jueves, 10 de diciembre de 2009

O Clásico da Semana: DMZ

Boston é o centro dun deses continuos espazo-tempo que periódicamente da lugar a numerosas escenas artísticas. A súa densidade de Universidades ten a culpa de todo isto, pero entre o esplendor dos anos 60 e a explosión dos 80, co revival garaxeiro e o boom do indie, a década dos 70 foi un pouco menos afortunada, con numerosas bandas sen dirección claro en con referentes moi dispersos. En 1975 naceu unha das bandas que foron a auténtica ponte entre as dúas décadas. A banda DMZ supuxo un puñetazo na escena, un cambio de rumbo e o xerme dun novo movemento. A banda DMZ publicou este único álbum de estudio, homónimo, en 1978, que eran un compendio de todo o underground anterior para dar inicio a todo ó que ía vir despois. The 13th Floor Elevators, The Sonics e The Stooges eran os seus referentes. Demasiado cedo para a súa proposta e demasiado tarde para a súa actitude.


O álbum non tivo ningún éxito no seu momento, pero cos anos segue a gañar valor como a espuma. Tra-lo fracaso comercial a banda se desfixo, Jeff Conolly montou os míticos The Lyres, e os outros membros participaron de bandas tan grandes como The Cynics, The Nomads, The Modern Lovers, Yo La Tengo, The Cars ou os Devil Dogs. Logo a súa última xira de reunión (como The Lyres, pero coa formación orixinal da DMZ band) que tivemos oportunidade de ver este ano na Sala Boogaloo foi surrealista, cun Conolly empeñado en estropealo todo (botádelle un ollo á crónica do Sheriff Lorre no Despregable#22).
Pero aquí o tedes, un álbum imprescindible:

DMZ
"DMZ"
(Sire, 1978)


Descargádeo no blog Digivinyltal [PVAc to 44.1 kHz]:
[tedes o enlace ó final da entrada e o password]

No hay comentarios: