Coma en anos anteriores imos pedir a vosa colaboración:
Escolle o mellor momento en directo
do RIF-ROCK ó longo deste 2009
que remata, aquí tedes unha pequena selección dos mellores momentos a modo simbólico, creo que son 13 (e por qué tiñan que ser 10? pois non, 13!!!) aínda que nalgunha ocasión se escollen 2 do mesmo día...
A ver si vos atrevedes a escoller!!!
Pero tamén podedes votar por algún que non esté aquí recollido eh???
Veña!!! DEIXA OS TEUS COMENTARIOS E VOTA!!!
- 21 de Febreiro.
O concerto de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE presentando a súa nova maqueta:
- 7 de Marzo.
O tremendo show 'K7' con DjCHOEU e NEWRA pinchando a pelo con cassettes, e logo KOSALA MICOSA (ex-Casiopeo) nunha das súas tolas performances.
Aquí tedes a Newra e DjChoeu conseguindo o imposible...
e aquí a KOSALA MICOSA co seu novo hit "O Meu Odio".
- 16 de Abril.
Concerto de debut dos BETA TESTERS, isto foi en Santiago, non no Rif-Rock, pero como o prepararon polas tardes no Rif, tamén conta. 'Fortune Faded':
- 18 de Abril.
O regreso de ISI VAAMONDE a Cambados, presentando o seu novo ep "Unsportsmanlike World". Todo un luxo e un pracer para nós, aquí 'Personal Jesus':
- 25 de Abril.
Concerto en Sesión dobre, con dúas bandas do Karallada Sound Factory: The Even Flow Experience e The Undertown Project.
Aquí vai un clásico do Rif-Rock por THE EVEN FLOW EXPERIENCE facendo a The Cure.
E aquí a THE UNDERTOWN PROJECT facendo 'Would' de Alice in Chains:
- 4 de Xullo.
Comezamos a celebración do 10º Aniversario do Rif-Rock cun concerto de auténtico luxo, LOU REYES Y LOS ASTROS, que nos presentaron a súa versión de 'Miserlou':
- 17 de Xullo.
Para continuar co Aniversario AIRAS ofrencéronnos un fantástico concerto acústico, con espontáneos incluídos. Aquí facendo 'O Muro':
E o mesmo día, Tino o Fico colleu a guitarra para devolvernos 20 anos atrás e facer de novo 'Que difícil es ser Punky en mi Pueblo' de ONE TOXO:
- 12 de Setembro.
Por fín tíñamos o concerto aprazado dende Xullo que pechaba as actividades do 10º Aniversario. Aquí un momento irrepetrible, LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE dándolle a alternativa ós coros a Dj JALEO (aka "Esa peñita", aka "movidillas brighton", aka "pipolita", e moitos etcs) que por suposto agradeceu a oportunidade. Tremendo 'Gorilla'...
- 18 de Decembro.
Coma tódo-los anos a RIFROCKERZ BLUESBAND con Paco Charlín á cabeza ofreceunos un novo concerto de nadal. Aquí vos deixo dous momentos, primeiro coa formación orixinal facendo algo así como 'Suck my Kiss':
e logo a RifRocKerZ BluesBand con Virxilio da Silva:
Desta vez é obrigado deixar comentarios.
PARTICIPADE!!!!
6 comentarios:
Eu voto, por afinidade diplomática, polo "concerto de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE presentando a súa nova maqueta".
E como evento non candidato... os after-hours son dignos de mención!! :)
Como emighrante fáiseme imposible votar, non pesquei ningún, salvo un cachiño de Airas de casualidade. Pero dende eiquí felicitar ó Rif pola súa continuidade dando boa música!!
Ah, e xa postos, unha petición, a ver se Isidro se anima a facer un miniconcerto antes de que remate o Nadal (complicado sen ter escrito ós Reis Magos con suficiente antelación, pero por pedir que non quede)
Bicos
si prima, siiiii... eu tamén quero unha festa pequena de isidro para a próxima semana, e q sea de pouco ruído eh??? e por onde andas??? feliz ano sin te vexo hoxe eh???
A min Los Hijos bastardos sempre me gustan jeje. Desgraciadamente perdín a Isi Vaamonde por celebración familiar pero oín que fora estupendo e que o sonido fora o mellor dos concertos do Rif. Aí queda iso!
E os Beta Testers sobran aquí :-)
éncheme de ledicia atoparme dentro dos 10 (13) mellores momentos do rif, preto da xente nova, eso quer decir que a música non ten idade. (Tino)
Publicar un comentario