondo rifpop - Danger: DIABOLIK!!!


Danger: Diabolik! É unha desas pelis de culto que todo o mundo tivo que ver algunha vez de pequeno, seguramente na TVG e nunca máis volveu ter oportunidade de desfrutar.
Está dirixida por Mario Brava, en 1968, i está inspirada nos comics do mesmo nome que triunfaron en Italia a comezos dos anos 60.
É puro cine de ciencia ficción dos 60, divertida e de acción, a miudo comparada con Barbarella (tamén basexada noutro comic) pero moi superior no cinematográfico... por iso hoxe inauguramos sección con esta película, pero sobre todo, por dous iconos imprescindibles nas nosas vidas: Marisa Mell e Ennio Morricone!!!

Pero vaiamos coa película: Diabolik (John Phillip Law, mitico actor do xénero que tamén sae en Barbarella), é un ladrón afortunado, ten todo o que quere no material e ademáis ten ó seu lado á muller máis fermosa do mundo (Marisa Mell), pero non pode durmir pensando en que hay no mundo moreas de cartos e xoias que roubar, de xeito que tanto o goberno como a mafia o persiguen... O intelixente Diabolik non duda en matar ós que se poñen no seu camiño cando algo sae mal, e a súa compañeira sempre emprega os seus encantos femeninos para consegui-lo que desexa (descargádea da mula que non vos conto máis) Tan políticamente incorrecto que hoxe catalogarían o filme de apoloxía do terrorismo e a censurarían en máis de catorce ou quince paises que eu me sei...

O director Mario Bava adicábase normalmente ó terror gótico, aínda que tocou tódo-los paus posibles, máis desta vez, a súa adaptación do comic “Diabolik” foi a que lle fixo figurar con maiúsculas fora daquel xénero e superalo. Nesta adaptación semilla unha mestura entre James Bond 007 e Batman, cunha bat-cova de diseño, coches de luxo e moita máquina futurista con luces sobre cartón... que tamén ten cousas cutres se non, non se entendería...

Pero hai outro elemento na peli que a fai única, a banda sonora, a cargo de ENNIO MORRICONE (“Danger: Diabolik” - 1968), que podedes desfrutar ó longo de toda a peli, pero por suposto facédovos con ela xq é tremenda, be-bop, surf, beat, pop e psychodelia... unha xoia!!!


Ademáis entre as moitas escenas destacan habitualmente dúas: a máis famosa é cando Diabolik e Eva están na supercama redonda enterrados entre os billetes do seu último golpe, outra cando a policía fai a redada antidroga no bar psicodélico do mafioso Balmont, pero máis tremendo é cada vez que sae Eva (Marisa Mell) explotada neste film coma icono sexual en cada segundo.

Cos anos segue a ser considerada como unha das mellores, senón a mellor adaptación do comic ó cine, polo que cada tantos anos vemos como surxen novos imitadores-plaxiadores, e outros tantos agradecidos homenaxes.
Haí tedes o trailer da peli, e outra aparición de Marisa Mell (en Crazy Party, de morena, como saía habitualmente:

Danger: Diabolik!!! (trailer):

Marisa Mell – Crazy Party:

1 comentario:

Unknown dijo...

pero subes a bso dunha vez ou que?
non te olvides