jueves, 14 de abril de 2011

Guv'ner "The Hunt"

As veces rebuscar entre estanterías e caixas de discos que gardas na túa propia casa coma se tiveras que escondelas de alguén resulta bastante satisfactorio, e un dos mellores xeitos de recuperar discos que hai anos que se manteñen olvidados, outros ós que non lles prestache-la suficiente atención no seu momento, e algún que outro que nen siqueira te molestaches en estrear. Hoxe nos ocupa un dos primeiros casos, un deses discos que durante moito tempo foi un dos meus discos de cabeceira, e rematou no fondo dunha caixa debaixo dun armario. O dúo neoiorquino GUV'NER foi unha das mellores bandas da explosión do indie estadounidense, duraron o que tiñan que durar e nese tempo dixeron todo o que querían e como consideraban que debía facerse, sen tempo ó gran éxito nin ós recoñecimentos posteriores. Entre 1993 e 1999 publicaron tres álbumes e unha ducia de singles de pop naïf que poucos puideron superar por moito que intentaran copialos. Foron descubertos por Thurston Moore (Sonic Youth) mentres traballaba con Pussy Galore. Tra-lo seu debut en 1994 ("Hard for Measy for you") seguiron con este "The Hunt" de 1996 que seguramente é o seu mellor traballo cos seus temas máis recoñecibles coma 'She's Evil' ou 'Break a Promise' de rock naïf, pop luminoso e folk sucio.

GUV'NER "The Hunt"
(Merge Records, 1996)


faite con The Hunt.


No hay comentarios: