jueves, 10 de diciembre de 2009

Mondo RIFPOP: Les Vampires.


Na última entrega de Mondo RifPOP adicada ó Doktor Mabuse, mencionábamos como Fritz Lang se inspirtou para a súa primeira obra sobre o criminal, así como para outros films como 'Las Arañas', ou 'El Anillo de Los Nibelungos', nas obras do cineasta francés Louis Feuillade, autor das primeiras adaptacións ó cine das novelas de Fantômas, e tamén completo creador desta fantástica serie de 10 películas, ou mellor dito, de unha xigantesca película de 420 minutos dividida en 10 partes.

Esta considerada coma un dos primeiros thrillers da historia. Os protagonistas son unha banda de criminais de Paris, enfrontados á policia e ó goberno, e que coma en Fantômas (de 1913 e 1914) o periodista Phillipe Guérande, que investiga os seus crimes, será quen se enfronte máis directamente á banda coa axuda dun membro renegado da banda. Les Vampires é o nome desa banda criminal, nada que ver con mortos vivintes de colmillos afiados, e que, novamente coma en Fantômas empregan os máis disparatados disfraces e os enxeños tecnolóxicos máis avanzados para comete-los seus asesinatos, roubos e secuestros; o seu lider faise chamar "O Gran Vampiro" e a súa parella Irma Vep.


Como podedes intuir pola data, en 1915 a 1ªGM estaba xa no seu máximo apoxeo bélico, e por suposto Francia, como pais belixerante estaba a sufir das consecuencias, e Louis Feuillade non ía ser menos. El mesmo abandonou o frente de guerra por motivos de saúde ese mesmo ano, e durante a rodaxe tívose que enfrontar á falta de actores ou de personal técnico, pero tamén a escasez de roios de película ou ata de electricidade. Pero tamén tiña que estar continuamente improvisando, xa que se un actor era chamado ó frente, o guión tiña que dar solución á súa desaparición do persoaxe, que normalmente era por causa da morte ou asasinato. Deste xeito foron sucedéndose os léderes de os Vampiros ata que será Irma Vep quen ocupe a cabeza do grupo. Irma Vep estaba interpretada pola musa de Feuillade, Jeanne Roqués, que aparece na maioría dos filmes do director, e que se converteu na primeira muller archicriminal da ficción de tódo-los tempos, o que supuxo outra innovación xunto co tratamento sociopolítico i económico que lle da ó feito criminal. Todo un visionario.

LES VAMPIRES
(Louis Feuillade, 1915-1916)

Partes:
- La Tête coupée. (33 min. 1915).
- La Bague qui tue. (15 min. 1915).
- Le Cryptogramme rouge. (42 min. 1915).
- Le Spectre. (32 min. 1916).
- L'Evasion du mort. (37 min. 1916).
- Les Yeux qui fascinent. (58 min. 1916).
- Satanas. (46 min. 1916).
- Le Maître de la foundre. (55 min. 1916).
- L'Homme des poisons. (53 min. 1916).
- Les Noces sanglantes. (60 min. 1916).

os tedes todos para visualizar ou descargar directamente no arquivo universal de internet.

Aquí tedes as 10 partes completas:


e o próximo día falaremos de Judex...

No hay comentarios: